Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 21 de setembro de 2000 Páx. 13.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fan públicas as adxudicacións de varios contratos de obra.

En cumprimento do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que o secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 21 de xuño de 1996, acordou darlles publicidade ás adxudicacións que se identifican de seguido:

-Ampliación do IES Blanco Amor de Ourense.

Adxudicatario: Construcciones Orega, S.L.

Orzamento: 65.417.297 ptas.

-Ampliación do IES San Rosendo de Mondoñedo (Lugo).

Adxudicatario: J. Naray, S.L., Empresa Constructora.

Orzamento: 42.183.480 ptas.

-Ampliación do CEIP Filomena Dato de Barbadás (Ourense).

Adxudicatario: Misturas Asfálticas Galegas, S.A.

Orzamento: 56.371.000 ptas.

-Construcción dun CEIP en Sabarís-Baiona (Pontevedra).

Adxudicatario: Mon, S.L., Construcciones.

Orzamento: 148.570.808 ptas.

-Remodelación do CEIP Nosa Señora da Piedade en Vila de Cruces (Pontevedra).

Adxudicatario: Taboada y Ramos, S.L.

Orzamento: 38.880.418 ptas.

-Ampliación do IES Trapero Pardo en Castro de Rei (Lugo).

Adxudicatario: Construcciones A. Varela Villamor, S.L.

Orzamento: 47.939.552 ptas.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da la Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2000.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria