Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 26 de setembro de 2000 Páx. 13.376

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Casino del Atlántico, S.A. (código de convenio 1502642).

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Casino del Atlántico, S.A. (código convenio número 1502642), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-7-2000, posteriormente modificado con data do 3-8-2000, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo comité de empresa o día 11-7-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 4 de agosto de 2000.

P.S. (Decreto 161/2000, do 29 de xuño)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Coruña

Convenio colectivo de Casino del Atlántico, S.A.

Ano 2000-2001

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

Este convenio será de aplicación na empresa Casino del Atlántico, S.A. con domicilio social nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.

Artigo 2º.-Ámbito funcional.

Canto polo presente convenio se estipula, afecta a tódalas actividades que existen na actualidade ou a aquelas que puideran existir nun futuro na empresa Casino del Atlántico, S.A., e que constitúen o seu obxecto social.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Este convenio ampara e aplícase a tódolos traballadores, calquera que sexa a súa categoría e modalidade de contrato, que presten os seus servicios na empresa Casino del Atlántico, S.A., sen máis excepción que o persoal de dirección: director xerente, director do casino e subdirector do casino e o persoal pertencente a empresas concesionarias de servicios que teñan asinado contrato civil con Casino del Atlántico, S.A.

Artigo 4º.-Vixencia.

A duración deste convenio será a seguinte: do 1 de xaneiro do ano 2000 ó 31 de decembro do ano 2001.

Para o ano 2000 establécense os salarios presentados no anexo 1 (incremento dun 4% sobre os salarios anteriores, excepto aquelas categorías que polo seu salario foran sometidas a algún tipo de subida o presente ano, complementarase a subida efectuada ata o 4%), para o ano 2001 establécese un aumento do IPC máis un punto para este ano.

Artigo 5º.-Prórroga ou denuncia.

O convenio colectivo quedará prorrogado tacitamente ó seu vencemento por períodos sucesivos dunha anualidade, a non ser que o denuncie para a súa revisión cun mínimo dun mes antes do seu vencemento, ou dalgunha das súas prórrogas, calquera das partes.

Esta denuncia notificarase por escrito á outra parte, estando obrigada a parte denunciante a enviar copia da denuncia á Consellería de Xustiza, Inrerior e Relacións Laborais para efectos de rexistro.

Artigo 6º.-Compensación, absorción e garantías.

As condicións pactadas neste e en futuros convenios forman un todo orgánico, indivisible e para efectos da súa aplicación práctica, serán conside

radas globalmente, sen ningún tipo de distinción por tratarse dun grupo profesional determinado.

As melloras establecidas por este convenio serán absorbibles ou compensadas coas melloras que de calquera clase, forma ou denominación teña establecidas ou concedidas a empresa con carácter voluntario en calquera momento.

Tendo en conta a natureza do convenio, as disposicións legais futuras que impliquen variación económica en todos ou algún dos conceptos retributivos, unicamente terán eficacia práctica se, globalmente consideradas, superan o nivel destes. En caso contrario, consideraranse absorbidos polas melloras pactadas neste convenio.

En calquera caso, respectaranse as situacións persoais que con carácter global excedan do convenio, manténdose estrictamente ad personam. Para estas situacións aplicaranse os incrementos nos seus salarios que se pacten neste ou posteriores convenios colectivos coa mesma porcentaxe que para o resto do persoal.

Artigo 7º.-Comisión paritaria.

A comisión será un órgano de interpretación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do pactado neste convenio. As súas funcións serán:

1. Interpretación auténtica do convenio.

2. Arbitraxe dos problemas ou cuestións que lle sexan sometidas por ambas partes, de común acordo en asuntos derivados deste convenio.

3. Conciliación facultativa nos problemas colectivos, con independencia das atribucións que por norma legal poidan corresponder ós organismos competentes.

4. Vixilancia do cumprimento do pactado.

5. Seguimento dos préstamos ó persoal.

Os acordos ou resolucións adoptados por maioría de cada unha das partes da comisión paritaria terán carácter vinculante.

A comisión compoñerase de seis vocais, tres por cada parte, de entre os que se elixirá un secretario, o cal levantará acta dos acordos e resolucións que adopte a comisión, que deberán ser asinados polos señores que interveñan.

Poderán nomearse asesores por cada representación, aínda que estes terán dereito a voz, pero non a voto.

A comisión en primeira convocatoria non poderá actuar sen a presencia de tódolos vocais e, en segunda, ó día seguinte hábil, actuará cos que asistan, tendo voto unicamente en número paritario os vocais presentes, sexan titulares ou suplentes.

A comisión paritaria reunirase por instancia de calquera das partes, poñéndose de acordo estas sobre o día e a hora de reunión, convindo ambas partes en dar coñecemento á comisión paritaria de cantas dúbidas, discrepancias e conflictos puideran pro

ducirse, como consecuencia da interpretación e aplicación do convenio.

Artigo 8º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico indivisible, manifestando formalmente ambas partes que as súas respectivas vinculacións ó convido teñen o carácter de compromiso para a totalidade das cláusulas pactadas.

No suposto que a autoridade laboral ou administrativa competente declare nulo algún dos seus artigos, quedan este e os artigos concordantes sen eficacia práctica, debendo as partes volver a reunirse para darlle novo contido.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 9º.-Organización do traballo.

A organización do traballo é competencia e responsabilidade da dirección, á que corresponden tódalas facultades recoñecidas no ordenamento xurídico vixente.

Artigo 10º.-Xornada de traballo anual.

Durante a vixencia do presente convenio, as horas de traballo efectivo serán de mil oitocentas vinteseis horas (1.826 h).

Artigo 11º.-Horarios.

1. Distinguirase entre os horarios de traballo dos empregados e os horarios de peche e apertura do casino, sendo estes últimos os que en cada momento determine a dirección da empresa, dentro dos autorizados pola autoridade competente.

2. Os horarios dos empregados estarán suxeitos á duración da xornada pactada neste convenio, 1.826 horas anuais de traballo efectivo, cunha distribución de 40 horas semanais de media.

Artigo 12º.-Descanso semanal.

1. Todo traballador que realice a xornada de 40 horas de traballo efectivo, desfrutará de dous días de descanso ininterrompido; non obstante, poderá pactarse entre a empresa e os traballadores calquera sistema de xornada e descansos que permita a lexislación vixente, de acordo coa reducción da xornada semanal ou compensación de descansos, ben sexan estes en cómputo mensual, trimestral ou anual.

Para estes efectos consideraranse aprobados os sistemas de traballo actualmente en vigor.

2. Os empregados poderán cambiar sempre as quendas de descanso e de horario, logo da aprobación pola dirección da empresa, solicitándoo cun mínimo de tres días de antelación e baixo as seguintes condicións:

a) Os cambios efectuaranse sempre dentro da mesma categoría profesional.

b) Será obrigatorio o descanso dun dos días libres.

c) Só se poderán cambiar catro días no mes, salvo a excepción recollida no punto seguinte.

d) Dada a peculiaridade dos sistemas de descanso e vacacións, debido á actividade da empresa, e co fin de favorece-las relacións sociais e familiares dos empregados, poderanse cambia-los días de traballo existentes entre unha quenda de descanso e a seguinte dous días ó ano logo da aprobación da dirección.

e) Todos estes cambios efectuaranse por escrito nos impresos dispostos para tal fin e serán aprobados pola dirección da empresa.

f) Calquera excepción a estas normas deberá ser estudiada e aprobada pola dirección da empresa.

Artigo 13º.-Vacacións.

Dadas as especiais características que concorren na actividade desenvolta polo casino, as vacacións dos traballadores afectados estructuraranse da seguinte forma:

Terán dereito a trinta días naturais de vacacións.

O persoal que polo seu traballo teña que traballar festivos terá dereito ó desfrute de catorce días naturais en compensación dos festivos traballados. Este período desfrutarase do seguinte xeito: trece días desfrutaranse ininterrompidamente (salvo pacto contrario). O día que queda desfrutarao todo o persoal o día 24 de decembro, salvo o persoal de máquinas de azar que traballe en xornada de mañá este día, que poderá engadilo ó período de trece días (que se aplicará a partir do ano 2001).

Para o desfrute das vacacións deste persoal terase en conta o seguinte:

1. Os trinta días naturais de vacacións desfrutaranse ininterrompidamente (salvo pacto contrario).

2. Os empregados poderán cambia-la quenda de vacacións, logo da aprobación pola dirección da empresa e sempre que non cause prexuízo no funcionamento dos horarios.

Para a observancia do disposto neste punto, a dirección da empresa e o comité de empresa elaborará un calendario de vacacións e festivos, de mutuo acordo, que deberá estar confeccionado antes do 1 de novembro do ano anterior a aquel no que deban desfrutarse as vacacións. A empresa poderá excluír do período de vacacións aquel que coincida co de maior actividade no casino.

Artigo 14º.-Licencias retribuídas.

Todo traballador afectado por este convenio terá dereito a permisos retribuídos polos días naturais e motivos que se establecen a continuación, sempre que estes últimos se xustifiquen:

-Matrimonio do traballador: 15 días.

-Nacemento dun fillo: 3 días.

-Defunción, enfermidade grave ou intervención cirúrxica grave de parentes ata o segundo grao: 3 días. Cando, por este motivo, o traballador necesite

facer algún desprazamento, o permiso será de catro días.

-Polo tempo indispensable para concorrencia a exames, (enténdese por exame o tempo imprescindible para a realización do exercicio).

-Un día por traslado de domicilio habitual.

-Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber de carácter público e persoal.

Artigo 15º.-Licencias non retribuídas e excedencia.

Todo traballador do casino ten dereito a desfrutar dunha licencia non retribuída dun mes, sempre que se solicite con antelación mínima de dez días, excepto casos de urxencia, sen prexuízo da súa xustificación, salvo que as baixas por enfermidade ou accidente sexan superior ó 5% do persoal da sala de xogos ou que cause prexuízo grave á empresa, para a apertura das mesas necesarias para o xogo, a non ser que a dirección da empresa estime non considerar este aspecto.

En calquera caso, non se concederá licencia a máis dunha persoa ó mesmo tempo.

O traballador con polo menos un ano de antigüidade na empresa ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria, por un prazo non menor dun ano e non maior de cinco anos. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador, se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

Excedencia especial por embarazo: prevese a posibilidade, para aquelas persoas que así o soliciten, dunha excedencia especial non retribuída de ata tres meses durante a maternidade. A dita licencia só se poderá solicitar se o seu desfrute se realiza con antelación ó parto, engadindo este período ó establecido no artigo 35º. O seu obxectivo é a posibilidade para aquelas persoas que o desexen de desfrutar de maior período de descanso na fase previa ó parto.

Tódolos traballadores do casino teñen dereito a dous días ó longo do ano para asistir a vodas, bautizos e comuñóns de parentes ata o segundo grao. Estes días consideraranse como licencias non retribuídas e deben solicitarse á dirección do casino con polo menos 1 mes de antelación.

Artigo 16º.-Ingreso.

O ingreso do persoal efectuarase a través de contrato escrito en calquera das modalidades previstas no Estatuto dos traballadores e demais normas específicas promulgadas para o efecto. O contrato de traballo deberá estar visado pola oficina de emprego.

Os aspirantes someteranse ás probas ou exames que acorde a dirección do casino, que poderán ser de carácter práctico, cultural, técnico ou psíco-profesional, segundo a categoría coa que se contrate ó empregado ou o posto de traballo que vaia desempeñar.

A dirección do casino informará o comité de empresa das contratacións que se produzan, exceptuando as do persoal directivo, e igualmente facilitará ó contratado copia do seu contrato de traballo.

Artigo 17º.-Período de proba.

Para o persoal de novo ingreso na empresa, establécese como período mínimo de proba doce meses.

Durante o período de proba calquera das partes poderá desistir en calquera momento desta, sen máis requisito que a comunicación á outra.

A situación de incapacidade laboral transitoria que afecte ó traballador durante o período de proba interrompe o cómputo deste.

Artigo 18º.-Aviso previo de cesamento.

O traballador que desexe rescindi-lo seu contrato coa empresa deberá notificarllo á dirección cun mínimo de quince días de antelación. O incumprimento por parte do traballador desta obriga dará lugar a que a empresa lle desconte da liquidación o importe da retribución correspondente a cada día de atraso no aviso.

Igualmente, se a empresa incumprise a obriga de aviso previo de quince días de antelación, o traballador terá dereito a percibir na súa liquidación unha compensación económica equivalente á retribución correspondente a cada día de atraso.

Artigo 19º.-Promocións e ascensos.

As vacantes que se produzan no cadro de persoal da empresa cubriranse sempre que sexa posible, con traballadores de categorías inferiores.

A promoción dentro dunha categoría e, en todo caso, o ascenso a unha categoría superior, terá lugar como resultado das valoracións realizadas pola dirección, atendendo a factores que reflictan cuantitativamente os aspectos técnicos, sentido da responsabilidade, trato co cliente e comportamento en xeral, asistencia ó traballo, puntualidade, nivel de formación, etc.

A valoración será comentada en entrevista privada co interesado, co fin de que poida coñece-lo criterio seguido e a valoración alcanzada.

Artigo 20º.-Mobilidade funcional.

A mobilidade funcional dentro de cada grupo profesional será total, co fin de lle dar oportunidade a todo o persoal para a práctica de funcións superiores e permiti-las substitucións nos casos de necesidade, dotando desta forma á estructura da empresa dunha constante flexibilidade para satisface-la debida atención e servicio ó público, e a promoción integral do persoal propio, todo iso sen prexuízo dos dereitos económicos e profesionais dos traballadores.

Artigo 21º.-Traballos de categoría superior.

O traballador que realice funcións de categoría superior ás que corresponden á categoría que tivese recoñecida someterase ó disposto no Estatuto dos traballadores para o efecto.

Artigo 22º.-Traballos de categoría inferior.

Se por necesidades perentorias ou imprevisibles da actividade productiva a empresa precisara destinar un traballador a tarefas correspondentes a categoría inferior á súa, só poderá facelo polo tempo imprescindible, manténdolle a retribución e demais dereitos derivados da súa categoría profesional.

Capítulo III

Réxime disciplinario

Artigo 23º.-Clases de faltas.

As faltas cometidas polos traballadores da empresa clasificaranse atendendo á súa importancia, reincidencia e intención, en leves, graves e moi graves, de conformidade co que se dispón nos artigos seguintes.

Artigo 24º.-Faltas leves.

Consideraranse faltas leves as seguintes:

-Ata tres faltas de puntualidade durante un mes, sen que exista causa xustificada e ata un máximo de 40 minutos de atraso total nun mes.

-A non comunicación con antelación debida da súa falta ó posto de traballo, por causa xustificada, a non ser que se probe a imposibilidade de efectualo.

-Falta de aseo e limpeza persoal, sempre que se produzan queixas por parte dos seus compañeiros, da dirección e/ou do público.

Artigo 25º.-Faltas graves.

Terán a consideración de faltas graves as seguintes:

-Máis de tres e menos de sete faltas de puntualidade no transcurso dun mes e sen causa xustificada.

-As discusións na sala, que repercutan na marcha do servicio.

-Faltar ó traballo un día ó mes sen que exista causa xustificada, salvo que avise antes e non ocasione prexuízo grave á empresa.

-A simulación de enfermidade ou accidente.

-Cambiar, mirar e remexer armarios e roupas dos seus compañeiros, sen a debida autorización.

-O abandono do traballo sen causa xustificada. Se ocasiona prexuízo grave á empresa, cualificarase de moi grave.

-A neglixencia no traballo.

-Non atende-lo público coa corrección e dilixencia debidas.

-A reincidencia en máis de tres faltas leves, dentro dun trimestre, cando estas foran sancionadas.

Artigo 26º.-Faltas moi graves.

-Máis de sete faltas de puntualidade nun mes, sen que exista causa xustificada.

-A embriaguez e consumo de drogas, aínda que sexa ocasional, durante o servicio.

-Faltar tres días ó traballo durante un mes, sen que exista causa xustificada.

-A manifesta neglixencia no traballo, cando cause prexuízo grave á empresa.

-A fraude, a deslealdade e o abuso de confianza nas xestións encomendadas polos seus superiores.

-O furto e o roubo, tanto ó público como ós demais traballadores, ou á empresa, dentro da sala ou fóra dela, durante o acto de servicio. Queda incluído neste punto o falsear datos, tanto durante o desenvolvemento das partidas como ó finalizaren estas, se tales falsidades teñen como finalidade maliciosa conseguir algún beneficio.

-A simulación reiterada de enfermidade.

-Inutilizar, estragar ou causar danos en máquinas, instalacións, aparellos, utensilios, edificios ou departamentos da empresa, sempre que se cometan maliciosamente.

-O incumprimento dos regulamentos de xogos vixentes en cada momento.

-Revelar a elementos estraños ó casino datos de reserva obrigada, referidos ó propio casino ou ós seus clientes.

-Malos tratos de palabra ou obra e falta de respecto grave co público e de consideración cos compañeiros de traballo, superiores ou subordinados, sempre que se constaten.

-A reincidencia en falta grave, dentro dun trimestre, sempre que fose obxecto de sanción.

-Revelar ou comentar fóra do casino datos de clientes e perdas ou ganancias no xogo.

-Establecer relacións persoais íntimas cos clientes do casino.

-A indisciplina no traballo ou a desobediencia ós seus superiores.

Artigo 27º.-Sancións.

As sancións que a empresa pode aplicar, segundo a gravidade e circunstancia dos feitos cometidos, oído o comité, serán as seguintes:

Faltas leves:

-Amoestación verbal.

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo dun a sete días.

Faltas graves:

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo de sete a trinta días.

Faltas moi graves:

-Despedimento.

Nas faltas graves e moi graves, se o sancionado é membro do comité de empresa, observarase o disposto no artigo 68 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 28º.-Abuso de autoridade por superiores.

Todo traballador poderá dar conta por escrito, a través do comité de empresa, dos actos que supoñen o abuso de autoridade dos seus xefes inmediatos e/ou de calquera anomalía cometida por estes. Recibido o escrito, a dirección abrirá o oportuno expediente no prazo de cinco días, e resolverá o que proceda no prazo de dez días, contados a partir da presentación do escrito de denuncia.

En caso contrario, o comité de empresa ou o propio interesado poderán formula-las pertinentes denuncias ante a Inspección de Traballo, e ou a Comisión Nacional do Xogo en Galicia.

Artigo 29º.-Comité de empresa.

O comité de empresa regulamentarase polo establecido no artigo 64 do Estatuto dos traballadores.

Capítulo IV

Condicións económicas

Artigo 30º.-Retribucións.

Os salarios do persoal afectado polo presente convenio son os establecidos no anexo I deste. A empresa comprométese a presenta-la orde de ingreso bancaria no derradeiro día hábil do mes.

Artigo 31º.-Gratificacións extraordinarias.

Os traballadores que se rexan por este convenio teñen dereito a dúas gratificacións extraordinarias: xullo e Nadal.

Cada unha destas dúas pagas aboarase a razón do salario base e, se é o caso, antigüidade, consistindo o seu importe nunha mensualidade.

Respecto ó aboamento destas gratificacións, a empresa comprométese a realiza-la transferencia bancaria destas os días 15 de xullo e 15 de decembro.

Artigo 32º.-Antigüidade.

Procédese á conxelación do complemento de antigüidade para todo o persoal con data de aplicación desde a sinatura do convenio.

Para aqueles empregados que nesta data cobren algunha cantidade por tal concepto consolídaselle-lo dito pagamento para tódolos efectos. Reflectirase no recibo de nómina a cantidade como antigüidade consolidada e aparecerá inalterable no futuro. Este concepto en ningún caso será obxecto nin de incremento nin diminución na súa contía.

Con motivo de compensar esta conxelación establécese unha compensación para o persoal afecto ó presente convenio e de alta na empresa na data de sinatura deste. Esta compensación realízase segundo método explicado na cláusula especial nº 2.

Artigo 33º.-Horas extraordinarias.

As horas que se realicen en exceso polos traballadores sobre a xornada establecida no artigo 10º deste convenio serán consideradas extraordinarias.

En canto ó pagamento das horas extraordinarias, a empresa poderá optar entre aboar esas horas tendo en conta o salario establecido para a categoría (anexo I) e sobre o salario que corresponda á hora ordinaria, ou ben compensalas por tempos equivalentes de descanso retribuído.

Artigo 34º.-Incapacidade temporal.

Nos casos de baixa por enfermidade, a empresa aboará do primeiro ó terceiro día o 50% da base de cotización, do cuarto ó oitavo día o 70% da base de cotización do traballador, do noveno ó décimo terceiro día o 85% da base de cotización, e do décimo cuarto en diante o 100% da base de cotización. Nos casos de baixa por accidente de traballo, hospitalización, intervención cirúrxica ou maternidade, o aboamento será do 100% desde o primeiro día.

Artigo 35º.-Complemento de asistencia e complemento de transporte.

Establécese para tódalas categorías un complemento de asistencia na contía de 4.643 ptas. mensuais (por doce meses), para tódalas categorías. Así mesmo, establécese de igual xeito un complemento de transporte na contía de 9.107 ptas. mensuais (por doce meses).

Artigo 36º.-Quebranto de moeda.

Caixa central da sala de xogos: todo o persoal adscrito ó departamento de caixa percibirá mensualmente, en concepto de quebranto de moeda, a cantidade de 7.000 ptas. mensuais durante once meses ó ano.

Sala de máquinas de azar: todo o persoal adscrito ó departamento de caixa percibirá mensualmente, en concepto de quebranto de moeda, a cantidade de 7.000 ptas. mensuais durante once meses ó ano.

O pagamento de quebranto farase do seguinte modo:

Caixa central: farase de forma semestral a semestre vencido, aboándose os seis primeiros meses do ano na nómina de xuño e os seis últimos na de decembro.

Sala de máquinas de azar: farase de forma mensual, facéndoo coincidir co aboamento de nómina; queda excluído o mes de novembro.

Calquera falta en calquera das dúas seccións deberá ser resarcida de forma inmediata polo empregado responsable, e o aboamento do quebranto ten como obxecto garantir este posible risco.

Artigo 37º.-Roupa de traballo.

A empresa proverá anualmente os seus traballadores dun uniforme completo. Tamén proverá un par de zapatos. A limpeza de uniformes será por conta dos traballadores.

Artigo 38º.-Fondo de asistencia social.

A empresa obrígase a constituír ó seu cargo un fondo de asistencia social para atender en calquera caso e inescusablemente calquera das situacións sociais que se detallan a continuación:

a) Póliza de seguro de vida, que garante un capital de:

-Dous millóns de pesetas en caso de morte natural.

-Dous millóns de pesetas por incapacidade profesional.

-Catro millóns de pesetas por morte en accidente.

b) Premio por matrimonio, tódolos empregados que contraian matrimonio e teñan unha antigüidade mínima dun ano na empresa recibirán un premio por unha soa vez de sesenta mil pesetas.

c) Tódolos empregados percibirán con ocasión de nacemento de cada fillo unha cantidade de vintecinco mil pesetas.

d) Os empregados con fillos subnormais ou diminuídos psíquicos ou físicos recoñecidos como beneficiarios das prestacións da Seguridade Social recibirán da empresa un subsidio mensual de vintecinco mil pesetas, catorce pagas ó ano.

e) Tódolos traballadores da empresa teñen dereito a unha revisión médica anual obrigatoria.

f) Préstamos ó persoal. Cada traballador cunha antigüidade mínima dun ano na empresa poderá obter desta un préstamo sen xuros ata un máximo de catrocentas mil pesetas (400.000 ptas.) anuais, que se reintegrarán nun ano.

Para cubrir este concepto a empresa destinará a cantidade global de dous millóns de pesetas (2.000.000 de ptas.). Unha vez superada esta cantidade, a empresa non concederá estes préstamos.

Ambas partes acordan que estes préstamos soamente serán utilizables en caso de necesidade.

Artigo 39º.-Tronco de propinas: distribución.

Enténdese por tronco de propinas (antes citado) a suma das procedentes dos distintos xogos autorizados e practicados nas mesas, xunto coas propinas de recepción e caixa.

Propinas: o reparto farase en períodos dun mes, desde o día 26 ata o 25 do seguinte mes, ambos inclusive. Repartirase a totalidade das propinas recadadas e este reparto efectuarase do seguinte xeito:

-80% para o persoal (incluído o 0,3% destinado ó comité de empresa).

-20% para a empresa.

O valor do punto será o resultante da fórmula establecida para o efecto.

Os puntos de propinas calcularanse tendo en conta a xornada teórica traballada e a proporcionalidade resultante.

Para efectos de percepción de propinas están incluídos, así mesmo, os traballadores que se encontren en situación de incapacidade laboral transitoria, estean desfrutando de vacacións ou de licencias retribuídas.

O aboamento da cantidade que se percibirá en concepto de propinas realizarase mensualmente, e irá reflectido en nómina á parte, como concepto non salarial

Artigo 40º.-Tronco de propinas dos grupos III, IV e VI.

As propinas recadadas de forma directa polo persoal dos grupos III, IV e V serán integradas para os traballadores dos ditos grupos.

Cláusula especial nº 1.

A comisión negociadora deste convenio recoñece o dereito de respectar como mínimo os puntos de propinas, que polas súas antigas categorías o persoal tivese recoñecidos á sinatura do convenio.

Cláusula especial nº 2.

A comisión negociadora deste convenio acorda que, como contraprestación á conxelación do concepto de antigüidade, a empresa recoñece a todo o persoal de alta na empresa na data actual, a aplicación do pagamento dun trienio (55.443 ptas.

anuais repartidas en 14 pagas). Queda excluído o persoal afecto a servicios centrais de Grupo Comar.

Esta cláusula será de aplicación a partir da data de sinatura deste convenio.

Recórdase que o persoal procedente do Hotel Atlántico no que respecta a antigüidade se inclúe nas condicións desta cláusula.

Cláusula especial nº 3.

A comisión negociadora deste convenio acorda que se os seguintes traballadores decidisen causar baixa na empresa e cumprindo o prazo de permanencia na empresa mínimo indicado para cada un deles, percibirán dúas mensualidades e cada 5 anos que excedan dos 15 anos de antigüidade, unha mensualidade.

Guillermo López Seoane: 4 anos e seis meses.

Antonio Robelo Fernández: 1 ano.

José Antonio Purriños Peña: 8 anos.

Carlos Torres Barallobre: 0 anos.

María Olga Pose Castro: 6 anos e 6 meses.

Mª Luisa López Martínez: 9 anos e 6 meses.

Rubén Avero Martínez: 2 anos e 6 meses.

Cláusula especial nº 3.

Categorías asimiladas a convenio: enténdense por categorías asimiladas aquelas que se someten a modificación na denominación e que a partir da data se denominarán como a continuación se relacionan. Estas categorías aparecen na táboa de salarios.

