Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 21 de setembro de 2000 Páx. 13.234

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/184-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición da autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36000 Vigo.

Título: L.M.T., C.T. Taboada Leal 31.

Situación: Concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 200 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un punto da L.M.T.S. BAL-717 entre os C.T. de Marqués de Alcedo e o C.T. de Lóriga ata o C.T. que se proxecta en Taboada Leal 31, concello de Vigo. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderá presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 10 de agosto de 2000.

P.D. (R.D. 24-7-2000)

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra