Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 21 de setembro de 2000 Páx. 13.229

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (270/1999).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 270/1999 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

En Santiago de Compostela, 12 de maio de 2000.

En nome de El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza de Instrucción, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 270/1999, seguida por unha falta de ameazas (620), no que foron parte, como denunciante, Ramón Río Losada e, como denunciado, José Ramón Brey Álvarez, pronunciou a seguinte sentencia.

«Decido que debo absolver e absolvo a José Ramón Brey Álvarez, con declaración das custas de oficio.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña-Sección 6ª, con sede en Santiago de Compostela-, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Ramón Río Losada, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o vinteoito de agosto de dous mil.

O secretario

Rubricado