Primeiro apelidoSegundo apelidoNomeCategoríaSalario basePuntos

propinas

ArranzGonzaloRobertoXefe sector A137.28720,00

SandovalÁlvaroJ. ManuelXefe sector A137.28720,00

ChamorroAriasAlbertoXefe de mesa116.68916,00

FerreiroOteroJosé LuisXefe de mesa116.68916,00

PatricioGarcíaRamiroXefe de mesa116.68916,00

RegoLópezAlfonsoXefe de mesa116.68916,00

ReyBouzasÓscarXefe de mesa116.68916,00

SalidoCacheiroCarlosXefe de mesa116.68916,00

AlfonsoCacabelosPabloCroupier A102.96616,00

CambeiroOreiroJosé M.Croupier A102.96616,00

IglesiasIglesiasJosé M.Croupier A102.96616,00

MeisDomínguezFranciscoCroupier A102.96616,00

PousaPereiraFernandoCroupier A102.96616,00

CambaGarcíaJorge E.Aspirante croupier A82.60212,00

EtcheversBazarraRamiroAspirante croupier A82.60212,00

FernándezMartínezMiguel A.Aspirante croupier A82.60212,00

FernándezReinanteMiguel A.Aspirante croupier A82.60212,00

PazRuidoFrancisco JavierAspirante croupier A82.60212,00

AnidoGarcíaAna IsabelAspirante croupier B72.09411,00

AñónMartaM. ClaraAspirante croupier B72.09411,00

BernedoLouredaM. JesúsAspirante croupier B72.09411,00

GarcíaMatoAnaAspirante croupier B72.09411,00

Gómezdel PozoLorenaAspirante croupier B72.09411,00

HernándezFernándezM. ElenaAspirante croupier B72.09411,00

LemaBarreiraM. DoloresAspirante croupier B72.09411,00

Primeiro apelidoSegundo apelidoNomeCategoríaSalario basePuntos

propinas

MarcosPiñeiroM. SoledadAspirante croupier B72.09411,00

Martínez ConGarcíaCarolinaAspirante croupier B72.09411,00

PascualAramburuLunaAspirante croupier B72.09411,00

PortoFernándezM. CruzAspirante croupier B72.09411,00

RodríguezMuñozLarisaAspirante croupier B72.09411,00

SuárezMartaM. SandraAspirante croupier B72.09411,00

LorenzoMourelleManuelXefe S.M.A.218.1613,00

CaamañoCostaManuelOperador máquinas A96.0993,00

FernándezMoureJosé A.Operador máquinas A96.0993,00

MejíaCarreraIsaacOperador máquinas A96.0993,00

ParraSoutoÁlvaroOperador máquinas A96.0993,00

RioboGonzálezJosé LuisOperador máquinas A96.0993,00

VarelaPiñeiroJuan M.Operador máquinas A96.0993,00

LópezSeoaneGuillermoXefe de hostalería218.1613,00

CarbajalesTaboadaBenedictoCamareiro A116.6893,00

RecousoFariñaJosé LuisCamareiro A116.6893,00

GacioRiveiroAna IsabelAspirante camareiro B72.0943,00

JeandonTenconiStephanCociñeiro B116.4803,00

CouceiroFaraldoAntonioPinche de cociña72.0943,00

PurriñosPeñaJosé A.Xefe de seguridade218.16115,50

SierraMarquésEnriqueSubxefe de seguridade116.68915,00

BermúdezRodríguezLuis AbelFisonomista e control A96.09910,00

RodríguezHermidaManuelFisonomista e control A96.09910,00

RasoEtcheversPedroDeb. Aparc.53.2922,17

GerpeCancelaÁlvaroDeb. Aparc.53.2922,17

PérezNúñezJosé LuisAdministrativoS. Centr.3,00

Categorías recoñecidas en convenio: enténdense categorías recoñecidas por aquelas categorías que non aparecen na táboa de salarios, polo cal desaparecen no futuro, pero a determinados traballadores respéctanselles, recoñecendo estas cos salarios actuais.

Primeiro apelidoSegundo apelidoNomeCategoríaSalario basePuntos

propinas

IglesiasCuñarroIsidro A.Xefe de caixa137.28517,00

AveroMartínezRubénCaixeiro102.96615,00

CasasPallasJosé ManuelCaixeiro102.96615,00

GuillánCadavidJuan JoséCaixeiro102.96615,00

LiñaresDomínguezJuan JoséCaixeiro102.96615,00

LópezLópezManuelCaixeiro102.96615,00

TeijidoBlancoM. del MarRecepcionista A56.6317,98

CruzVarelaMaríaAspirante recepcionista53.2927,20

GorgulloRiveraGuadalupeAspirante recepcionista53.2927,20

CostaCurrasM. CarmenAspirante recepcionista53.2927,20

RobeloFernándezAntonio1º de Rest.137.2873,00

LópezMartínezM. LuisaAxudante cociña96.1013,00

PoseCastroOlgaAxudante cociña96.1013,00

SánchezSánchezJosé M.Oficial 1ª mantemento137.2873,00

TorresBarallobreCarlosD. E. Empres.51.3031,50

FariñaGarcíaM. JesúsLimpadora43.411-

LagaresEstravizM. ÁngelesLimpadora43.411-

SuárezSantiagoCándidaLimpadora96.749-

FigueirasAriasJuan C.Cristaleiro12.094-

ANEXO I

Salarios ano 2000

CategoríasSalarios basePuntos propinas

* Grupo I: persoal de xogo.

Xefe de sector A137.28420
Xefe de sector B119.60018

Xefe de mesa116.68916
Croupier A102.96616
Croupier B90.60914
Aspirante croupier A82.60212
Aspirante croupier B72.09411

Caixeiro A90.60910
Caixeiro B81.0148
Aspirante caixeiro72.0948

* Grupo II: persoal de recepción.

Recepcionista A90.6098
Recepcionista B82.6027
Aspirante recepcionista72.0946

* Grupo III: persoal de sala de máquinas.

Xefe de máquinas171.5923

Operador máquinas A96.0993
Operador máquinas B90.6093
Aspirante máquinas72.0943

* Grupo IV: persoal de hostalería.

Xefe de hostalería171.5923

Camareiro A116.4803
Camareiro B96.0993
Aspirante a camareiro A83.0003
Aspirante a camareiro B72.0943

Cociñeiro A137.2843
Cociñeiro B116.4803
Aspirante a cociñeiro96.0993
Pinche de cociña72.0943

* Grupo V: persoal de servicios varios.

Xefe de seguridade137.28415,5
Subxefe de seguridade116.68915

Fisonomista e control A96.0993
Fisonomista e control B72.0943

Oficial de mantemento96.0993

Limpadora A96.099
Limpadora B82.602
Cristaleiro82.603

Aparcacoches90.6093
Aspirante aparcacoches72.0943

Administrador96.0993
RR.PP.96.099