Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 21 de setembro de 2000 Páx. 13.235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/185-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición da autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36000 Vigo.

Título: L.M.T., C.T. rúa Aguia II.

Situación: Concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, con conductor tipo R.H.V., de 30 m de lonxitude, desde un punto da L.M.T.S. TRO-715 entre os C.T. da rúa Aguia e Dr. Carracido ata o C.T. proxectado na rúa Aguia, concello de Vigo. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderá presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 11 de agosto de 2000.

P.D. (R.D. 24-7-2000)

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra