Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 21 de setembro de 2000 Páx. 13.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2000 pola que se aproba a modificación do plan eólico estratéxico presentado pola empresa Planta Eólica de Galicia, S.A. denominado P.E.E. Nordtank.

Examinado o expediente instruído por instancia de Planta Eólica de Galicia, S.A., con enderezo para efectos de notificacións no Paseo de la Independencia 8 duplicado, 2º dta., 50004 Zaragoza, sobre aprobación da modificación do P.E.E. Nordtank, esta consellería ten en conta os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro.-O 30 de abril de 1996, por resolución da Consellería de Industria e Comercio, apróbase

o plan eólico estratéxico de Planta Eólica de Galicia, S.A. que se publica no Diario Oficial de Galicia do 3-7-1996 coas seguintes características básicas:

-20 áreas.

-Potencia: 184 MW.

-Prazo de execución: 8 anos.

-Investimento total: 12.000 millóns de pesetas.

Segundo.-Con data do 25 de xuño de 1998, a empresa Planta Eólica de Galicia, S.A., NIF A-81326175 solicitou a aprobación da ampliación do plan eólico estratéxico denominado P.E.E. Nordtank, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro.-A petición de aprobación da ampliación do plan eólico estratéxico someteuse a información pública por Resolución do 26 de xuño de 1998, para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia. A citada resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 21 de agosto de 1998 e no BOE do 12 de novembro de 1999.

As características principais da ampliación do P.E.E. Nordtank que foron sometidas a información pública son:

ParqueProvinciaConcelloXY

MontoutoPontevedraAs Neves

Salvaterra de Miño

Mondariz

Covelo

A Cañiza

Arbo

0.553.078

0.558.551

0.557.833

0.554.410

0.547.542

0.547.542

0.553.078

4.679.866

4.679.866

4.665.259

4.661.525

4.661.525

4.666.310

4.679.866

MonferoA CoruñaMonfero0.575.604

0.579.906

0.582.022

0.584.539

0.584.539

0.581.515

0.578.843

0.575.605

0.575.604

4.806.941

4.805.854

4.802.744

4.802.395

4.801.295

4.796.399

4.796.399

4.803.188

4.806.941

El CarrilOurenseCarballeda0.686.740

0.683.000

0.682.000

0.685.400

0.684.100

0.684.350

0.686.450

0.686.815

0.686.740

4.692.320

4.694.700

4.694.000

4.687.800

4.681.950

4.681.550

4.685.300

4.687.875

4.692.320

Durante o prazo de información pública a empresa Unión Fenosa Energías Especiales, S.A presentou solicitude en competencia.

Cuarto.-O 7 de abril de 2000, a empresa Planta Eólica de Galicia, S.A. presentou ante esta dirección xeral escrito de renuncia ás seguintes áreas: A Bar

banza (Porto do Son e Boiro) e Coriscada (Muras e Ourol), dado que dos resultados das investigacións eólicas previas realizadas nas citadas áreas se detecta escaseza de recurso eólico, reiterando a súa solicitude de concesión doutras que lle permitan mante-los compromisos do seu plan eólico estratéxico, aprobado o 30 de abril de 1996 por resolución da Consellería de Industria e Comercio.

Quinto.-Os servicios técnicos da Dirección Xeral de Industria emitiron informe no que avaliaron a viabilidade do plan nas diferentes áreas de estudio solicitadas, co fin de resolve-los diferentes plans estratéxicos en competencia, e tendo en conta que a empresa Planta Eólica de Galicia, S.A. solicitou a substitución das áreas de investigación da Barbanza e Coriscada, de escaso recurso eólico, por outras que lle permitan mante-los compromisos do seu plan eólico estratéxico. Os criterios de avaliación que se seguiron son os seguintes:

-Planificación enerxética.

-Estudio contrastado dos datos eólicos existentes.

-Viabilidade económica dos plans.

-Achega tecnolóxica e efectos industriais dos plans.

-Ambientais.

-Desenvolvemento de infraestructuras.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 21 de xuño, en relación coa Lei 54/1997, do 30 de decembro, do sector eléctrico, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Segundo.-Ante o gran número de solicitudes presentadas, e en tramitación paralela, de aprobación do plan eólico estratéxico, os criterios seguidos en forma xeral para a adxudicación ou non das áreas asignadas foron os expostos no fundamento de feito quinto, téndose en conta a limitación existente desde o punto de vista infraestructural en canto á rede de transporte de enerxía eléctrica, o que supón que soamente se poidan satisfacer aquelas solicitudes que cumpran de forma máis completa os criterios de adxudicación formulados.

Terceiro.-Nalgúns casos, existen ocultacións en determinadas zonas de distintas solicitudes de plans, sen que os seus promotores concorresen en competencia. Nos ditos casos optouse por asigna-la área á solicitude que se considerou cumpre en maior medida os criterios de asignación.

Cuarto.-Á vista dos plans presentados en competencia, o informe técnico realizado e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que se deben excluír certas áreas solicitadas, debido á adxudicación de determinadas zonas a outros promotores seguindo criterios de planificación e desenvolvemento das infraestructuras enerxéticas.

Do exposto extráese como consecuencia que a ampliación do plan solicitada non pode ser concedida na extensión requirida polo peticionario. Sen embargo, e de acordo co establecido no condicionado terceiro da resolución pola que se aproba o plan eólico estratéxico do solicitante, téndose comprobado que as áreas denominadas: A Barbanza e Coriscada, son inviables desde un punto de vista técnico, considérase procedente substituí-las ditas áreas pola denominada Montouto, das que as súas coordenadas veñen determinadas no anexo I desta resolución, co obxecto de mante-la viabilidade do plan considerado no seu conxunto, concedéndolle á empresa Planta Eólica de Galicia, S.A. autorización para realizar investigacións nesta.

Desta forma, o plan eólico estratéxico pasa a constar de 19 áreas, sendo a súa potencia autorizada de 184 MW, permanecendo as demais variables inalteradas.

Quinto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Aproba-la modificación do plan eólico estratéxico P.E.E. Nordtank referido ás áreas recollidas no anexo I desta resolución, coa previsión de potencia de 60 MW, en substitución das áreas da Barbanza e Coriscada, sobre as que efectúa renuncia o titular do plan.

A presente resolución leva consigo o outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia, así como o dereito preferente, nas citadas áreas, á autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, conforme o sinalado no artigo 8 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico vincula a Administración e Planta Eólica de Galicia, S.A. sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de non exerce-lo dereito preferencial previsto no artigo 8 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico outórgase de acordo coas seguintes condicións:

Primeira.-A modificación do plan eólico estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para a montaxe das

instalacións será causa de resolución desta aprobación.

Sen embargo, se por alteración substancial das circunstancias ou por causas sobrevidas, non fose adecuado o mantemento dalgunha ou algunhas das instalacións previstas no plan eólico estratéxico que se aproba, a empresa poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das actuacións, sen altera-las restantes condicións do plan eólico estratéxico.

2. A aprobación dun novo plan eólico estratéxico para novas instalacións, se a importancia dos investimentos así o xustifican, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.

Segunda.-Planta Eólica de Galicia, S.A. deberalle presentar un informe trimestral á Consellería de Industria que conterá os seguintes puntos:

-Datos eólicos obtidos nas áreas de investigación.

-Investimentos realizados e previstos.

-Operacións realizadas con empresas galegas.

-Emprego creado.

-Participación de entidades galegas.

-Terceira.-A empresa Planta Eólica de Galicia, S.A. participará na execución do plan industrial que teñan aprobados os tecnólogos seleccionados. En todo caso, a porcentaxe de compoñentes fabricados en Galicia será a comprometida polos tecnólogos. A selección dos tecnólogos deberá contar coa autorización da Dirección Xeral de Industria.

Cuarta.-Planta Eólica de Galicia, S.A. poderá transferir en calquera momento os dereitos dimanantes desta aprobación logo da autorización da Dirección Xeral de Industria, subrogándose o novo titular en tódalas obrigas e dereitos do transmitinte derivados do plan eólico aprobado.

Quinta.-Este plan eólico apróbase sen prexuízo de terceiros, deixando a salvo os dereitos particulares e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións de aproveitamento eólico.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ó abeiro

do disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2000.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

Relación de áreas aprobadas no plan eólico estratéxico

ParqueProvinciaPotenciaConcellosXY

MontoutoPontevedra60 MWAs Neves

Salvaterra de Miño

Mondariz

Covelo

A Cañiza

Arbo

0.553.078

0.558.551

0.557.833

0.554.410

0.547.542

0.547.542

4.679.866

4.679.866

4.665.259

4.661.525

4.661.525

4.666.310