Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 21 de setembro de 2000 Páx. 13.229

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2000, do Servicio Provincial de Estradas de Ourense, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras previstas no proxecto modificado número 1 da obra: acondicionamento, alargamento do firme da estrada OU-204, O Carballiño-Cea, treito III Cea-Fondo de Cea, p.k. 7+260 ó 9+700 (clave N-OU-87.1.3.M1). Trámite de urxencia.

No artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, no seu punto 2º establécese a compe

tencia da Comunidade Autónoma galega sobre o desenvolvemento lexislativo, así como a execución lexislativa do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento desta resolución están incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, de construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 14 de xullo de 2000 o director xeral de Obras Públicas e Transportes, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, aprobou o proxecto modificado número 1 da obra: acondicionamento, alargamento do firme da estrada OU-204, O Carballiño-Cea, treito III Cea-Fondo de Cea, p.q. 7+260 ó 9+700 (clave N-OU-87.1.3.M1).

Decreto 211/1997, do 30 de xullo de 1997, polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto modificado número 1 da obra de acondicionamento, alargamento do firme da estrada OU-204, O Carballiño-Cea, treito III Cea-Fondo de Cea, p.q. 7+260 ó 9+700 (clave N-OU-87.1.3.M1).

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e concordantes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran no taboleiro da Casa do Concello de Cea, para os efectos previstos no mencionado artigo 52 e sinala-la data, os lugares e horas que a seguir se citan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación que recollan os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se se considera preciso.

Lugar do levantamento das actas previas: Casa do Concello de Cea.

Data: 18-10-2000.

Hora: das 9 ás 13.

Número de predios: 39A ó final.

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoas debidamente autorizadas para actuaren no seu nome, achegando os documentos acreditativos de titularidade, DNI, e o último recibo da contribución, podéndose acompañar á súa custa, se o coida preciso, dos seus peritos e notario.

Así mesmo e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de 15 días ou, en todo caso, ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito ante o Servicio Provincial de Estradas

da Xunta de Galicia de Ourense, rúa Sáenz Díez número 1, as alegacións que coiden oportunas co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

A relación de bens afectados atópase exposta no Servicio Provincial de Estradas de Ourense; r/ Sáenz Díez número 1, así como o plano parcelario correspondente.

Ourense, 11 de setembro de 2000.

José Manuel González Sánchez

Xefe do Servicio Provincial de Estradas