Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 26 de setembro de 2000 Páx. 13.384

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta levantada pola comisión paritaria do convenio colectivo provincial do sector de torradeiros de café e sucedáneos da provincia de Ourense.

Visto o texto da acta levantada pola comisión paritaria do convenio colectivo provincial do sector de torradeiros de café e sucedáneos de Ourense (código

convenio nº 3200795), co fin de emenda-lo erro detectado no seu texto, con entrada nesta delegación provincial do día 21-7-2000, subscrita polos integrantes da comisión paritaria o día 18-7-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 9 de agosto de 2000.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

A comisión paritaria do convenio colectivo do sector de torradeiros de café e sucedáneos da provincia de Ourense di que, sendo as 12 horas do día 18 de xullo de 2000, se reúnen a parte empresarial e a parte social do convenio colectivo do sector de torradeiros de café e sucedáneos da provincia de Ourense para o ano 2000, n0 local da Confederación Empresarial de Ourense, sito na rúa Modesto Fernández, 4, co fin de corrixi-las anomalías detectadas no texto do convenio colectivo segundo notificación recibida desta delegación, do 12 de xullo de 2000, procedemento: XI 804B inscrición e depósito de convenios colectivos de ámbito provincial, na que se comunica que o texto do convenio colectivo non fai referencia ás partes asinantes deste.

Nesta reunión, a comisión paritaria decidiu, para emenda-lo erro atopado, incorporar ó covenio colectivo do sector de torradeiros de café e sucedáneos da provincia de Ourense para o ano 2000, unha disposición adicional co seguinte contido:

«Este convenio é asinado polas centrais sindicais CC.OO., UGT, en representación da parte social, e pola Confederación Empresarial de Ourense, en representación da parte empresarial».

Xúntaselle copia a este escrito do convenio corrixido para os efectos oportunos.

Polo exposto, solicita que, tendo por presentado este escrito, e en atención ó que nel se referencia, se proceda a dar por corrixido o defecto atopado

no convenio colectivo do sector de torradeiros de café e sucedáneos da provincia de Ourense para o ano 2000.

En Ourense, 18 de xullo de 2000.