Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 21 de setembro de 2000 Páx. 13.230

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a execución das obras de actuación e mellora na rúa Luis González Taboada (tramo comprendido entre a rúa Pintor Laxeiro e rúa de José Antonio) e rúa Pelaio (desde a rúa Matemático Rodríguez ata os entroncamentos coas rúas Colón e Xeneral Franco), en Lalín, Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo. Edificios administrativos San Caetano. 15704-Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Número de expediente: 0002PO.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución das obras de actuación e mellora na rúa Luis González Taboada (tramo comprendido entre a rúa Pintor Laxeiro e rúa de José Antonio) e rúa Pelaio (desde a rúa Matemático Rodríguez ata os entroncamentos coas rúas Colón e Xeneral Franco) en Lalín, Pontevedra.

b) Lugar de execución: Lalín (Pontevedra).

c) Prazo de execución: catro (4) meses, quince (15) días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: corenta e cinco millóns cincocentas cincuenta e tres mil duascentas (45.553.200) pesetas (273.780,25 euros).

5. Garantías.

Provisional: esixirase unha fianza provisional de novecentas once mil sesenta e catro (911.064) pese

tas (5.475,60 euros), segundo o definido na letra H do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares. (Dispensarase desta fianza a quen acredite a clasificación requirida na orde do Ministerio de Economía e Facenda do 11 de abril de 1996).

Definitiva: esixirase unha fianza definitiva de un millón oitocentas vintedúas mil cento vinteoito (1.822.128) pesetas (10.951,21 euros), segundo o definido na letra I do cadro do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Obtención de documentación:

a) Entidade: Copynino.

b) Enderezo: Xeneral Pardiñas, nº 2.

c) Localidade e código postal: 15701 de Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 58 89 38.

O custo total para adquiri-la copia de toda a documentación ascende a catro mil catrocentas quince (4.415) pesetas (26,53 euros).

6.2. Obtención de información.

a) Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo.

b) Dirección: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade e código postal: 15704-Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 43 82/981 54 43 71.

e) Telefax: 981 54 43 43.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o vixésimo sexto día contado a partir do seguinte a aquel no que se produza a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo G; subgrupo 6; categoría d).

b) Outros requisitos: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día contado a partir do seguinte a aquel no que se produza a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

2º Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

3º Localidade e código postal: 15704-Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

e) Admisión de variantes (concurso): ver punto 2.1.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas.

a) Acto público, na sede da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos San Caetano, Santiago de Compostela (A Coruña), ás 10 horas do décimo día hábil que non coincida en sábado, contado a partir do seguinte a aquel no que finalice a presentación de ofertas.

10. Outras informacións.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos do anuncio.

Os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda