Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 25 de setembro de 2000 Páx. 13.340

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se actualiza o calendario de vacinación infantil do programa galego de vacinación.

De conformidade co Decreto 48/1998, artigo 10, do 5 de febreiro, que establece a estructura orgánica da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e as súas competencias, é responsabilidade da Dirección Xeral de Saúde Pública a elaboración e xestión dos programas de prevención de enfermidades.

Por isto, e dado o interese que para a mellora do estado de saúde da poboación infantil ten a prevención de certas enfermidades para as que existen productos vacinais de demostrada eficacia e efectividade; da necesidade de mante-las recomendacións de vacinas e pautas de vacinación actualizadas segundo os avances dos coñecementos dos niveis de seroprevalencia dos anticorpos fronte ós axentes

obxecto da vacinación; o desenvolvemento da biotecnoloxía na producción de vacinas máis seguras e efectivas; a aparición de cambios ecolóxicos na flora bacteriana e seguindo as recomendacións ó respecto feitas polo Comité Asesor de Enfermidades Inmunoprevibles,

DISPOÑO:

Primeiro.-O programa de vacinación infantil comprenderá a prevención mediante inmunoprofilaxe activa de:

-Hepatite B.-Poliomielite.-Tétano.-Difteria.-Tose ferina.-Sarampelo.-Rubéola.-Parotidite.

-Enfermidades invasivas causadas polo Haemophilus influenzae de serotipo b.

-Enfermidades invasivas causadas pola Neisseria meningitidis serogrupo C.

Segundo.-As pautas de vacinación segundo as vacinas serán as seguintes:

VacinasIdade

0 meses2 meses4 meses6 meses15 meses18 meses3 anos6 anos12 anos14 anos

Vacina Hepatite B: VHB (1)VHB

(1ª d.)

VHB

(2ª d.)

VHB

(3ª d.)

VHB

(preado.)

Vacina da difteria, tétano e toseferina: DTPDTP

(1ª d.)

DTP

(2ª d.)

DTP

(3ª d.)

DTPa

(4ª d.)

DTPa

(5ª d.)

Vacina do tétano e da difteria tipo adulto: TdTd

(2)

Vacina oral da polio: OPVOPV

(1ª d.)

OPV

(2ª d.)

OPV

(3ª d.)

OPV

(4ª d.)

OPV

(5ª d.)

Vacina do Haemophilus influenza tipo b: HibHib

(1ª d.)

Hib

(2ª d.)

Hib

(3ª d.)

Hib

(4ª d.)

Vacina fronte ó meningococo C (3)MC

(1ª d.)

MC

(2ª d.)

MC

(3ª d.)

Vacina fronte ó sarampelo, rubéola e parotidite (triple vírica): TV (3)TV

(1ª d.)

TV

(2ª d.)

* Este calendario é orientativo e foi elaborado tendo en conta as vacinas incluídas no programa de vacinacións infantís, pero dada a ampla flexibilidade que permite a aplicación das vacinas pode ser adaptado polo seu pediatra ás particularidades de cada neno.

1. En nenos non vacinados anteriormente a pauta de vacinación ós 12 anos é de 3 doses, as dúas primeiras cun intervalo dun mes e a terceira ós seis meses da primeira (0,1,6).

2. Recoméndase aplicar unha dose de recordo cada 10 anos.

3. Neste momento introdúcese a vacina conxugada fronte ó meningococo C, que pode ser administrada a partir dos dous meses de idade.

Non obstante, dada a ampla flexibilidade que neste momento permite a aplicación e combinación das vacinas, considérase necesario recoller algunha das opcións de pautas de vacinación que demostren igualmente a súa eficacia, como orientación para o persoal sanitario que debe adopta-la decisión de elixi-lo momento axeitado de vacinación segundo as características particulares dos nenos/as, tal e como se expresa a continuación:

a) O intervalo mínimo entre a 1ª dose de VHB e a 2ª debe ser dun mes. Pode iniciarse nos neonatos ou no primeiro mes de vida. A 2ª dose pode ser aplicada igualmente ó cumpri-lo mes se foi vacinado nas primeiras 24 horas de vida ou coincidindo no 2º mes coa primovacinación da DTP, polio e Hib.

b) A dose de recordo dos 6 anos pode ser realizada coa vacina trivalente DTP, DTPa ou coa DT nos casos nos que o pediatra o estime.

c) Nos casos en que debe substituírse a vacina oral (cepa Sabin) fronte ós virus da poliomielite pola vacinación inxectable (cepa Salk) a pauta de vacinación é a mesma.

d) A 1ª dose de vacina triple vírica (fronte ó sarampelo, rubéola e parotidite) pode adiantarse ós 12 meses. No caso de que a situación epidemiolóxica aconselle a vacinación antes dos 12 meses, é necesario revacinar ós 15 meses.

e) O intervalo mínimo entre doses coa nova vacina conxugada fronte ó meningococo C debe ser dun mes. A vacina conxugada fronte ó meningococo C pode ser administrada ó mesmo tempo que o resto das vacinas do calendario.

Terceiro.-Se as circunstancias o aconsellan, disporase a incorporación de novas vacinas ou a substitución das existentes por combinacións ou novas preparacións de vacinas que colaboren na mellora permanente do estado de saúde dos nenos/as de Galicia.

Cuarto.-Esta presente resolución entrará en vigor a partir do 2 de novembro de 2000.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2000.

Pilar Farjas Abadía

Directora xeral de Saúde Pública