Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 26 de setembro de 2000 Páx. 13.385

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Alcoa Inespal, S.A. (código do convenio 1501752).

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Alcoa Inespal, S.A. (código do convenio 1501752), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-8-2000, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo comité de empresa o día 28-7-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de agosto de 2000.

P.S. (Decreto 161/2000, do 29 de xuño)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Coruña

Convenio colectivo anos 1999/2003 fábrica da Coruña

Capítulo I

Ámbito de aplicación

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

Afectará ó centro de traballo que Alcoa Inespal ten na Coruña.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

Estenderase ó período comprendido entre o 1 de xaneiro de 1999 e o 31 de decembro de 2003.

Non obstante, manterán a súa vixencia específica aqueles pactos concretos para os que se establecese distinto período.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Estenderase ós traballadores da fábrica que Alcoa Inespal ten na Coruña, con excepción de:

-Os que ocupen postos de función directiva de mandos e técnicos. Tales postos son, en concreto, os que xerarquizados polo sistema de valoración HAY, alcanzan na empresa o nivel VII ou superior.

Non obstante, recoñéceselles ós PFD dos niveis VII e VIII o dereito a rexerse polo convenio colectivo se así o desexasen.

Artigo 4º.-Denuncia.

A denuncia do presente convenio efectuarase por escrito, que lle presentará a parte denunciante á outra coa antelación mínima de dous meses á terminación da súa vixencia. No caso de non efectuarse tal denuncia na debida forma e antelación, entenderase automaticamente prorrogado de ano en ano.

Artigo 5º.-Compensación e absorción.

As condicións económicas establecidas no presente convenio compensan os diferentes conceptos que con anterioridade viñan rexéndose por disposición legal, pacto, contrato ou por calquera outra causa, sempre que esa compensación garanta os devengos fixos anuais que se percibían con anterioridade ó convenio.

Toda variación económica que afecte a todos ou algún dos conceptos retributivos establecidos por futura disposición legal, será absorbida polas melloras pactadas no presente convenio e unicamente terán eficacia práctica se, consideradas en conxunto e sumadas ás vixentes con anterioridade ó convenio, superan o nivel deste.

Artigo 6º.-Concorrencia con outras normas.

Este convenio queda complementado polas notas de servicio esta fábrica, prevalecendo sobre elas en caso de desconformidade en calquera das súas partes.

Artigo 7º.-Comisión de interpretación e vixilancia.

Para a intervención, arbitraxe, conciliación e vixilancia do cumprimento das estipulacións do convenio, créase a comisión mixta de interpretación e vixilancia.

Toda reclamación derivada da aplicación e interpretación do presente convenio deberá formularse, con carácter previo á súa presentación ante a autoridade laboral ou xurisdiccional competente, ante esta Comisión de Interpretación e Vixilancia.

Composición da comisión:

* 4 vocais en representación da dirección e designados por ela.

* 4 vocais en representación dos traballadores e designados estes polo comité de empresa de entre os membros da comisión negociadora do convenio.

Nomearanse así mesmo outros tantos suplentes por cada parte para substitución dos titulares en caso de ausencia xustificada.

En canto a funcións e normas de procedemento desta comisión, aplicarase o disposto na lexislación vixente.

Capítulo II

Organización e réxime do traballo

Sección primeira

Organización

Artigo 8º.-Principio xeral.

A dirección da empresa exererá as facultades de organización do traballo que lle corresponden, de acordo coa normativa vixente e co presente convenio colectivo. Correlativamente, a representación dos traballadores terá, nesta materia, as competencias que por estas mesmas vías normativas lle veñan atribuídas.

Artigo 9º.-Valoración de postos de traballo.

No anexo I recóllese a valoración e xerarquización vixente dos postos de traballo incluídos no ámbito do convenio colectivo.

A documentación final do traballo desenvolvido foi:

-Manual de valoración utilizado. Que comporta, entre outras características, a de incluí-la excepcional penosidade, toxicidade ou perigosidade dos traballos así como o complemento de xefe de equipo.

-Xerarquización e niveis resultantes.

-Táboas de factores e graos de factor nas que figuran a totalidade dos postos valorados.

Estas táboas serán estables, só variarán por cambios organizativos e servirán de referencia obrigada para:

-Valorar novos postos de traballo.

-Revisar postos cun contido que variase substancialmente.

As valoracións de novos postos de traballo ou as revisións de postos cun contido que variase substancialmente, serán aprobadas por proposta da dirección por unha comisión constituída para o efecto.

Esta comisión será paritaria e estará integrada en cada unha das súas representacións -da dirección e dos traballadores- polo número de membros que se acorden na primeira sesión da comisión de seguimento do presente convenio.

Tal comisión terá como obxectivos específicos os seguintes:

-Conseguir que as novas valoracións respondan correctamente ás táboas de referencia.

-Evita-la paulatina deterioración da valoración establecida.

O comité de empresa do centro de traballo deberá:

* Dispor das descricións dos postos de traballo, obxecto da valoración, no seu propio ámbito, así como do manual e outro material que afecte a esta.

* Emitir, para a propia comisión de valoración, informe sobre os novos postos que valorar ou, se é o caso, que revisar.

Artigo 10º.-Clasificación profesional.

1. O persoal que preste os seus servicios na empresa será clasificado tendo en conta os seus coñecementos, experiencia, grao de autonomía, responsabilidade e iniciativa.

Esta clasificación e as súas normas complementarias ten por obxecto alcanzar unha estructura profesional acorde ás necesidades da empresa que facilite a mellor integración de todo o colectivo nas tarefas productivas e mellore a súa adecuación en todo momento a un posto de traballo, mediante a oportuna formación.

2. Clasificación organizativa.

Todo traballador integrado nesta nova estructura terá como consecuencia un determinado grupo funcional e un nivel de cualificación. A conxunción de ambos datos fixará consecuentemente a clasificación organizativa de cada traballador.

É contido primario da relación contractual laboral o desempeño das funcións que implica a súa su clasificación organizativa, debendo en consecuencia ocupar calquera posto desta, recibida previamente por parte da empresa a formación adecuada ó novo posto, cando sexa necesaria.

3. Grupos funcionais. Tódolos traballadores estarán incluídos nun dos grupos de técnicos, empregados e operarios.

3.1. Técnicos.

É o persoal con alto grao de cualificación, experiencia e aptitudes equivalentes ás que se poidan adquirir con titulacións superiores e medias, que realiza tarefas de alta cualificación e complexidade.

3.2. Empregados.

É o persoal que polos seus coñecementos e experiencia pode realizar tarefas administrativas, comerciais, de organización, de informática, de laboratorio e, en xeral, as específicas de postos de oficina, informatizadas ou non, que permiten informar da xestión, da actividade económica, coordinar labores productivos ou realizar tarefas auxiliares que comportan atención ás persoas.

3.3. Obreiros.

É o persoal que polos seus coñecementos e experiencia executa operacións relacionadas coa producción, ben directamente actuando no proceso productivo ou indirectamente en labores de mantemento, transporte ou outras operacións auxiliares. Sen

prexuízo de que poida realizar á súa vez funcións de supervisión ou coordinación.

4. Niveis de clasificación. Todo traballador será clasificado tendo en conta o seu nivel de coñecementos, tanto pola formación básica adquirida como pola experiencia acumulada, así como a autonomía no desenvolvemento do seu traballo e todo iso tendo en conta a estructura organizativa de cada empresa.

4.1. Nivel I.

Son traballadores que teñen a responsabilidade directa na xestión dunha ou varias áreas funcionais da empresa, ou realizan tarefas técnicas da máis alta complexidade e cualificación. Toman decisións ou participan na súa elaboración, así como na definición de obxectivos concretos. Desempeñan as súas funcións cun alto grao de autonomía, iniciativa e responsabilidade.

Con titulación universitaria de grao superior ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa e con experiencia consolidada no exercicio do seu sector profesional.

4.2. Nivel II.

Son traballadores que cun alto grao de autonomía, iniciativa e responsabilidade, realizan tarefas técnicas complexas homoxéneas ou heteroxéneas, ou que teñen un alto contido intelectual ou de interrelación humana.

Tamén aqueles responsables directos da integración, coordinación e supervisión de funcións, realizadas por un conxunto de colaboradores nunha mesma unidade funcional.

Con titulación universitaria de grao medio ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa, completada cunha experiencia dilatada do seu sector profesional.

4.3. Nivel III.

Son aqueles traballadores que, con ou sen responsabilidade de mando, teñen un contido medio de actividade intelectual ou de interrelación humana, cun nivel de complexidade técnica media e autonomía dentro do proceso establecido. Igualmente aqueles cun traballo que requira amplos coñecementos e destrezas dentro das diferentes especialidades ou un excepcional dominio dunha destas, sendo necesario alcanza-lo máximo nivel profesional.

Con formación profesional de segundo grao ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa, complementada cunha experiencia contrastada no posto de traballo.

4.4. Nivel IV.

Son aqueles traballadores que, aínda que realicen tarefas con instruccións precisas, necesitan coñecementos profesionais, aptitudes prácticas, ou esixencia de razoamento, comportando en todo caso responsabilidade na execución, aínda que baixo algún tipo de supervisión.

Con formación profesional de primeiro grao ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa, con experiencia prolongada no posto de traballo, ou cualificación específica con ampla experiencia e formación.

4.5. Nivel V.

Son traballadores que realizan tarefas segundo instruccións concretas, con alto grao de dependencia ou supervisión, que requiren coñecementos profesionais de carácter elemental ou un curto período de adaptación. Igualmente, aquelas que signifiquen a mera achega de esforzo físico.

Con formación a nivel de graduado escolar, certificado de escolaridade ou equivalente.

5. No anexo II recóllese a correspondencia entre os postos de traballo e os grupos funcionais e niveis de clasificación no centro da Coruña.

Sección segunda

Admisión e baixas de persoal

Artigo 11º.-Determinación de vacantes.

A determinación e establecemento dos cadros de persoal que proporcionen o mellor índice de productividade laboral da empresa levarao a cabo a dirección desta, quen as poderá así mesmo modificar sempre que non implique cesamento de persoal en activo senón simplemente amortización de vacante. Toda reducción de cadros de persoal que supoña cesamento de persoal regularase polo determinado nas disposicións legais en vigor.

Artigo 12º.-Provisión de vacantes.

A selección e admisión do persoal será realizada pola dirección da empresa, que someterá os solicitantes ás probas médicas, psicotécnicas e profesionais que considere oportunas para ocupa-los postos de traballo.

A clasificación do persoal realizarase consonte as funcións para as que foi contratado e non para as que puidese estar capacitado para realizar.

Artigo 12º.1.-Contrato de relevo.

Para a vixencia do presente convenio acórdase a aplicación de contratos de relevo coas condicións que a continuación establecese:

Artigo 12º.1.A.-Formalización.

A formalización de contratos de relevo rexerase polo establecido no art. 12.6º do Estatuto dos traballadores así como o establecido no capítulo IV do R.D. 144/1999, do 29 de xaneiro, e coas especificacións que se recollen a continuación:

Persoal afectado:

O presente acordo afecta a aqueles empregados que se rexan integramente polo presente convenio colectivo. O seu ofrecemento será obrigatorio para a empresa e a súa aceptación voluntaria para o traballador.

Calendario de aplicación:

Durante o ano 2000: ó persoal con 62 anos cumpridos ou máis.

Durante o ano 2001: ó persoal con 61 anos.

Durante o ano 2002: ó persoal con 60 anos.

Durante o ano 2003: ó persoal con 60 anos.

Condicións económicas para persoal substituído de convenio colectivo:

Sempre que se dean os requisitos legais para poder ter acceso á xubilación parcial, e desde o día do cesamento no traballo a xornada completa, o empregado substituído pasa a tempo parcial, ó 23% da súa xornada, cobrando os seus devengos por parte da empresa nesa proporción e cobrando a pensión de xubilación parcial correspondente. A empresa complementará a suma de tódalas prestacións que reciba o empregado ata alcanzar brutas o 78% da retribución bruta anual que lle correspondería de estar a tempo completo e ata o momento da extinción da pensión da xubilación parcial por calquera das causas previstas no art. 15 do R.D. 144/1999, do 29 de xaneiro.

Os beneficios sociais da persoa substituída, ó estar a tempo parcial, serán proporcionais. Non obstante, se ó empregado lle correspondese durante a situación de xubilación parcial o cobro do premio de vinculación, respectaráselle neste caso a contía como se fose a tempo completo.

Plan de pensións: a empresa realizará as contribucións correspondentes como se o empregado se encontrase traballando a tempo completo.

Condicións para o empregado relevista de convenio colectivo:

O empregado de novo ingreso de convenio colectivo entrará nas seguintes condicións:

1. O contrato será a tempo completo, salvo que por interese do novo empregado e co fin de axiliza-lo relevo, sexa a tempo parcial. Neste caso o contrato non poderá ser inferior ó 77% da xornada ordinaria.

2. Se o relevo se produce nos anos 2000, 2001 e 2002, cando se extinga a xubilación parcial do relevado por calquera das causas previstas no art. 15 do R.D. 144/1999, do 29 de xaneiro, a relación laboral do relevista que o substitúa nese momento farase indefinida. No ano 2003 a duración do contrato do relevista será a que estableza a lexislación vixente para estes contratos.

Arigo 12º.1.B.-Flexibilidade nos relevos.

O momento de saída do empregado substituído está condicionado á existencia do relevo adecuado, e para facilitalo, ambas partes acordan:

1. Unha vez formalizado o contrato de relevo, poderase establecer un período de solapamento para a formación do relevista no posto por un período máximo de 3 meses.

2. Permítese que o relevo do persoal de oficina sexa de taller e viceversa.

3. O relevista non impedirá a promoción interna, entrando ó nivel máis baixo dentro de cada grupo profesional, cando esta posibilidade sexa viable.

4. Polo menos o 90% dos relevistas serán na mesma planta.

Artigo 12º.2.-Mesa polo emprego.

Acórdase a creación dunha mesa de traballo que teña como obxectivo estudia-la posibilidade de considerar medidas que conduzan á mellora da preparación técnica do cadro de persoal así como o seu rexuvenecemento conforme a lexislación vixente e as necesidades do servicio. Para o suposto de posibles acordos nesta mesa que poidan implicar saídas de traballadores ós 60 anos, as condicións de saída destes terían como referencia os acordos alcanzados neste convenio colectivo.

Artigo 13º.-Ocupación de novos postos.

A ocupación de postos de nova creación será efectuada polas persoas que designe libremente a dirección da empresa, tendo preferencia en igualdade de condicións e de aptitudes o persoal de cadro de persoal.

Artigo 14º.-Persoal de capacidade diminuída.

Serán considerados como persoal de capacidade diminuída aqueles traballadores que sufrisen unha limitación funcional ou psíquica, derivada tanto de enfermidade como accidente, sexa ou non laboral, ou desgaste físico natural por razón da idade, que, sen que supoña unha diminución invalidante total ou absoluta, afecte ós traballos da súa profesión habitual e impida o desenvolvemento destes de forma correcta e completa.

A declaración de capacidade diminuída poderá efectuarse a través da cualificación oficial como invalidez permanente parcial ou polo médico de empresa.

Determinada a diminución de capacidade, de acordo co procedemento establecido, o traballador será destinado a un posto compatible coas súas posibilidades, se o houber.

A existencia ou non de posto compatible coa súa diminución de capacidade será determinada pola dirección e o comité do centro de traballo.

Cando a limitación padecida se producise con ocasión ou por consecuencia do traballo, o traballador afectado conservará o seu nivel para tódolos efectos. Noutro caso, só o salario da zona de procedencia.

A dirección, de acordo co comité, procederá:

* A ter permanentemente actualizada unha relación de postos de traballo que deban ser ocupados polo persoal de capacidade diminuída.

* A destinar a postos de producción a persoas que, estando na actualidade ocupando postos de traballo dos indicados no parágrafo anterior, teñan aptitude física suficiente para ocupar aqueles postos. Respectarase, en todo caso a categoría profesional do traballador afectado.

A dirección instrumentará as medidas de formación e, se é o caso, adaptación precisas para que tales cambios de postos se realicen.

Artigo 15º.-Excedencias.

O traballador en excedencia voluntaria conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producisen na empresa.

Este dereito só se activa cando existe unha necesidade de contratación para ocupar un posto definido no cadro de persoal teórico actual.

A excedencia entenderase sempre concedida sen dereito a percibir ningunha retribución da empresa mentres dure, e non poderá ser utilizada para prestar servicios en empresa similar ou que implique competencia, salvo autorización expresa e escrita para iso. Se o excedente infrinxise esta norma, entenderase que rescinde voluntariamente o contrato que tiña e perderá tódolos seus dereitos. O tempo que o traballador permaneza en excedencia voluntaria non será computable para ningún efecto.

A petición de excedencia deberá formularse por escrito, como mínimo cun mes de antelación, ante a dirección. A reincorporación deberá igualmente ser solicitada cun mes de antelación á data de finalización do desfrute da excedencia.

O traballador que se incorpore a filas, polo tempo mínimo de duración deste, terá reservado o seu posto de traballo durante o tempo que permaneza cumprindo o servicio militar, debendo reincorporarse ó traballo no prazo máximo de trinta días naturais a partir da cesación no servicio, computándose todo este tempo para efectos de antigüidade na empresa. Durante o seu tempo de permanencia no servicio militar terá dereito a percibi-las gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal. A non reincorporación dentro do prazo de reserva do seu posto dará lugar á rescisión do seu contrato de traballo.

Artigo 16º.-Baixas voluntarias.

O persoal fixo que queira causar baixa na empresa, debe avisala por escrito cunha anticipación mínima de 15 días, se se trata de persoal obreiro e subalterno; un mes, se se trata de administrativos, e dous meses, os titulados administrativos ou técnicos.

Sección terceira

Mobilidade do persoal

Artigo 17º.-Mobilidade funcional.

Ambas partes concíbena como un recurso organizativo da dirección para situa-los recursos humanos dispoñibles, transitoria ou indefinidamente, nos servicios, zonas ou postos onde as necesidades do

traballo, a súa correcta ordenación ou a mellor adaptación do traballador o requiran.

1. Enténdese como mobilidade funcional, dentro do mesmo centro de traballo:

-Cambio de nivel de clasificación dentro do mesmo grupo funcional.

-Cambio de grupo funcional dentro do seu nivel de clasificación.

2. Cambio de nivel de clasificación dentro do mesmo grupo funcional.

A dirección da empresa, a teor das necesidades organizativas, técnicas ou productivas, poderá destina-los traballadores a funcións que leven consigo cambio de nivel, dentro do mesmo grupo funcional, tanto de forma temporal como con carácter indefinido.

Por razóns organizativas, técnicas ou productivas de carácter temporal, entendéndose por tales as non superiores a 6 meses -salvo nos casos de substitución por IT, servicio militar e excedencia- os traballadores poderán ser destinados á realización de tarefas de diferente nivel dentro do seu grupo funcional. Se o cambio implica retribucións superiores percibirán as do posto de destino. En todo caso, garantirase a percepción das retribucións do nivel de orixe.

Este traslado notificaráselle asemade ó interesado e ós representantes dos traballadores.

A notificación ós representantes dos traballadores incluirá:

-Causas que motivan o cambio.

-Nome dos traballadores afectados e destino.

-Duración estimada dos traslados.

O traballador consolidará o seu encadramento no nivel superior se realizase estas funcións durante máis de 6 meses nun ano ou 9 meses en 2 anos, excepto nos supostos de substitución por IT, servicio militar e excedencia. Esta consolidación refírese tamén ó nivel retributivo.

Os días de vacacións e os do permiso retribuído non computables para efectos de consolidación non interromperán a condición de continuidade entre os inmediatos anteriores e inmediatos posteriores a eles.

O desempeño de media xornada ou máis debe computarse, para estes efectos, como día completo e debe, á súa vez, retribuírse como tal se procede.

Unha vez concluída a duración do traslado, reintegrarase o traballador ó seu nivel de orixe.

2.2. As discrepancias que se é o caso puidesen xurdir entre a empresa e os traballadores na aplicación do establecido no punto 2.1. someteranse ó procedemento de solución de conflictos establecido no Acordo Interprofesional Galego-AGA.

2.3. Por razóns organizativas, técnicas ou productivas, a dirección da empresa, logo de comunicación ós representantes dos traballadores, poderá destina-los traballadores con carácter indefinido á realización de tarefas de nivel superior dentro do seu grupo funcional, de acordo coas normas de ascenso e promoción que se pacten neste convenio.

2.4. Por razóns organizativas, técnicas ou productivas, a dirección da empresa, logo de acordo en cada caso cos representantes dos traballadores, poderá destina-los traballadores con carácter indefinido á realización de tarefas de nivel inferior dentro de grupo funcional.

En caso de desacordo seguirase o procedemento previsto no AGA. En todo caso, garantirase a percepción da retribución do nivel de orixe.

3. Cambio de grupo funcional.

Ante a existencia de necesidades de cobertura de postos nun determinado grupo funcional e de excedentes noutro, a dirección da empresa, logo de negociación cos representantes dos traballadores, poderá modifica-lo grupo funcional dos traballadores, sen cambio de nivel de clasificación, sempre e cando se lles faciliten os coñecementos e habilidades necesarios para o desempeño do novo posto asignado, se iso procedese.

Garantirase, a nivel persoal, as retribucións que viñese percibindo o traballador, aplicándose as normas de compensación e absorción correspondentes.

Transcorrido un prazo de quince días sen acordo no seo da empresa, seguirase o procedemento previsto no AGA.

Entenderase que o acordo previsto para o efecto polo artigo 41.1º do Estatuto dos traballadores queda debidamente cumprido co presente artigo e referente a mobilidade funcional.

4. Saturación das instalacións.

Considérase incremento do grao de saturación das instalacións o aumento do número de horas de funcionamento delas, ben se obteña a través dun incremento do número de días ano (modificación de períodos vacacións, etc.), ben a través do incremento do número de horas día (quendas de traballo, etc.).

2. Calquera proposta da dirección da empresa de incrementa-lo grao de saturación das instalacións que implique a modificación substancial das condicións de traballo, deberá negociarse, con carácter previo, cos representantes dos traballadores, para o cal a empresa facilitará polo menos a seguinte información:

-Medidas concretas que se propoñen

-Causas en que se apoian

-Persoal afectado

A negociación de tales medidas levarase a cabo no seo da empresa afectada no prazo de 15 días. En caso de desacordo seguirase o procedemento previsto no AGA.

3. Entenderase que o acordo previsto para o efecto polo art. 41.1º do Estatuto dos traballadores queda debidamente cumprido coa tramitación do establecido no presente punto. A dirección da empresa cumprirá o requisito de notificación á autoridade laboral, para os únicos efectos do seu coñecemento, de conformidade co establecido no art. 2.1. do R.D. 696/80, do 14 de abril, e na que ademais do alcance e causas presentará a lista definitiva do persoal afectado.

5. Saturación individual do tempo de traballo.

O tempo de prestación de traballo comeza e finaliza no propio posto, e debe saturarse na súa integridade, o que comporta a saturación do tempo total a un nivel de rendemento habitual, non inferior ó normal.

Co fin de consegui-la reducción de tempos improductivos e mellora-la productividade, os traballadores realizarán, por requirimento dos seus mandos, aquelas tarefas para as que estean capacitados, aínda que non sexan propias da súa especialidade.

6. Flexibilidade.

1. Para cambios de quenda de carácter colectivo e temporal nos termos que se expoñen a continuación: a empresa só poderá facer un máximo de dous cambios ó ano, que non supoñan unha duración de máis de 2 meses no seu conxunto. A decisión será notificada ó interesado e negociada co comité de empresa, cunha antelación mínima de quince días da data da súa efectividade, e nesa notificación explicaranse as causas do cambio persoas afectadas e duración. O cambio no réxime de quendas realizarase de forma graduada, por exemplo de 21 quendas a 18 quendas. Os cambios de quenda non poderán modifica-lo calendario pactado no referente ós días de vacacións.

2. Posibilidade de xornada diaria flexible, entre 7 e 9 horas. Teranse en conta criterios de causalidade e explicacións técnicas productivas e organizativas que o xustifiquen. Notificaráselle ó traballador e negociarase co comité de empresa con polo menos 7 días. O diferencial entre as horas realizadas e a xornada ordinaria non pode ser superior a 40 horas. Anualmente estará regularizada a xornada ó número de horas anuais de traballo correspondentes.

Os días de presencia na fábrica non superarán o número de días laborables establecidos no calendario de cada traballador. As horas non traballadas ó termo dun semestre, dedicaranse principalmente a formación dos traballadores.

7. Sistema de producción Alcoa (APS).

Ámbalas partes comprométense, dentro dun clima de colaboración nas relacións laborais, a impulsa-las medidas necesarias a unha eficiente implantación do APS na fábrica, participando activamente en tódolos cursos, desenvolvementos e melloras e procesos que se establezan.

Artigo 18º.-Ascensos.

1. Principio xeral.

Na provisión de vacantes en réxime de ascenso de grupo funcional ou nivel de clasificación, seguirase o sistema de concurso para tódolos postos, excepto naqueles que impliquen exercicio de autoridade e mando sobre outras persoas, que serán cubertas libremente pola empresa.

2. Trámites previos.

Cando sexa preciso cubrir unha vacante, reunirase a parte fixa da comisión mixta de ascensos, para determina-lo ámbito de concurso, preparando a continuación o anuncio correspondente no que indicará as condicións requiridas para optar á vacante.

O ámbito do concurso en principio deberá de ser:

-Persoal do propio taller ou servicio.

-No suposto de non encontrar persoa idónea no propio taller ou servicio, ampliarase a convocatoria a todo o persoal da fábrica.

-Se non existise candidato válido no interior da fábrica, efectuarase a contratación nas condicións do artigo 13º.

3. Condicións nos solicitantes.

Para ser candidato a unha praza, é preciso que o interesado o solicite no momento oportuno, cubrindo o impreso correspondente na xefatura de persoal ou na oficina do listeiro do seu servicio, e que reúna os requisitos esixidos no anuncio.

Como norma xeral para poderen presentarse a unha convocatoria de ascenso, os solicitantes deberán:

-Posuír unha antigüidade mínima de dous anos na fábrica.

-Ter realizado o servicio militar.

-Vir ocupando o seu posto actual polo menos durante un ano, cando o posto que se vaia cubrir non é na súa propia familia ocupacional.

4. Preferencias

a) Se quedase vacante algún posto que puidese ser desempeñado por un traballador considerado de capacidade diminuída polo médico de empresa, a comisión mixta poderá outorgalo sen necesidade de concurso.

b) Nos casos en que sexa posible, adxudicaráselle a praza a algunha persoa da sección ou do servicio onde exista a vacante, con preferencia en igualdade de condicións sobre o persoal doutros servicios.

c) En igualdade de méritos, terase en conta a antigüidade na fábrica dos solicitantes así como a súa traxectoria en seguridade.

d) O persoal de comúns de electrólise que habitualmente efectúa as suplencias de vacacións terá a mesma opción en igualdade de condicións (aptitude, formación, experiencia no posto, etc.) có persoal das propias series.

5. Casos especiais.

Nos casos en que para cubri-la vacante se precise unha experiencia previa na mesma familia ocupacional, e esta soamente exista nun servicio, a parte fixa da comisión mixta de ascensos poderá toma-la decisión de non anunciar publicamente a vacante e considerar que foi solicitada por tódolos compoñentes da dita familia ocupacional ou de todo o servicio e propor, de entre eles, a dirección á persoa máis idónea para cubri-la vacante.

6. Composición da comisión mixta.

A comisión mixta estará composta por oito membros, catro dos cales, designados pola dirección, serán: o xefe do servicio onde se producise a vacante e un xefe de taller ou mando intermedio que designará para cada caso, o xefe de R. Humanos e o xefe da Sección de Persoal. Os outros catro compoñentes serán nomeados da seguinte forma: o comité de fábrica designará un dos seus membros, para que se integre nesta comisión dun modo permanente, e outro por cada zona ou sector que igualmente terá carácter fixo. Estes dous membros, xunto cos representantes da dirección, pertencentes ó servicio en que se producise a vacante, designarán de común acordo os outros dous representantes dos traballadores, que xunto cos anteriores, formarán a comisión encargada da selección. A categoría destes últimos representantes dos traballadores non será inferior á do posto que se vaia cubrir.

7. Funcionamento da comisión mixta.

A comisión mixta valorará as circunstancias que concorran en cada un dos solicitantes, propóndolle á dirección, tralas probas que consideren oportunas, a persoa máis idónea que ó seu xuízo debe ocupa-lo posto, o que debe ser confirmado polas oportunas probas psicotécnicas. O aproveitamento nos cursos de formación será tomado en conta como factor positivo no ascenso.

Cando na comisión mixta non houbese acordo, sobre a persoa que se deba designar, convocarase concurso-oposición e constituirase un tribunal do modo seguinte:

-Un mestre de taller, xefe admtvo. ou técnico, do oficio correspondente ás prazas que se vaian cubrir, que asumirá a presidencia, designado pola escola de formación profesional máis próxima á fábrica.

-Dous vocais nomeados pola dirección da empresa.

-Dous vocais nomeados polo comité de empresa.

Trámites finais.

O traballador que sexa designado para o novo posto demostrará a súa adaptación a este en calidade de proba, e experimentará o cambio de categoría e de servicio, se cómpre, unha vez transcorridos tres meses, logo de informe do xefe de servicio sobre a súa idoneidade.

En caso de rexeitamento informarase a comisión de ascensos.

Sección cuarta

Xornada laboral e vacacións

Artigo 19º.-Xornada.

A xornada en cómputo anual será de:

1999: 1.728 horas.

2000: 1.720 horas.

2001: 1.712 horas

2002: 1.704 horas

2003: 1.696 horas

2004: 1.688 horas

2005: 1.680 horas

Como parte do acordo de reducción de xornada, as partes comprométense a traballar conxuntamente pondo tódolos medios ó seu alcance para que a taxa de absentismo acumulada durante o período en que será efectiva a reducción de xornada alcance unha porcentaxe máxima do 4%.

Artigo 20º.-Calendarios laborais.

Os calendarios laborais acordaranse entre a dirección e o comité de empresa.

Calendario laboral.

1. Cómputo anual das horas de traballo efectivo definidas no artigo 19º.

2. Festivos: os definidos polo DOG (14 días).

3. Persoal que quenda: o seu calendario laboral será o acordado en cada depto./sción. O seu horario será de 6 a 14 horas, de 14 a 22 horas e de 22 a 6 horas.

4. Persoal de día:

4.1. Descansará tódolos sábados e os días 24 e 31 de decembro.

4.2. A xornada continuada será do 1 de xuño ó 30 de setembro ambos inclusive.

4.3. Cada persoa descansará 4 días laborables que se programarán en cada dpto./sción. fóra da xornada de verán, salvo acordo entre as partes.

4.4. Na xornada partida o horario será de 8.30 a 13 e de 14 a 17.35, salvo os venres, ós que se lles aplicará progresivamente -pola tarde- a reducción de xornada pactada.

4.5. Na xornada continuada o horario será de 7.45 a 14.45 horas.

Artigo 21º.-Horarios.

Os horarios de traballo especificaranse no correspondente calendario laboral.

Os horarios sinalan o momento de iniciación e finalización das tarefas no propio posto de traballo. O persoal cumprirá escrupulosamente os horarios establecidos.

As conservacións organizarán os reténs necesarios tanto na xornada continuada de verán como durante

os fins de semana e nas ausencias do persoal de xornada partida superiores a dous días.

Ó persoal que integre estes reténs compensaráselle cada hora de traballo que tivese que realizar en fábrica por urxencias e o interesado poderá elixir entre o importe equivalente en horas extras ou un descanso semellante que se desfrutará de acordo co servicio.

Todo traballador dado de alta por enfermidade ou accidente deberá presenta-lo correspondente parte de alta na xefatura de persoal, a véspera da súa incorporación ó traballo ou avisar por calquera medio. Se polo horario de consulta médica, non se puidese facer este trámite, comunicaralle ó mando máis inmediato do seu servicio, que está en posesión da alta para concretar data e quenda de incorporación ó traballo. O traballador de xornada normal que supla un enfermo en quenda de noite poderá ser mantido en suplencia ata chegar a un festivo ou tomar un descanso que lle corresponda.

A substitución a calquera posto de traballo esixirá que a persoa que substitúe se adapte ó calendario laboral correspondente ó posto substituído, comparándose o número de descansos desfrutados durante esta cos que lles correspondesen no seu posto habitual. A diferencia compensarase precisamente en descansos a opción do traballador pero sempre de acordo coas necesidades do seu servicio.

O persoal pode ser requirido, en caso de necesidade, para efectuar traballos de noite ou en día festivo, coas limitacións que establece a lei.

Os mandos directos poderán autorizar, no suposto de traballo a quendas, o relevo no propio posto, cunha marxe de diferencia sobre o horario teórico non superior a 30 minutos condicionado ó acordo dos traballadores afectados e a que non se xeren variacións de salario entre eles por esta causa.

Ámbalas partes pactan como aspecto esencial que non quedará supeditado á vixencia deste convenio, o feito de que cando se produzan reduccións do cómputo anual de xornada, esta reducción se lle aplicará ó persoal de xornada fraccionada do modo seguinte:

-En primeiro lugar a reducir ata 8 horas o horario de presencia nos meses de xornada fraccionada.

-En segundo lugar, e unha vez alcanzado o obxectivo anterior, a dispor de días de descanso ata un máximo de cinco ó ano.

-En terceiro lugar e se aínda se producisen sobrantes, volveríase a reduci-lo horario diario de presencia na xornada fraccionada.

Artigo 22º.-Descansos.

Os descansos nas xornadas continuadas cunha duración comprendida entre 7 horas 30 minutos e 8 horas, serán 30 minutos que se considerarán como de traballo efectivo.

Nas xornadas continuadas cunha duración superior a 7 horas e inferior a 7 horas 30 minutos diarias,

a duración do descanso intermedio será de 25 minutos.

En xornadas de duración inferior, non se modifica a actual situación.

Nas máquinas básicas e nos servicios mínimos indispensables, os descansos poderán non ser simultáneos, non mediando máis dunha hora e media entre o comezo do primeiro descanso e o comezo do último.

O axuste do período de descanso rotativo na xornada de traballo acordarase entre a dirección e o comité.

Artigo 23º.-Vacacións.

1. Duración.

As vacacións anuais serán de 30 días naturais consecutivos (equivalentes durante a vixencia deste convenio a 22 días laborables do calendario de traballo de cada posto, excepto no caso dos practicantes de garda), salvo autorización expresa de dirección, desfrutados ó longo dos doce meses do ano para a adaptación de grupos de persoas das cales a ausencia sexa incompatible.

2. Obrigatoriedade de desfrute.

As vacacións deberán iniciarse obrigatoriamente dentro do ano natural, e non poderán ser compensadas en metálico nin acumuladas para anos sucesivos.

3. Organización.

Na elección da quenda de vacacións seguirase un sistema rotativo. O comité estudiará, segundo a peculiaridade de cada servicio, os períodos de desfrute dentro de cada un deles e as normas de programación, de forma que, sen mingua do respecto ás necesidades do traballo, se lles dea o máximo de satisfacción ós traballadores.

4. Calendario.

4.1. Fixarase en cada servicio, antes do día 1 de marzo, un programa de vacacións por grupos de función ou especialidade análoga no traballo, no que se encaixarán tódolos traballadores, coa amplitude suficiente para que queden cubertas as necesidades do servicio.

4.2. O persoal indicará antes do día 15 de marzo as datas en que desexa as súas vacacións para que o servicio poida establecer con tempo suficiente as quendas de preferencia. Non deberán quedar vacacións pendentes para desfrutar no ano seguinte.

4.3. Unha vez establecidas polo servicio respectivo as quendas de vacacións, remitiráselle o cadro correspondente a persoal e exporase unha copia durante 15 días no taboleiro de anuncios do servicio para coñecemento dos interesados, e para que estes soliciten no dito prazo o cambio de datas se o estiman oportuno, alegando por escrito as razóns que crean convenientes. A dirección resolverá no prazo dos 15 días seguintes á recepción da reclamación.

5. Cómputo.

Durante a vixencia deste convenio contabilizarase como vacacións 22 días laborables do calendario de traballo de cada posto excepto no caso dos practicantes de garda, no que se contabilizarán 30 días naturais consecutivos.

6. Fraccionamentos.

Cómpre a autorización de dirección para o fraccionamento das vacacións.

7. Premios en función da época de desfrute.

7.1. Quen desfrute vacacións fóra dos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, terá dereito a cinco días días de haber, incluídas primas e gratificacións. Perderase todo o dereito aínda que soamente se desfrute un día de vacacións neses meses.

7.2. Para os que non teñan dereito a vacacións completas, o importe será a metade do premio correspondente.

7.3. Non se poderá optar por desfruta-los días de premio como vacacións en lugar do seu cobro en metálico.

8. Vacacións e enfermidade.

8.1. No caso de que unha persoa non poida toma-las súas vacacións dentro do ano por estar en situación de incapacidade temporal, desfrutará o ano seguinte a parte proporcional correspondente ós días efectivamente traballados no ano anterior (días de alta).

8.2. Como norma xeral, e salvo recomendación do médico de empresa, non se poderá xunta-lo período de vacacións como unha ausencia por IT superior a 15 días, con excepción do previsto en 8.3.

8.3. O período de vacacións interromperase soamente en caso de incapacidade temporal, sempre que se avise a persoal dentro das 48 horas seguintes a causar baixa, podendo desfrutarse os días pendentes fóra do período vacacional de mutuo acordo entre traballador e servicio.

8.4. No caso de que unha persoa en situación de IT obteña a alta dentro do período previsto para as súas vacacións, desfrutará vacacións os días que lle quedan dentro do referido período, quedando o resto para desfrutalo fóra do período vacacional de mutuo acordo entre traballador e servicio.

Artigo 24º.-Licencias retribuídas.

O traballador, logo de aviso e posterior xustificación poderá faltar ou ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, ata un máximo de días naturais, polos motivos que a continuación se indican:

-Por falecemento de pais, fillos ou cónxuxe: 5 días naturais.

-Por falecemento de pais políticos, avós e netos: 3 días naturais.

-Por falecemento de irmáns do traballador ou do cónxuxe: 2 días naturais.

-Por falecemento de cónxuxes dos irmáns do traballador: 2 días naturais.

-Por falecemento de fillos e avós políticos: 2 días naturais

-Por enfermidade grave (internamento hospitalario) de cónxuxe, e pais, avós, fillos e irmáns tanto naturais como políticos: 2 días naturais

Os anteriores permisos poderán ampliarse a 5 días naturais por razóns de distancia e necesidade de viaxe xustificada.

-Por matrimonio: 15 días naturais

-Por parto de esposa: 5 días naturais

-Por matrimonio de fillos ou irmáns, tanto do traballador, como do cónxuxe: 1 día natural

-Por cambio de domicilio: 1 día natural

Por cónxuxe entenderase tamén a persoa que conviva, como parella do traballador/a, sempre que acredite documentalmente esta condición.

Polo tempo necesario para acudir á consulta médica do seguro de enfermidade xustificado ante o servicio médico de empresa co límite marcado pola ordenanza laboral de 16 horas ó ano.

Igualmente por visita médica de especialista prescrita polo médico de cabeceira, xustificando o tempo investido nela.

Concederanse, precisamente, coincidindo co feito causante e por necesidade de asistencia.

Retribuiranse incluíndo tódolos conceptos que percibise o traballador segundo o seu calendario laboral durante os días que abarque o permiso, que son:

-Salario ou soldo con garantía ad personam.

-Prima de competitividade.

-Prima de quenda.

-Prima de nocturno.

-Prima de sábados, domingos e festivos.

-Garantía persoal.

-Prima de xornada fraccionada.

-Prima de vacacións (salvo que a perciba nun pagamento único).

Sección quinta

Absentismo

Artigo 25º.-Absentismo.

Ambas partes establecen como necesidade permanente a de actuar sobre o absentismo por tódolos medios que cada unha delas teña ó seu alcance e co propósito de reduci-la súa incidencia, tendendo cara ó mellor dos índices en centros das súas características.

Á súa vez, teranse en conta os índices concretos de absentismo por enfermidade, para regula-las incapacidades laborais transitorias por este concepto.

Sección sexta

Réxime disciplinario e conflictos

Artigo 26º.-Disciplina.

1. Ademais dos deberes de orde xeral, o persoal da empresa observará coidadosamente os seguintes, o incumprimento dos cales se considerarase como falta:

a) Permanecer no seu posto nas horas de traballo

b) Utiliza-los medios necesarios para a protección e prevención dos accidentes e poñer en práctica as medidas e consignas técnicas ó seu alcance, que dan lugar a maior seguridade e salubridade do ambiente de traballo. Cando implique risco para si ou para os seus compañeiros de traballo, considerarase como falta grave.

c) Velar pola conservación das instalacións e coidar con esmero as máquinas, útiles, ferramentas e elementos de protección ó seu cargo.

O mal trato e utilización inadecuada do material en xeral e do material móbil en particular será sancionado como falta grave.

d) Colaborar cos mandos intermedios en perfecto labor de equipo para a productividade, calidade e custos.

e) No traballo de quendas, o operario saínte non o abandonará sen a presencia do entrante, ó que lle comunicará cantos pormenores deba ter en conta. Se este se atrasa, esperará 15 minutos para dar conta ó xefe de equipo ou contramestre, quen tomará as medidas oportunas para substituílo, se é posible. A empresa aboará como horas extras o tempo que exceda da súa xornada e garantiralle-lo transporte de regreso.

Deixa-lo posto de traballo sen respectar estas normas será considerado como falta grave.

f) Rexistra-la súa entrada e saída á fábrica conforme as ordes establecidas.

2. Prohíbese a permanencia nas zonas de traballo ó persoal que desfrute de descanso, vacacións ou baixa.

3. Reclamacións.

Tódalas queixas e reclamacións deberán facerse individualmente ante o seu xefe inmediato (para os obreiros, o seu xefe de equipo, contramestre ou encargado), quen se encargará de transmitirllas á dirección. Cando non reciban deste satisfacción á súa reclamación, ou teñan queixa del, poderán dirixirse ó xefe inmediato na escala xerárquica. Despois de esgotado este recurso, poderán exporlle-la súa petición ó comité de empresa. En caso de consulta sobre pagamento de salarios, horas extraordinarias, primas e en xeral calquera reclamación individual, relacionada coa regulamentación laboral,

que non poida ser resolta directamente polos listeiros ou mandos, o interesado será autorizado por estes para dirixirse directamente á Oficina de Persoal.

Artigo 27º.-Premios.

A dirección, por proposta dos xefes de servicio, poderá conceder recompensas en forma de gratificacións excepcionais ou premios de diversa índole.

Artigo 28º.-Faltas e sancións.

Enténdese por falta toda acción e omisión que supoña un quebranto dos dereitos de calquera índole, impostos polas disposicións legais vixentes. Clasificaranse atendendo á súa importancia, transcendencia ou malicia, en leves, graves, ou moi graves. Para esta clasificación e a súa cualificación conseguinte así como para a súa prescrición, anotación e cancelación, seguirase o indicado no anexo III.

Artigo 29º.-Conflictos de traballo.

Os conflictos colectivos que durante a vixencia do presente convenio puidesen suscitarse no seo deste centro de traballo serán sometidos obrigatoriamente ós órganos e procedementos previstos no Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos (AGA), logo de consideración por parte da comisión paritaria.

Capítulo III

Política salarial

Sección primeira

Disposicións xerais

Artigo 30º.-Estructura retributiva.

Pacto de retribución global:

A presente estructura retributiva configúrase co carácter de pacto de retribución global.

Conceptos que a integran:

Estará integrada polos conceptos únicos que a continuación se expresan, e polo número de pagas que se indican.

* Salario ou soldo base.

* Complementos persoais.

-Garantía persoal.

-Garantía ad personam.

* Complementos de posto.

-Complemento de xornada fraccionada ou de quenda central.

-Quendas.

-Nocturnidade.

-Sábados, domingos e festivos.

* Complementos de cantidade/calidade.

-Incentivos ou primas.

* Complementos periódicos.

-Gratificacións extraordinarias.

-Prima de vacacións.

Pagamentos.

A prestación de servicios na xornada laboral completa dá lugar, nun ano natural, ós seguintes devengos:

* Pagamentos ordinarios:

Doce mensualidades correspondentes ós doce meses naturais do ano. Estarán integradas polas contías que, se é o caso, procedan, dos seguintes conceptos:

* Salario ou soldo base.

* Complementos persoais.

-Garantía persoal.

-Garantía ad personam.

* Complemento de posto.

-Complemento de xornada fraccionada ou de quenda.

-Central.

-Quendas.

-Nocturnidade.

-Sábados, domingos e festivos.

* Complementos de cantidade/calidade.

-Incentivos ou primas.

* Gratificacións extraordinarias:

O seu número será de dúas no ano.

Serán dunha mensualidade cada unha delas e estarán integradas exclusivamente polos seguintes conceptos:

* Salario ou soldo base.

* Complementos persoais.

-Garantía persoal.

-Garantía ad personam.

Aboaranse nas seguintes datas:

-15 de xullo.

-15 de decembro.

* Outras gratificacións:

Percibirase igualmente unha prima especial de vacacións.

-Regulación e devengo dos distintos conceptos:

As contías anuais, para xornadas completas e para cada un dos niveis retributivos, serán as que aparecen nas táboas anexas.

Artigo 31º.-Contía retributiva.

Incrementos salariales.

Os incrementos salariais durante a vixencia do convenio serán os seguintes:

Ano 1999: incremento do IPC real en táboas para ese ano.

Ano 2000: incremento do IPC real en táboas para ese ano.

Ano 2001: incremento en táboas do 125% do IPC real para ese ano.

Ano 2002: incremento en táboas do 125% do IPC real para ese ano.

Ano 2003: incremento en táboas do 125% do IPC real para ese ano.

Os incrementos á conta fixaranse co IPC previsto, ou co 125% do IPC previsto de se-lo caso, para cada ano, regularizándose tan pronto como sexa coñecido o IPC real.

Non obstante, se algún traballador causase baixa por xubilación, invalidez ou falecemento, entenderase que o devengo se produciría o día inmediato anterior ó feito causante.

Artigo 32º.-Antigüidade. Supresión do concepto salarial antigüidade.

A partir do 1º de agosto de 2000 desaparece o complemento persoal por antigüidade, tanto para o persoal que o viñese percibindo como para os que o puidesen devengar no futuro.

Sección terceira

Complementos de posto

Artigo 33º.-Complementos de quendas, nocturnidade e sábados, domingos e festivos.

As táboas recollen os valores anuais para os distintos réximes/tipo. Aparecen desagregadas en valores/ano por quendas, por nocturnidade e por sábados, domingos e festivos.

Para réximes de traballo non recollidos expresamente na táboa calcularanse, por procedementos estrictamente matemáticos, os valores anuais correspondentes e actuarase con eles na forma indicada no parágrafo anterior.

Consideraranse como horas nocturnas, con dereito a remuneración especial, as traballadas entre as 10 da noite e as 6 da mañá, salvo que o salario se establecese atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza.

Traballando no dito período nocturno máis dunha hora sen exceder de catro, a bonificación percibirase exclusivamente polas horas traballadas.

Artigo 34º.-Complemento de xornada fraccionada ou de quenda central.

A configuración destes réximes de traballo, onde e cando existan e para efecto de aplicación das retribucións de táboa, será a seguinte:

Considerarase xornada fraccionada a que teña polo menos unha hora de interrupción para a comida.

Non desvirtúa a consideración de xornada fraccionada o feito de que puidese realizarse xornada intensiva no verán.

Considerarase quenda central aquela que teña polo menos dúas horas vintecinco minutos de coincidencia coa quenda rotativa da tarde (de 14 a 22 h) e que, ademais, non realice xornada intensiva de verán.

Sección cuarta

Complementos por calidade ou cantidade de traballo

Artigo 35º.-Prima de competitividade.

Establécese unha prima de productividade nos termos que se recollen no anexo VI.

Variación do valor 90 ó valor 125.

90% garantido o valor 100 da anterior prima.

Parámetros para negociar coa dirección de fábrica.

Artigo 36º.-Horas extraordinarias.

Cando a dirección do centro considere necesaria a realización de horas extraordinarias e tendo en conta que se estableceu como norma interna dos traballadores a prohibición de realizarse, estas soamente se poderán efectuar nos casos seguintes:

-No caso de traballadores que desenvolvan o seu labor en equipos de quendas permanentes en instalacións ou servicios de marcha continua. A ausencia do relevo no traballo a quendas regularase segundo o artigo 26º, rexéndose en canto ás normas de descanso, en caso de prolongación excepcional da xornada, pola nota de servicio nº 960 do 16 de febreiro de 1976.

-Cando sexa por necesidades do servicio, deberá existir unha información previa da dirección ó comité.

-Se se prevé que unha avaría orixinada durante a xornada ou pendente do día anterior, pode dar lugar á continuación da xornada establecida, deberáselle comunicar ó comité inmediatamente despois de ser isto coñecido pola dirección do centro.

-As horas extraordinarias que se realicen por urxencias ou atención de máquinas imprescindibles terán carácter de estructurais.

-A dirección informará mensualmente o comité de centro, respecto ás horas extraordinarias efectuadas, mediante relación nominal con expresión de número de horas efectuadas e servicios ó que pertence. Así mesmo, o comité de centro poderá solicitar, nos casos en que o considere oportuno, información suplementaria respecto ás causas que motivaron a realización das horas extraordinarias.

-O traballador poderá optar pola alternativa de cobra-lo importe das horas extraordinarias, ou cambiar unha hora extraordinaria por unha de descanso e cobra-la diferencia entre ambos valores (horas extraordinarias menos horas normais).

-Nos casos de cambio de quenda por suplencia, os seus descansos compensaranse con outros descansos: se a suplencia coincide con sábado, domingo

ou festivo, percibirase a compensación correspondente establecida para sábados, domingos e festivos.

Sección quinta

Complementos non mensuais

Artigo 37º.-Prima de vacacións.

A súa contía será idéntica para tódolos niveis retributivos. Aboarase por unha soa vez na nómina do mes anterior ó desfrute do propio período vacacional.

Será proporcional ó propio período de vacacións que corresponda ó traballador afectado.

Artigo 38º.-Gratificacióin extraordinarias.

Serán concedidas en proporción ó tempo en cadro de persoal activo, rateándose cada unha delas na forma seguinte:

A de xullo en proporción ó tempo en cadro de persoal activo no primeiro semestre natural do ano.

A de decembro en proporción ó tempo en cadro de persoal activo no segundo semestre natural do ano.

Artigo 39º.-Fórmulas de rateo.

Para efectos de xornadas persoais inferiores á xeral da respectiva modalidade de traballo en cada centro, aplicaranse as seguintes normas de rateo:

A percepción anual do afectado será directamente proporcional, en función das respectivas xornadas, á percepción anual correspondente ó nivel de valoración do posto que ocupe.

Os valores mensuais, diarios ou horarios, gardarán para cada concepto a mesma norma de proporcionalidade do punto anterior.

No suposto de ausencias non retribuídas, calquera que sexa a causa, non se devengarán as contías salariais correspondentes a tales períodos.

Á marxe disto, este tempo de ausencias non se considerará como tempo de permanencia para efectos de devengo de gratificacións extraordinarias, de acordo cos períodos fixados para cada unha delas.

Sección sexta

Complementos extrasalariais

Artigo 40º.-Transporte e complemento de distancia.

No caso de imposibilidade de utilización do transporte actualmente contratado, por circunstancias de forza maior (folgas de transporte ou outras), o comité de fábrica, de acordo coa xefatura de persoal, tratará de arbitra-las medidas oportunas, pondo a empresa á disposición do comité ata un máximo do importe do servicio contratado do transporte nos días que dure a urxencia.

No importe de complemento de distancia observarase o que marquen as disposicións legais vixentes.

Artigo 41º.-Roupa de traballo.

A empresa, ademais da roupa de seguridade regulamentaria, facilitará a roupa de traballo, logo da entrega da anterior, como se indica a continuación:

Persoal obreiro e subalterno:

Dúas fundas ó ano (ou no seu lugar pantalóns e camisas) e dúas toallas.

Unha cazadora cada dous anos.

Empregados en xeral:

A maioría deste persoal pola índole do seu traballo non require unha entrega sistemática de roupa de traballo. Os que se encontran nestas condicións solicitarán a substitución cando lles sexa necesaria; os demais seguirán o réxime anterior. O persoal empregado de fabricacións ou conservacións, e aqueloutro que polo seu réxime de traballo o necesite, recibirá tamén dúas toallas ó ano.

Empregados de laboratorio:

Dúas batas brancas e dúas toallas ó ano.

Empregados da caixa de urxencias:

Dúas batas ou traxe sanitario e zocos ortopédicos.

Chofer turismo:

Un uniforme cada ano, 2 camisas e gravata negra.

Sección sétima

Liquidacións de haberes

Artigo 42º.-Liquidación de haberes.

O pagamento de haberes realizarase por transferencia bancaria. A orde de pagamento á entidade bancaria efectuarase como límite dous días laborables antes do derradeiro día laborable do mes.

Poderanse conceder anticipos á conta do traballo realizado o día 15 de cada mes (ou o anterior laborable, se aquel é festivo), a quen o solicite por mediación do seu listeiro; e fóra desta data, logo da demostración da necesidade urxente.

Artigo 43º.-Deduccións.

Deduciránselle a cada traballador os impostos, cotas de Seguridade Social e cantos conceptos sexan preceptivos por disposición legal, así como os anticipos que por calquera concepto se percibisen da empresa.

Capítulo IV

Prevención de riscos

Artigo 44º.-Seguridade e saúde laboral.

Nesta materia actuarase conforme a lexislación vixente.

Existe na empresa un comité de seguridade e saúde que se atén ás disposicións legais nesta materia, e vela polo cumprimento das normas obrigatorias. Ten ó seu cargo tódolos cometidos que marca a lexislación, establecendo medidas de protección contra os riscos profesionais e en favor da saúde dos traballadores.

Para potencia-la seguridade e integrala aínda máis, no funcionamento da fábrica, existen os subcomités de seguridade por cada servicio.

Artigo 45º.-Roupa de seguridade.

Facilitarase individualmente a roupa de seguridade adecuada a cada posto de traballo, segundo as recomendacións do comité de seguridade. A súa utilización e coidado é responsabilidade persoal, de forma que se obteña unha duración razoable. O uso destes medios de seguridade será obrigatorio cando así o acorde o comité.

A súa non utilización considerarase imprudencia en acto de servicio, e será cualificada como falta grave.

Capítulo V

Acción social

Artigo 46º.-Seguridade social complementaria.

As prestacións por xubilación, invalidez, viuvez e orfandade serán as vixentes en cada momento no plan de pensións promovido por Alcoa Inespal, ás que terán acceso os traballadores nas condicións establecidas no regulamento regulador.

Artigo 47º.-Incapidade transitoria.

a) Accidente.

A empresa complementa as prestacións que o traballador perciba da S.S. de forma que alcance o 100% da retribución neta como se estivese en activo.

b) Enfermidade.

Co obxecto de regula-las situacións de IT establécese:

No centro de traballo da Coruña crearase un fondo con contribucións paritarias dos traballadores afectados polo convenio e a propia empresa. A contribución por cada parte será do 1% do salario bruto dos traballadores.

-Establécese, á súa vez, unha comisión paritaria de control integrada por tres membros do comité de empresa e tres representantes da dirección.

Esta comisión ten como obxectivo procura-lo control do absentismo por enfermidade. Para tal efecto, concederá ou denegará con cargo ó fondo constituído, prestacións complementarias ás da Seguridade Social.

As súas decisións deberán adoptarse por maioría e terán o carácter de definitivas.

-A comisión poderá conceder complementos tales que, sumados ás prestacións da Seguridade Social, alcancen ata o 100% dos conceptos que integran a nómina teórica anual do posto de traballo de cada afiliado.

Os conceptos que integran, na estructura retributiva pactada, a nómina teórica anual e que se tomarán unicamente en consideración para estes complementos por enfermidade son os seguintes:

-Salario ou soldo base.

-Garantía persoal.

-Garantía ad personam.

-Quendas.

-Nocturnidade.

-Sábados, domingos e festivos.

-Xornada fraccionada.

-Prima competitividade.

-Gratificacións extraordinarias.

-Gratificacións de vacacións.

Non obstante, e como excepción, tamén se tomará en conta o complemento de retén nos postos que teñan un calendario rotativo establecido anualmente.

A este réxime de complementos non lle afectarán os tres primeiros días de baixa, dentro de cada ano natural, que serán por conta da empresa.

-Establécese como índice-obxectivo de IT por enfermidade neste convenio o 4,8.

-No suposto de que se igualase ou mellorase o seu índice-obxectivo de absentismo por este concepto, a empresa devolveralles ós traballadores individualmente as cantidades achegadas por eles ó fondo no ano natural correspondente.

-No suposto de que, ó final do exercicio, quede no fondo algún remanente, este utilizarase para minora-la cota do exercicio seguinte. E, se quedase déficit, liquidarase igualmente.

-Aplicarase o regulamento de funcionamento do fondo que figura no anexo V.

Artigo 48º.-Premios de vinculación.

Prémiase a permanencia na empresa cos seguintes premios:

-Ó persoal que cumpra 20 anos de servicio, dúas mensualidades.

-Ó persoal que cumpra 30 anos, tres mensualidades.

-Ó persoal que cumpra 40 anos, catro mensualidades.

Para estes efectos, considerarase como valor/día a retribución anual de conceptos ordinarios fixos dividida por 360. E valor/mes o anual dos mesmos conceptos dividido por 12.

Para a concesión do premio de vinculación computarase para tódolos traballadores, obreiros e empregados, como data inicial, a do seu ingreso na empresa en calquera dos seus centros de traballo.

Para os efectos deste premio de vinculación terase en conta todo o tempo de servicio na empresa calquera que fose o grupo profesional ou categoría laboral en que se estivese encadrado, estimándose como tempo de servicio:

a) Tódolos meses e días en que o traballador percibise un salario ou remuneración, ben sexa por ser

vicios prestados nos centros de traballo da empresa, ben sexa por vacacións, licencias, enfermidade ou accidentes de traballo, así como excedencia forzosa, nomeamento para un cargo público ou sindical, ou tempo de permanencia no servicio militar obrigatorio.

b) O transcorrido en período de proba, ou con carácter eventual, se o persoal en tal situación pasase a ocupar un posto no cadro de persoal da empresa con carácter fixo.

c) Os aprendices, pinches e aspirantes, comezarán a devenga-la súa antigüidade desde o día do seu ingreso na empresa.

d) No caso de que o traballador cause baixa definitiva na empresa, por sanción ou pola súa vontade, reingresando posteriormente, empezará a devenga-la súa antigüidade a partir da data deste último ingreso.

Artigo 49º.-Comedor.

A empresa mantén un comedor social para uso dos seus traballadores, sendo pola súa conta a nómina do persoal necesario, a instalación e o mantemento, participando o traballador no 50% dos gastos de artigos alimenticios empregados na confección da comida.

Correspóndenlle ó comité de fábrica as funcións de administración e orde que se detallan a continuación, que delega nun vocal designado para estes efectos:

A) De administración.

-Comprobación da utilización adecuada dos tickets da comida.

-Comprobación de facturas e prezos co número de comidas diariamente servido.

-Comprobación da relación de prezos de compra de comida cos existentes no mercado.

-Asesora-lo cociñeiro nos encargos de compra de comida tanto para uso diario como para almacenamento.

-Vixia-la variedade das comidas, axudando ó cociñeiro na confección dos menús.

-Axudar na realización de inventarios periódicos de existencias.

-Participar, co xefe de compras e o xefe de comedor, na apertura e selección das ofertas solicitadas sobre os productos alimenticios (importantes pola súa incidencia no prezo da comida), que se relacionan a continuación.

Artigos: carne, pan, ovos, iogur, peixe conx.

Accióni para tomar: provedor para 1 ano.

Artigos: patacas e aceite.

Acción para tomar: compra para 3 meses.

B) De limpieza e orde:

-Vixiar para que os locais, utensilios e menaxe cumpran coas normas vixentes de sanidade, así como a manipulación e conservación dos productos alimenticios.

-Para a realización das súas funcións, o vocal do comité de fábrica no comedor disporá de ata 35 horas mensuais e un máximo de dez mil pesetas mensuais para gastos de desprazamento en xestións ou comprobacións relacionadas co comedor. Os gastos efectuados seranlle aboados seguindo os trámites da norma de viaxes.

Ademais dos traballadores de cadro de persoal, poderán facer uso do comedor:

1. Familiares do persoal de cadro de persoal de fábrica: cónxuxe, fillos, pais e irmáns, coa limitación dun por día e acompañado polo traballador.

2. Persoal do cadro de persoal doutros centros de traballo de Alcoa Inespal, S.A.

3. Invitados: os traballadores de fábrica poderán invitar unha vez ó trimestre a calquera persoa, indicándoo dous días antes en persoal. A dirección poderá realizar así mesmo, comidas de traballo ou outras celebracións tanto con persoas do cadro de persoal como doutros centros de traballo ou invitados.

En todos estes tres casos será preciso adquiri-lo vale ou talonario de comida en persoal e deposita-lo ticket de reserva de comida con tempo suficiente. O prezo dos vales incluirá o total do valor da comida.

O prezo da comida incrementarase cada ano na mesma porcentaxe en que o fagan as táboas salariais.

Artigo 50º.-Axuda de estudios.

A) Por fillos. Os traballadores que estean en activo e que teñan fillos que estean cursando estudios oficiais do sistema educativo español poderán percibir unha axuda anual por ese concepto para cada fillo que cumpra coas condicións que se pactan. Tamén poderán solicitalo os orfos de traballadores de cadro de persoal.

O fondo previsto para este fin poderá ser distribuído segundo baremos distintos ós que aquí se fixan, estudiados e propostos polo comité de fábrica.

Concederase ó comezo do curso académico logo de solicitude, obrigándose a presenta-las notas obtidas en cada curso.

Pagaranse na nómina de agosto a quen presente a documentación completa (solicitude e notas do curso anterior) antes do 20 de agosto.

O 10 de novembro pagaráselle ó resto sempre que presentasen toda a documentación antes do 31 de outubro.

Aquelas persoas que ó 31 de outubro non presentasen a solicitude ou non completasen a documentación non se lles concederá a axuda de estudios.

Son condicións previas as seguintes:

1. Que o traballador teña un ano de servicio na empresa o día 1 de agosto en que se inicia o curso académico para o que solicita a axuda.

2. Se desfrutou de axuda de estudios no curso anterior, deberá presenta-lo comprobante das notas obtidas, e tamén, de se-lo caso, o de aloxamento ou asistencia regular á aula.

3. Que non exista falta de aplicación manifesta (por exemplo, ter que estudia-lo mesmo curso por terceira vez). Se existise, será causa suficiente para non concede-la axuda de estudios.

4. Que o estudiante non supere a idade de 25 anos dentro do curso correspondente.

Os baremos para o ano 1999 serán os seguintes:

-Ensino superior e medio obrigatoriamente (fóra da Coruña): 116.266 ptas.

-Ensino superior e media (estudios libres ou na Coruña): 48.602 ptas.

-COU e F.P.3 (estudios oficiais e libres): 41.006 pesetas.

-EXB, BUP e F. profesional 1º e 2º grao: 26.020 pesetas.

-Preescolar: 19.873 ptas.

Sobre as cantidades anteriores, fixadas como topes máximos, aplicarase un coeficiente corrector segundo o número de fillos que perciben axuda de estudios, de acordo coa seguinte táboa:

Nº fillosCoeficiente

11

21,15

31,30

41,45

51,60

61,75

71,90

8 ou máis2

B) Axuda ós nosos traballadores.

Dentro da política da empresa, de axudar ó seu persoal a realizarse figura a axuda de estudios a aqueles traballadores que estudian algún oficio ou carreira acorde coa actividade da empresa.

Importe da axuda.

Concederánselle axudas de estudios a todo traballador que, pertencendo ó cadro de persoal, con carácter fixo, se sacrifique por amplia-los seus estudios e o solicite.

Estas axudas poderán ser para ensino:

-Básica (EXB, BUP, etc.).

-Profesionais (mestría, peritaxes e estudios universitarios).

Para ter dereito á axuda para ensino básico, é requisito imprescindible que os estudios sexan compatibles co horario de traballo de cada interesado.

Para a axuda a ensino profesional, ademais dos anteriores, requirirase que eses estudios teñan aplicación na nosa fábrica da Coruña.

A axuda consistirá no 80% da matrícula e o 100% dos libros oficiais do curso.

Para ter dereito á axuda do curso seguinte deberá xustificarse ter aprobado o anterior.

En caso de repetir curso non se percibirá ningunha axuda; non obstante, a dirección, tendo en conta a dificultade dos estudios, e unha vez aprobado o curso repetido, poderá concede-la axuda para o seguinte curso.

Os libros quedarán en propiedade do interesado, sempre e cando termine os estudios para os que percibiu axuda. En caso contrario, deberá devolvelos.

Da axuda en canto á matrícula o 30% facilitarase ó comeza-lo curso e o 50% restante unha vez finalizado, no momento da presentación dos seus resultados.

En canto á dos libros, entregarase toda ela ó iniciarse o curso ante a presentación dos comprobantes de compra.

Compensación por clases particulares:

Valores no ano 1999:

29.853 ptas. estudios superiores (enx. e lic.).

25.277 ptas. estudios grao medio (peritaxe, ATS, etc.).

21.339 ptas. estudios mestría.

19.689 ptas. estudios BUP, COU e similares.

Mensualmente esixiranse os oportunos xustificantes.

Material especial.

Cando por imperativo dos estudios sexa preciso a utilización de materiais específicos, tales como compases, tiraliñas, etc., concederase axuda, por unha soa vez, de ata 20.200 ptas.

De non remata-los estudios, este material deberá ser devolto.

Comisión mixta de axuda de estudios.

Estará formada por dous vocais nomeados pola dirección e outros dous vocais nomeados polo comité de fábrica. A súa misión consistirá en analiza-las solicitudes presentadas, para propo-la súa aprobación á dirección e controla-la aplicación destas axudas.

C) Traballador solteiro cabeza de familia.

Naqueles casos en que un traballador solteiro faga as veces de cabeza de familia, considerarase cada caso en particular para ver de concede-la axuda de estudios.

Artigo 51º.-Axuda gastos médicos.

A empresa aboará o 50% dos gastos que se produzan (de traballadores, cónxuxe e fillos ata os 23 anos), polos conceptos que a continuación se indican, logo da súa xustificación e de acordo co baremo seguinte, con valores para o ano 1999:

1. Óptica e oculista.

O 50% do importe total, sempre que este non exceda das cantidades indicadas a continuación, caso no que se aboará o 50% deses topes.

TopesMáximo a

aboar

Un par de lentes normais20.48810.244

Un par de lentes bifocais o microlentes de contactos 29.70014.850

Reposición de cristal normal6.9403.470

Reposición de cristal bifocal11.0585.529

En caso de necesitarse dous pares de lentes, un para preto e outro para lonxe, aboaranse ambos sobre o baremo anterior. A reposición de monturas ou o cambio a microlentes de contacto só se aboará novamente cando transcorrese un prazo mínimo de 5 anos do pagamento das anteriores.

Na reposición de cristais ou microlentes de contacto concederase a axuda soamente con motivo de nova graduación, non por rotura ou perda.

Odontoloxía.

O 50% do importe total de consultas, radiografías, extraccións, próteses e reposición de pezas, salvo metais preciosos.

Ortodoncia.

Nos casos de ortodoncia concederase unha axuda máxima de 37.577 ptas. ano cando o tratamento sexa igual ou superior a 75.154 ptas. ano. Para importes inferiores a esa cantidade aboarase o 50%.

Artigo 52º.-Estadías de verán.

En substitución da Colonia Infantil de Tamarit créanse estadías de verán para tódolos fillos dos traballadores do centro da Coruña afectados por este convenio en colonias, albergues, etc., que se outorgarán segundo as normas recollidas no preacordo coas centrais sindicais do 19-6-1996 ratificado polo comité de empresa con data do 27-6-1996.

Artigo 53º.-Prestamos.

O persoal poderá solicita-la concesión dun préstamo de acordo coas normas seguintes:

1. A petición realizarase nun impreso con matriz e enviarase á xefatura de persoal, quedando o interesado coa matriz á espera de que se publique a súa concesión no taboleiro de anuncios.

A comisión mixta de préstamos estudiará as solicitudes e co seu informe enviaranse ó mes seguinte a dirección.

2. Estes préstamos faranse efectivos por orde de antigüidade na solicitude, e será condición indispensable que sexa para o interesado.

3. Para optar a estes préstamos débese levar como mínimo un ano de efectividade na empresa, excepto para o caso de enfermidade no que non se esixirá esta condición.

4. Non se lles concederá ós que teñan anotada no seu expediente unha falta grave ou moi grave nos 24 meses anteriores á concesión. En calquera caso, daráselles preferencia a aqueles que non teñan faltas no seu expediente.

5. A concesión está supeditada a que haxa fondo dispoñible.

6. Salvo caso excepcional, non se concederá préstamo a quen teña outro en curso nin polo mesmo concepto polo que se lle concedese anteriormente.

7. Se houbese unha solicitude de préstamo de extrema urxencia, a comisión estudiará a posibilidade de lle conceder preferencia.

8. Poderán concederse préstamos por algún dos conceptos seguintes:

a) Por gastos extraordinarios derivados de enfermidade grave: o límite de cada préstamo será de 100.000 ptas. O seu período de amortización será de dous anos. Non devengará xuros.

b) Por matrimonio: por importe de 120.000 ptas. para devolver en doce mensualidades e sen xuros.

O préstamo deberá ser solicitado con anterioridade á data de celebración do matrimonio.

c) Por vivenda: poderanse conceder préstamos para financiamento de compra da vivenda, sempre que se trate da primeira e vaia ser residencia habitual do empregado. O importe máximo será de 850.000 ptas., para devolver nun prazo de 48 mensualidades, cun xuro do 4%.

Por reparación de urxente necesidade na vivenda habitual poderanse conceder ata 250.000 ptas. logo de xustificación do gasto, para devolver en 2 anos e con 4% de xuro.

Consideraranse preferenciais os préstamos dos casos a) e c), o resto concederase en función das dispoñibilidades do gasto do fondo destinado a estes préstamos.

9. Unha vez que a dirección aprobe o préstamo, estenderase un contrato privado.

10. O destino do préstamo deberá ser xustificado documentalmente con anterioridade á súa concesión.

11. Para ter opción ó préstamo de vivenda, o solicitante deberá presentar probas fidedignas de que non posúe vivenda propia. Se se comproba que esas probas están falseadas incorrerá na retirada automática do préstamo, así como no aboamento dos xuros correspondentes.

12. A amortización comezarase no mes seguinte á concesión do préstamo.

13. O límite dos préstamos para esta fábrica é o resultado de multiplicar 50.000 ptas. polo número de persoas en cadro de persoal o un de xaneiro de cada ano.

Artigo 54º.-Axuda a subnormais.

Co fin de axudar á formación e recuperación das persoas con capacidade mental diminuída, concédese, sempre en defecto da Seguridade Social, unha subvención sobre gastos xustificados para un importe máximo de 185.343 ptas. anuais que se incrementarán para os anos seguintes na mesma porcentaxe que o fagan as táboas salariais.

Terán dereito a esta subvención os familiares dos traballadores de cadro de persoal, recoñecidos pola S. Social, que convivan con el e ás súas expensas.

É requisito indispensable que se xustifique a formación ou recuperación realizada, e que se solicitasen as axudas oportunas tanto da S. Social como dos demais organismos oficiais.

A comisión do fondo de axuda controlará o cumprimento dos trámites necesarios e outorgará a axuda correspondente.

Artigo 55º.-Reserva de dereito.

En todo caso, a dirección da empresa reserva para si o dereito de dicta-las normas necesarias para o desenvolvemento e funcionamento das institucións de carácter social non reguladas no presente convenio ou nos respectivos regulamentos e normas xa en vigor.

Capítulo VI

Dereitos sindicais

Artigo 56º.-Comités de centro de traballo.

1. Comité de fábrica.

O comité de fábrica é o órgano representativo e colexiado de conxunto dos traballadores desta, e os seus dereitos e garantías son os fixados pola lexislación vixente. Será o único órgano con dereito a negociación colectiva no centro de traballo.

2. Tempo sindical.

Cada un dos membros do comité disporá do crédito mensual de tempo sindical retribuído que, de acordo coa dimensión do cadro de persoal concede o Estatuto dos traballadores e que poderá computarse mensual e globalmente e, excepcionalmente bimensualmente, entre os membros do comité.

Non se computará como tempo sindical o empregado en reunións nas que preceptivamente deba estar presente a dirección da empresa.

Con vistas a un mellor funcionamento no desfrute das súas garantías, os membros do comité deberán comunicarlle á dirección:

a) Cun prazo mínimo de 24 horas de antelación, en circunstancias normais, a realización fóra do centro de traballo de actos de xestión ou representación que lle fosen encomendados polo propio comité ou central sindical a que estea afiliado, xustificando en todo caso as razóns, datas e horarios por medio de documento asinado autografamente polo seu representante legal. Non se esixirá o cumprimento deste prazo en circunstancias excepcionais que o

comité ou o membro deste xustificará ante a xefatura de persoal.

b) Con dúas horas, mínimo de antelación cando se trate da realización de funcións individuais propias do comité, dentro do centro de traballo, ou comunicarse ou reunirse con outros membros do comité.

c) Os membros do comité de fábrica terán dereito a asistir a congresos, seminarios e cursos de formación sindical ós que fosen regulamentariamente convocados pola central sindical á que pertenzan, e todo iso con cargo ó crédito das horas mensuais establecido.

Para facer uso de tal dereito, será condición necesaria que a propia central sindical, á que está afiliado o membro do comité de fábrica, a través do seu representante legal solicite autorización para o seu afiliado en escrito asinado autografamente, cunha antelación mínima de tres días e facendo consta-la data, horarios e duración prevista da actividade, así como o lugar onde esta deba desenvolverse. Cando se dean estas circunstancias, a empresa autorizará a asistencia, salvo que existan imperiosas e inescusables razóns de índole productiva ou técnica que obriguen á súa denegación.

Nos supostos en que se autorice, os membros do comité de fábrica deberán xustificar por escrito, ó seu regreso, o tempo empregado en tales actividades baixo pena de perde-lo dereito á retribución das horas empregadas nelas.

3. Medios para o comité: a dirección facilitará os medios necesarios para o correcto funcionamento do comité ou das súas comisións de traballo.

O comité disporá dun local para o desenvolvemento das súas funcións, e de carteis situados en lugares estratéxicos.

4. Asesoramento ó comité: o comité, pola súa conta, poderá utiliza-la asesoría externa que estime oportuna para o desenvolvemento das súas funcións, no interior do centro e en reunións coa dirección, previa e adecuada notificación a esta.

5. Comisións de traballo: se algúns dos seus membros non pertencesen ó comité, o tempo investido por estes compoñentes regularase así:

* En reunións convocadas pola dirección: considerarase tempo de traballo.

* Noutro caso: poderá cualificarse de permiso non retribuído ou imputarse ó tempo sindical.

6. Outras facultades: a asistencia ás reunións dos comités axustarase ás normas establecidas no centro de traballo.

Artigo 57º.-Seccións sindicais.

Recoñecemento: a empresa recoñece a existencia de seccións sindicais, a representación das cales será desempeñada por un delegado, por cada sindicato legalmente constituído que acredite as circunstancias especificadas no convenio colectivo.

O delegado sindical deberá reuni-las condicións de ser traballador en activo no seu centro, e designado de acordo cos estatutos da central ou sindicato ó que pertenza.

Competencias, funcións e responsabilidades: ó delegado sindical recoñeceránselle-las seguintes:

-Desempeña-la representación da respectiva central sindical e servir de órgano de comunicación entre a súa central sindical e a dirección do centro.

-Poderá asistir ás reunións do comité de centro, comité de seguridade e comités paritarios de interpretación, con voz e sen voto, e sempre que tal órgano admita previamente a súa presencia.

-Terá acceso á mesma información e documentación que a empresa debe poñer á disposición do comité de centro, de acordo co regulado a través da lei, estando obrigados a gardar sixilo profesional nas materias nas que legalmente proceda.

-Será oído pola dirección no tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afecten ós traballadores en xeral, e ós afiliados ó sindicato.

-Gozará das mesmas garantías e dereitos que os membros do comité.

-Coa finalidade de facilita-la difusión daqueles avisos que lles puidesen interesar ós respectivos afiliados á central sindical e ós traballadores en xeral, a dirección porá á disposición do sindicato, a representación do cal teña o delegado, un taboleiro de anuncios en lugar onde se garanta, na medida do posible, un adecuado acceso por parte de tódolos traballadores.

Cada sección sindical existente no centro disporá dun local.

-Cota sindical: a requirimento dos traballadores afiliados ás centrais sindicais que desempeñen a representación a que se refire este punto, a empresa descontará na nómina mensual de cada un deles, a cota sindical correspondente.

Para iso será requisito indispensable que cada traballador interesado na realización de tal operación lle remita á dirección un escrito no que se expresarán con claridade os datos seguintes:

-A orde de desconto.

-A central ou sindicato a que pertence.

-A contía da cota que hai que descontar.

-O número da conta corrente ou libreta da caixa de aforros á que deba ser transferida a correspondente cantidade.

Artigo 58º.-Asembleas.

O dereito de reunión e a realización de asembleas rexerase polo establecido no Estatuto dos traballadores.

As asembleas, cun máximo de 4 ó ano, comezarán media hora antes do relevo de quendas e terminarán media hora despois.

Durante a súa realización, garantirase o funcionamento dos servicios ou instalacións de marcha continua e daquelas das cales a parada lles poidan ocasionar prexuízos ás instalacións.

Capítulo VII

Outras disposicións

Artigo 59º.-Aspectos esenciais.

Os principios fundamentais establecidos no presente convenio sobre valoración de tarefas, sistemas de remuneración por incentivos, constitúen aspectos esenciais da vida da empresa, polo que a súa vixencia non quedará supeditada á do convenio colectivo.

Disposicións transitorias

Primera.-A contía que na data 31 de xullo de 2000 viñesen percibindo os traballadores como complemento persoal de antigüidade, extinguido en virtude do disposto no art. 32 do vixente convenio, manterase como garantía ad personam.

Segunda.-As persoas que tiñan previsto cobrar un trienio no ano 2001 cobrarán unha contía equivalente ó valor dese trienio, na data en que lles correspondese, que se consolidará na garantía ad personam.

Terceira.-A contía da garantía ad personam que nesta disposición transitoria se regula, será revisada anualmente na mesma porcentaxe pactada para a revisión das táboas salariais, polo non que non será absorbible nin compensable.

Cuarta.-Ademais, de forma extraordinaria e por unha soa vez, a contía da garantía ad personam incrementarase no ano 2002 no importe que, en cómputo anual, se sinala a continuación, en función do ano de nacemento do traballador, e que quedará consolidada na mencionada garantía.

Ano de nacementoImporte

194478.487

194581.626

194684.891

194788.287

194891.819

194995.491

195099.311

1951103.283

1952107.415

1953111.711

1954116.180

1955120.827

1956125.660

1957130.686

1958135.914

1959141.350

1960147.004

1961152.885

1962159.000

1963159.000

1964159.000

1965159.000

1966159.000

1967159.000

1968159.000

1969159.000

Ano de nacementoImporte

1970159.000

1971159.000

1972159.000

1973159.000

1974159.000

1975159.000

1976159.000

1977159.000

1978159.000

1979159.000

1980159.000

1981159.000

Este incremento extraordinario non será aplicable ó persoal que accedese á xubilación parcial.

ANEXO I

Valoración de postos de traballo

NivelPosto de traballo

1ATS garda

Delineante proxectista

Xefe quenda electrólise

Xefe quenda fundición

2Administración compras materias primas

Administrativo central aprovisionamento

Coordinador electrónico

Delineante B (o. técnica)

Xefe equipo mantemento eléctrico campo

Xefe equipo mantemento mecánico campo

Xefe equipo subestación

Programador ordenador senior

Técnico manutención e obra civil

3Caixeiro

Electricista C a quenda

Xefe comedor e cociña

Xefe equipo control calidade

Xefe equipo efluentes

Xefe equipo fundición

Xefe equipo mantemento eléctrico taller

Xefe equipo mantemento mecánico taller

Xefe equipo mtº mecánico (t. mecánico)

Xefe grupo anexos

Xefe grupo cubas

Mecánico C a quenda

Técnico electrónica

Técnico de espectrografía

Técnico explotación informática

Técnico metalografía

Técnico químico

4Administrativo compras A

Administrativo contabilidade

Administrativo persoal

Analista C

Analista metalografía

Axudante control xestión

Comprador

Delineante eléctrico

Electricista C campo

Electromecánico vehículos

Encargado manutención

Espectrografista C

Factor expediciones

Mecánico A fundición

Mecánico C campo

Medidas electrólisis

Operador ordenador SR

Programación medio ambiente

Programador ordenador júnior

Secretaria subdirección con idioma

Técnico administración programación FU.

NivelPosto de traballo

5Administrativo almacén xeral

Administrativo xestión informática almacén xeral.

Administrativo técnico conservación

Administrativo técnico GEMA

Analista B

Analista polivalente

Cociñeiro

Colador fundición

Delineante A

Electricista C taller

Electricista B campo

Electricista B quenda

Espectrografista B

Xefe equipo anexos

Xefe equipo control calidade

Mecánico C taller

Mecánico B campo

Mecánico B quenda

Medidas electrólise

Mesturador

Polivalente electrólise

Secretaria con idioma

Técnico control e administración fundición

Tornero

6Administrativo expediciones

Administrativo fabricación

Archivero y reprod. planos

Chofer manutención

Efluentes

Efluentes captación

Efluentes medio ambiente

Electricista B taller

Electricista A campo

Inspector calidade

Mecánico B taller

Mecánico A campo

Mecánico A quenda

Medidas captación/m. ambiente

Medidas - guindastre pastas

Operador ordenador JR

Secretaria sen idioma

7Auxiliar cociña

Axudante coador

Cargador pasta

Cociñeiro auxiliar

Chofer turismo

Electricista A taller

Herramentista taller mecánico

Forneiro

Mecánico A taller

Mesturador 2ª pastas

Mostras electrólise

Operario xeral brascaxe

Secretaria suplente

Serrador manutencionador

Telefonista recepcionista

8Analista A

Auxiliar electrólise

Axudante mantemento eléctrico campo

Axudante mantemento mecánico campo

Cargador expedicións

Conductor manutención

Espectrografista A

9Axudante mantemento eléctrico taller

Axudante mantemento mecánico taller

Axudante serrador

Flexador

Limpeza e varios t. pasta

Mozo almacén

Operario carga e descarga

Ordenanza interior

10Limpeza exterior

Limpeza vestiarios

Recadeiro

ANEXO II

Clasificación profesional fábrica da Coruña

NivelEmpregadosObreiros

IIICaixeira

Delineante B (o. técnica)

Delineante proxectista

Xefe comedor e cociña

Xefe grupo anexos

Xefe grupo cubas

Xefe quenda electrólise

Xefe quenda fundición

Programador ordenador SN

Técnico de espectrografía

Técnico químico

Coordinador electrónico

Electricista C a quenda

Xefe de equipo fundición

X. eq. Mtº eléctrico campo

X. eq. Mtº eléctrico taller

X. eq. Mtº mecánico campo

X. eq. Mtº mecánico taller

Mecánico C a quenda

Técnico electrónica

Electricista C campo

Electricista C taller

Mecánico C campo

Mecánico C taller

IVAdministrativo almacén xeral

colador fundición

Administrativo contabilidade

Administrativo expediciones

Administrativo fabricación

Administrativo persoal

Administrativo xestión inform. a.

xeral

Administrativo tco. conserv.

Administrativo tco. GEMA

Analista B

Analista C

Analista metalografía

Analista polivalente

Axudante control xestión

Cociñeiro

Comprador

Delineante A

Delineante eléctrico

Encargado manutención

Espectrografista B

Espectrografista C

Factor expediciones

Operador ordenador

Programación m. ambiente

Programador ordenador JN

Secretaria con idioma

Secretaria sen idioma

Secretaria subdirección con

idioma

Tco. program. e admón. fundición

Chofer manutención

Efluentes

Electricista A campo

Electricista B campo

Electricista B quenda

Electricista B taller

Xefe equipo anexos

Mecánico A campo

Mecánico B campo

Mecánico B taller

Mecánico A quenda

Mecánico B quenda

Medidas electrólise

Medidas guindastre pastas

Medidas m. ambiente

Mezclador 1ª pastas

Polivalente electrólise

Torneiro

VAnalista A

Archiveiro e reprod. planos

Cociñeiro auxiliar

Espectrografista A

Ordenanza interior

Telefonista recepcionista

Axudante aserrador

Auxiliar cocina

Auxiliar electrólise

Axudante coador

Axte. Mtº eléctrico campo

Axte. Mtº eléctrico taller

Axte. Mtº mecánico campo

Axte. Mtº Mecánico taller

Cargador expedicións

Cargador pasta

Conductor manutención

Chófer turismo

Electricista A taller

Flexador

Ferramentista taller mecánico

Forneiro

Inspector control calidade

Xefe equipo control calidade

Limpeza e varios t. pasta

Mecánico A. taller

Mezclador 2ª pastas

Mozo almacén

Mostras electrólise

Operario carga e descarga

Operario xeral brascaxe

Serrador manutenciador

ANEXO III

Faltas e sancións

Artigo 1º

Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa de acordo coa graduación de faltas e sancións que se establecen nos artigos seguintes:

Artigo 2º

Toda falta cometida por un traballador clasificarase atendendo á súa importancia, trascendencia ou malicia, en leve, grave ou moi grave.

Artigo 3º.-Faltas leves.

1. Dunha a tres faltas de puntualidade na asistencia ó traballo, sen a debida xustificación, cometidas durante o período dun mes.

2. Non notificar con carácter previo ou, se é o caso, dentro das vintecatro horas seguintes á falta, a razón da ausencia ó traballo, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo.

3. O abandono do traballo sen causa xustificada, que sexa por breve tempo. Se como consecuencia disto se causase prexuízo dalgunha consideración á empresa ou ós compañeiros de traballo ou fose causa de accidente, esta falta poderá ser considerada como grave ou moi grave, segundo os casos.

4. Pequenos descoidos na conservación do material.

5. Falta de aseo ou limpeza persoal.

6. Non atende-lo público coa corrección e dilixencia debidas.

7. Non lle comunicar á empresa os cambios de residencia ou domicilio.

8. Discutir cos compañeiros dentro da xornada de traballo.

9. Faltar ó traballo un día sen causa xustificada.

Artigo 4º.-Faltas graves.

Cualifícanse como faltas graves as seguintes:

1. Máis de tres faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas durante un período de trinta días.

2. Faltar dun a tres días ó traballo durante un período de trinta días sen causa que o xustifique. Bastará unha soa falta cando tivese que relevar un compañeiro ou cando como consecuencia desta se lle causase prexuízo dalgunha consideración á empresa.

3. Non comunicar coa puntualidade debida os cambios experimentados na familia que poidan afectar á Seguridade Social e, se é o caso, ás prestacións de protección á familia. A falsidade ou omisión maliciosa en canto á achega destes datos considerarase como falta moi grave.

4. Entregarse a xogos, calquera que sexa, dentro da xornada de traballo.

5. A desobediencia ós superiores en calquera materia de traballo, incluída a resistencia e obstrucción a novos métodos de racionalización de traballo ou modernización de maquinaria que pretenda introduci-la empresa, de acordo co disposto no artigo sexto desta ordenanza, así como negarse a cubri-las follas de traballo, control de asistencia, etc. Se implicase quebranto manifesto da disciplina ou dela se derivase prexuízo notorio para a empresa ou compañeiros de traballo, considerarase falta moi grave.

6. Simula-la presencia doutro ó traballo, asinando ou fichando por el.

7. A neglixencia ou desidia no traballo que afecte á boa marcha deste.

8. A imprudencia en acto de servicio. Se implicase risco de accidente para si ou para os seus compañeiros, ou perigo de avarías para as instalacións, poderá ser considerada como falta moi grave. En todo caso, considerarase imprudencia en acto de servicio o non uso das roupas e aparellos de seguridade de carácter obrigatorio.

9. Realizar, sen o oportuno permiso, traballos particulares durante a xornada, así como o emprego para usos propios de ferramentas da empresa.

10. A reiteración ou reincidencia en falta leve (excluída a de puntualidade), aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre e mediando sanción que non sexa a de amoestación verbal.

Artigo 5º.-Faltas moi graves.

Cualifícanse como faltas moi graves as seguintes:

1. Máis de dez faltas non xustificadas de puntualidade cometidas nun período de seis meses ou vinte nun ano.

2. As faltas inxustificadas ó traballo durante tres días consecutivos ou cinco alternos nun mesmo mes.

3. A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou robo, tanto ós seus compañeiros como á empresa ou a calquera persoa, realizado dentro das dependencias desta ou durante acto de servicio en calquera lugar.

4. Os delictos de roubo, estafa ou malversación cometidos fóra da empresa ou calquera outra clase de delicto común que poida implicar para esta desconfianza cara ó seu autor.

5. A simulación de enfermidade ou accidente. Entenderase sempre que existe falta cando un traballador en baixa por un de tales motivos realice traballos de calquera clase por conta propia ou allea. Tamén se comprenderá neste epígrafe toda manipulación feita para prolonga-la baixa por accidente ou enfermidade.

6. A continuada e habitual falta de aseo e limpeza de tal índole que produza queixas xustificadas dos seus compañeiros de traballo.

7. A embriaguez durante o traballo.

8. Viola-lo segredo da correspondencia ou de documentos reservados da empresa.

9. Revelar a elementos estraños datos de reserva obrigatoria.

10. Dedicarse a actividades que a empresa declarase incompatibles ou que impliquen competencia cara a esta.

11. Os malos tratos de palabra ou obra ou falta grave de respecto e consideración ós xefes ou ós seus familiares, así como ós compañeiros e subordinados.

12. Causar accidentes graves por neglixencia ou imprudencia inescusable.

13. Abandona-lo traballo en postos de responsabilidade.

14. A diminución non xustificada no rendemento do traballo.

15. Orixinar rifas e liortas cos seus compañeiros de traballo.

16. As derivadas do previsto nos números 3, 5 e 8 do artigo 4.

17. A reincidencia en faltas graves, aínda que sexan de distinta natureza, sempre que se cometan dentro dun trimestre e fosen sancionadas.

Artigo 6º

Non se considerará inxustificada a falta ó traballo que derive da detención do traballador se este, posteriormente, é absolto dos cargos que se lle imputasen.

Artigo 7º.-Sancións.

As sancións máximas que se lles poderán impor ós que incorran en faltas serán as seguintes:

a) Por faltas leves:

Amoestación verbal.

Amoestación escrita.

b) Por faltas graves:

Traslado de posto dentro da mesma fábrica.

Suspensión de emprego e soldo de dous a vinte días.

c) Por faltas moi graves:

Suspensión de emprego e soldo de vintecatro a sesenta días.

Inhabilitación por un período non superior a cinco anos para ascender de categoría.

Traslado forzoso a outra localidade sen dereito a indemnización.

Despedimento.

Artigo 8º.-Prescrición.

A facultade da empresa para sancionar prescribirá para as faltas leves ós dez días, para as faltas graves ós vinte días e para as moi graves ós sesenta días, a partir da data en que aquela tivo coñecemento da súa comisión, e en calquera caso ós seis meses de se cometeren.

Artigo 9º.-Graduación de faltas.

Para os efectos de graduación de faltas, non se terán en conta aquelas que se cometesen con anterioridade de acordo cos seguintes prazos:

Faltas leves: tres meses.

Faltas graves: seis meses.

Faltas moi graves: un ano.

ANEXO IV

Táboas salariais

Táboas salariais ano 1999.

Incremento: 2,9%S/1998.

NivelSalario baseValor

trienio

Prima

de quenda

Doming.

e fest.

Prima

de sab.

Prima

producc.

Prima

nocturn.

Prima

vacac.

Xornada

fracc.

NO11NO12NO18NO19NO20NO21NO22NO26NO48

03.281.619 105.012 84.950 242.371 157.209 577.661 171.871 144.263 78.431

13.070.075 98.243 83.592 238.741 154.617 540.424 168.640 144.263 75.109

22.893.034 92.577 81.551 234.802 151.823 509.259 165.915 144.263 71.783

32.740.003 87.679 79.562 230.552 148.911 482.322 162.960 144.263 68.461

42.607.972 83.455 77.623 225.940 145.842 459.078 159.783 144.263 64.472

52.477.444 79.276 75.128 221.065 142.612 436.104 156.981 144.263 61.152

62.378.424 76.108 72.728 215.880 139.262 418.673 153.910 144.263 58.492

72.304.906 73.757 70.405 210.333 135.711 405.732 150.582 144.263 55.833

82.252.397 72.078 68.161 204.524 132.042 396.488 147.006 144.263 53.837

92.208.886 70.683 65.979 198.354 128.213 388.830 143.183 144.263 51.180

102.169.879 69.437 63.871 191.928 124.227 381.964 139.115 144.263 49.185

Deveng.

Nº pagas

141414

Nº días425425238393023879242

11-7-2000

Táboas salariais ano 1999.

Incremento: 2,9S/1998.

NivelMensual ou diarioSalario baseValor

trienio

Prima

de quenda

Doming.

e fest.

Prima

de sáb.

Prima

producc.

Prima

noctur.

Prima

vacac.

Xornada

fracc.

NO11NO12NO18NO19NO20NO21NO22NO26NO48

0Mensual234.4017.501 10.305
0Diario7.721 247 3576.215 5.240 2.427 2.176324

1Mensual219.291 7.017 10.305
1Diario7.224 231 351 6.122 5.154 2.271 2.135 310

2Mensual206.6456.613 10.305
2Diario6.807 218 343 6.021 5.061 2.140 2.100 297

3Mensual195.715 6.263 10.305
3Diario6.447 206 334 5.912 4.964 2.027 2.063 283

4Mensual186.284 5.961 10.305
4Diario6.136 196 326 5.793 4.861 1.929 2.023 266

5Mensual176.960 5.663 10.305
5Diario5.829 187 316 5.668 4.754 1.832 1.987 253

6Mensual169.887 5.436 10.305
6Diario5.596 179 306 5.535 4.642 1.759 1.948 242

7Mensual164.636 5.268 10.305
7Diario5.423 174 296 5.393 4.524 1.705 1.906 231

8Mensual160.886 5.148 10.305
8Diario5.300 170 286 5.244 4.401 1.666 1.861 222

9Mensual157.778 5.049 10.305
9Diario5.197 166 277 5.086 4.274 1.634 1.812 211

10Mensual154.991 4.960 10.305
10Diario5.106 163 268 4.921 4.141 1.605 1.761 203

11-7-2000

Táboas salariais ano 2000.

Incremento: 2%S/1999.

NivelSalario baseValor

trienio

Prima

de quenda

Doming.

e fest.

Prima

de sáb.

Prima

competi.

Prima

nocturn.

Prima

vacac.

Xornada

fracc.

NO11NO12NO18NO19NO20NO22NO26NO48

03.347.251 107.11286.649247.218160.353654.682175.308147.14880.000

13.131.477100.20885.264243.516157.709612.481172.013147.14876.611

22.950.89594.42983.182239.498154.859577.160169.233147.14873.219

32.794.80389.43381.153235.163151.889546.632166.219147.14869.830

42.660.13185.12479.175230.459148.759520.288162.979147.14865.761

52.526.99380.86276.631225.486145.464494.251160.121147.14862.375

62.425.99277.63074.183220.198142.047474.496156.988147.14859.662

72.351.00475.23271.813214.540138.425459.830153.594147.14856.950

82.297.44573.52069.524208.614134.683449.353149.946147.14854.914

92.253.06472.09767.299202.321130.777440.674146.047147.14852.204

102.213.27770.82665.148195.767126.712432.893141.897147.14850.169

Deveng.

Nº pagas

141414

Nº días425425237393023779241

11-7-2000

Táboas salariais ano 2000.

Incremento: 2%S/1999.

NivelMensual ou diarioSalario baseValor

trienio

Prima

de quenda

Doming.

e fest.

Prima

de sáb.

Prima

producc.

Prima

noctur.

Prima

vacac.

Xornada

fracc.

NO11N012N018N019N020N021N022N026N048

0Mensual239.0897.651 10.511
0Diario7.876 252 3666.339 5.345 2.762 2.219332

1Mensual223.677 7.158 10.551
1Diario7.368 236 360 6.244 5.257 2.584 2.177 318

2Mensual210.7786.745 10.551
2Diario6.943 222 351 6.141 5.162 2.435 2.142 304

3Mensual199.629 6.388 10.551
3Diario6.576 210 342 6.030 5.063 2.306 2.104 290

4Mensual190.009 6.080 10.551
4Diario6.259 200 334 5.909 4.959 2.195 2.063 273

5Mensual180.500 5.776 10.551
5Diario5.946 190 323 5.782 4.849 2.085 2.027 259

6Mensual173.285 5.545 10.551
6Diario5.708 183 313 5.646 4.735 2.002 1.987 248

7Mensual167.929 5.374 10.551
7Diario5.523 177 303 5.501 4.614 1.940 1.944 236

8Mensual164.103 5.251 10.551
8Diario5.406 173 293 5.349 4.489 1.896 1.898 228

9Mensual160.933 5.150 10.551
9Diario5.301 170 284 5.188 4.359 1.859 1.849 217

10Mensual158.091 5.059 10.551
10Diario5.208 167 275 5.020 4.224 1.827 1.796 208

11-7-2000

ANEXO V

Regulamento do fondo de axuda.

1. Obxecto do fondo.

Dispor duns medios económicos que permitan complementa-las prestacións legais da S. Social e/ou da empresa nos casos en que o traballador se encontre en situación de IT por enfermidade.

2. Beneficiarios.

2.1. Tódolos traballadores do cadro de persoal de Alcoa Inespal, incluídos no presente convenio colectivo.

2.2. Causarán baixa como beneficiarios os traballadores que por calquera causa deixen de traballar nesta fábrica, cesando no cadro de persoal.

2.3. Os que se encontren prestando o servicio militar ou en excedencia voluntaria superior a un mes, causarán baixa temporal ata o seu reingreso.

3. Contribucións.

Este fondo nutrirase da contribución dos traballadores incluídos no convenio colectivo e da contribución da empresa na mesma cantidade cós traballadores.

4. Dereitos dos beneficiarios.

O beneficiario en situación de incapacidade temporal a causa de enfermidade poderá percibir unha cantidade equivalente á diferencia entre a súa remuneración teórica mensual, excluídas horas extras, e o que recibise como prestacións legais da S. Social e/ou da empresa no mesmo período.

Cando a prestación da S. Social sexa superior ó 100% da súa remuneración teórica mensual excluídas horas extras, o beneficiario percibirá unicamente este 100%, cedendo o exceso ó fondo común.

5. Requisitos.

Unicamente estarán amparadas por este fondo as baixas por IT a causa de enfermidade expedidas oficialmente polos médicos da S. Social.

6. Tramitación.

A simple presentación na oficina de persoal do parte de baixa oficial do médico da S. Social actuará como solicitude das prestacións económicas do fondo, sen que o traballador teña ningún dereito a elas ata que a comisión paritaria de control, analizado o seu caso, tome o pertinente acordo.

7. Obrigas dos beneficiarios.

7.1. Proporcionar cantos datos e informes lle sexan solicitados pola comisión de control ou polo médico de empresa.

7.2. Informa-lo médico de empresa da evolución da súa enfermidade así como visitalo se o seu estado de saúde llo permite ou fose requirido para pasar recoñecemento.

7.3. Aboa-la contribución económica que en cada momento se pacte entre a dirección e o comité de empresa.

7.4. Acatar este regulamento e os acordos validamente adoptados pola comisión paritaria de control.

7.5. Informa-la comisión paritaria de control das irregularidades que observase na autenticidade da baixa e comportamento de quen solicitase axuda.

7.6. Levarlle persoalmente cada semana o parte de confirmación ó médico de empresa nas horas en que este facultativo está presente.

8. Órgano directivo.

O órgano colexiado de administración e goberno do fondo é comisión paritaria de control.

8.1. Composición.

A comisión paritaria de control estará integrada por tres membros do comité de empresa e tres representantes da dirección.

8.2. Reunións.

A comisión paritaria de control reunirase unha vez ó mes; en principio o día laborable anterior ó peche mensual da nómina.

8.3. Constitución, acordos e actas.

A comisión paritaria de control considerarase validamente constituída cando concorran á reunión dous tercios dos seus membros.

Para a adopción de acordos válidos requirirase o voto favorable da metade máis un dos membros asistentes. En caso de empate repetirase a votación e de persistir este:

-Se a falta de acordo está:

* Na concesión ou non dunha prestación: suspenderase cautelarmente esta ata obter máis datos.

* Na imposición dunha sanción: posporase cautelarmente ata obter máis información.

Dos acordos adoptados e dos asuntos tratados na reunión levantará acta un representante da dirección que fará de secretario. A acta, unha vez aprobada definitivamente a súa redacción na seguinte reunión, será asinada polos membros da comisión, e farase pública se se estimase oportuno.

8.4. Facultades.

Serán facultades da comisión paritaria de control:

a) En xeral outorgar ou denegar prestacións económicas complementarias das da S. Social e/ou da empresa nos casos de IT a causa de enfermidade.

b) En concreto, a comisión poderá, logo de asesoramente do médico de empresa, recomenda-la reincorporación ó traballo dun beneficiario en situación de IT por enfermidade, se estima que a súa doenza é compatible co desempeño do seu posto de traballo.

Se o interesado non aceptase a reincorporación, a comisión podrá denegarlle-la prestación económica por ese único feito.

c) Envia-lo traballador de baixa a un especialista, con cargo ó fondo, solicitando un diagnóstico de confirmación da súa enfermidade.

d) As súas decisións, adoptadas por maioría, terán o carácter de definitivas, e ante elas non caberá recurso.

e) Poderalles impor sancións ós beneficiarios que por acción ou comisión cometan as infraccións seguintes:

a) Simular supostas enfermidades e accidentes ou alonga-lo proceso utilizando medios distintos dos prescritos polos médicos da S.S., ou médico de empresa.

b) Falsea-las declaracións que se formulen ou presentar datos inexactos.

c) Estar fóra do seu domicilio antes das dez da mañá ou despois das nove da noite, a non ser por visita ó médico que poida ser comprobada, ou por autorización do médico de empresa.

d) Asistir a espectáculos, permanecer en bares e cafés ou calquera establecemento público e prac

ticar deportes, sen autorización do médico de empresa.

e) Traballar por conta propia ou allea.

f) As sancións que a comisión poderá impor serán as seguintes:

1. Apercibimento privado consistente en comunicación verbal ou escrita.

2. Apercibimento público. O grao de publicidade que procede será determinado pola comisión mesma.

3. Perda total ou parcial das prestacións económicas.

4. Devolución das cantidades percibidas indebidamente cando a súa concesión sexa motivada por falsidade ou simulación.

ANEXO VI

Prima de competitividade

Acta complementaria

Establecemento prima de competitividade.

Debatido ampliamente o sistema presentado e aclaradas as dúbidas que existían, acórdase:

1. Aceptar, con efectividade do 1 de xaneiro de 2000, o sistema proposto de prima de competitividade na súa integridade.

2. Para efectos de aplicación, os indicadores para o ano 2000 son os que se indican ó final deste texto.

3. Os citados indicadores, que deberán cubrir:

* Seguridade, cun peso do 20%.

* Económicos, cun peso do 30%.

* Técnicos, cun peso do 15%.

* Calidade, cun peso do 20%.

* Persoal, cun peso do 15%.

Estarán baseados nos seguintes principios:

a) Que sexan aqueles en que os empregados poden ter influencia.

b) Que sexan transparentes, claramente identificables e medibles.

c) Que se refiran a obxectivos alcanzables.

4. Tanto os indicadores como os pesos específicos poden variar cada ano en función dos obxectivos da planta e serán consensuados coa representación do persoal.

5. Os obxectivos para cada parámetro graduaranse da seguinte forma:

* Obxectivo mínimo.

* Obxectivo 100.

* Obxectivo máximo.

Os valores para cada un dos obxectivos serán:

* Obxectivo mínimo: 90% do valor 100.

* Obxectivo 100: 100% do valor da prima.

* Obxectivo máximo: 125% do valor 100.

En caso de que non se acadaran os rendementos fixados para o obxectivo mínimo, queda garantido o pagamento da prima de competitividade no seu valor 90%.

6. A prima de competitividade, cun pagamento que terá carácter de anual, aboarase no mes de febreiro unha vez coñecidos os resultados definitivos do ano.

Mensualmente pagarase unha cantidade a conta equivalente ó valor 90% dividido por doce.