Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Harinas del Atlántico, S.A. (Hadasa), código convenio 1502682, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 27-7-2000, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo delegado de persoal o día 17-7-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 7 de agosto de 2000.
P.S. (Decreto 161/2000, do 29 de xuño)
María Silva Costoya
Secretaria provincial da Coruña
Convenio colectivo da empresa Harinas
del Atlántico, S.A. (Hadasa)
Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.
O presente convenio colectivo será de aplicación á totalidade dos traballadores/as da empresa Hadasa, sita na Ribeiriña-A Pobra do Caramiñal (A Coruña), así como ós que ingresen durante a súa vixencia.
Artigo 2º.-Vixencia e duración.
O presente convenio colectivo terá unha duración de doce meses, entrando en vigor para tódolos efectos o día 1 de xaneiro de 2000 ata o 31 de decembro de 2000, e durante a súa vixencia non poderá ser afectado polo disposto en convenio de ámbito distinto, todo iso ó amparo de canto prevén o artigo 84 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, que aproba o Estatuto dos traballadores.
Artigo 3º.-Prórroga.
Ó se cumpri-la data do seu vencemento, o convenio colectivo prorrogarase tacitamente de ano en ano, de non mediar denuncia por calquera das partes, cunha antelación dun mes á data do seu vencemento.
Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.
Respectaranse as condicións persoais máis beneficiosas cás asinadas neste convenio, manténdose o dito respecto en forma estrictamente ad personam.
Artigo 5º.-Retribucións.
Os salarios base establecidos neste convenio colectivo son os que se xuntan na táboa salarial anexa.
Artigo 6º.-Antigüidade.
Os aumentos por antigüidade ó servicio da empresa quedan constituídos por dous trienios do 5% e quinquenios do 10% calculados, en todo o caso, sobre o salario base de cada categoría profesional.
Artigo 7º.-Gratificacións extraordinarias.
Tódolos traballadores da empresa percibirán dúas gratificacións extraordinarias ó ano, que se denominarán de verán e Nadal. Estas gratificacións percibiranse os días 15 de xullo e decembro, respectivamente, e a súa contía será dunha mensualidade do salario base, incrementado coa antigüidade correspondente.
Artigo 8º.-Paga de beneficios.
Tódolos traballadores da empresa percibirán, en concepto de paga de beneficios e dentro do primeiro trimestre do ano, a cantidade correspondente a 29 días do salario base incrementado coa antigüidade correspondente.
Artigo 9º.-Horas extraordinarias.
As horas extraordinarias que se realicen serán aboadas coas recargas seguintes:
85% as horas extraordinarias realizadas en días laborables.
160% as horas extraordinarias que se realicen en domingo ou días festivos ou as prestadas despois das vintedúas horas.
Para calcula-lo valor das horas extraordinarias recorrerase á seguinte fórmula:
Salario hora individual
(365+G)x(S+A)-----------------------
Horas ano
Na dita fórmula:
365 son os días do ano.
G é o número de días de retribución por cada paga extraordinaria, verán, Nadal e beneficios.
S é o salario base diario.
A é a antigüidade.
Horas ano é o número total de horas que se traballarán durante o ano.
O salario base que resulta da aplicación da fórmula anterior servirá de base para determina-lo importe das horas extraordinarias.
Artigo 10º
Polas especiais circunstancias que concorren nas actividades da empresa, que ten que transformar artigos perecedoiros, as partes recoñecen a ineludible necesidade de traballar un número de horas extraordinarias en relación co artigo 35 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, e concordante todo iso co previsto no artigo 13, letras a) e b) do Acordo Interconfederal (AI).
Estas horas extraordinarias traballadas terán a consideración de estructurais, de acordo co preceptuado no artigo 7 do Real decreto 1858/1981, do 20 de agosto. En concordancia co anteriormente disposto polos representantes dos traballadores, darase cumprimento ó disposto no artigo 4 da Orde do 1 de marzo de 1983.
Artigo 11º.-Xornada laboral.
Queda fixada en 40 horas semanais, tanto en xornada partida como en continua; polo tanto, para ámbolos casos queda establecida na mesma duración semanal.
Para os traballadores que realicen as súas actividades en quenda de xornada continua establécese un descanso de quince minutos de duración, de maneira que non se suspenda o proceso de producción neste tempo.
En cumprimento no determinado no punto 4º do artigo 35 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, queda fixado un calendario laboral de 225 días efectivos de traballo, suma á que se chega por exclusión de domingos, sábados, festivos e período vacacional de todo o persoal.
Artigo 12º.-Complemento de nocturnidade.
Para o persoal en xornada nocturna establécese un complemento consistente no 25% do salario base, incrementado, segundo os casos, coa antigüidade correspondente. Para as horas traballadas de venres e sábado, o complemento será do 30% do salario base.
Artigo 13º.-Percepcións en caso de ILT.
Os traballadores que padezan enfermidade percibirán desde oprimeiro día e durante un prazo máximo dun ano, o complemento necesario para que, sumado ás prestacións da Seguridade Social, alcance o 100% do seu salario. Esta percepción procederá unicamente nos supostos de incapacidade laboral transitoria que requiran en todo caso hospitalización. Nos procesos de tratamento aplicarase o disposto no Real decreto 53/1980, do 18 de xaneiro. Nos casos de accidente de traballo, a empresa completará ata o 100% as indemnizacións que correspondan mentres dura esta situación de ILT que requira hospitalización ou non.
De conformidade co previsto no artigo 20 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, a empresa poderá verificar en todo momento o estado de enfermidade ou accidente do traballador, mediante o persoal facultativo que para estes efectos designe a empresa.
Toda negativa ó dito recoñecemento determinará a suspensión dos dereitos económicos que puidesen existir con cargo ó empresario por estas situacións.
Artigo 14º.-Vacacións.
Tódolos traballadores e traballadoras desfrutarán dun período de 30 días naturais, retribuídos en salario real. A dirección da empresa elaborará de mutuo acordo cos traballadores un calendario de vacacións antes do día 30 de marzo, que se exporá no taboleiro de anuncios da empresa, para coñecemento dos traballadores.
Artigo 15º.-Licencias retribuídas.
O persoal da empresa terá dereito a licencias retribuídas nos casos seguintes:
a) Matrimonio do traballador: 16 días naturais.
b) Parto da esposa: 3 días. No suposto de que este teña lugar fóra do domicilio ou residencia habitual do interesado, aumentarase un día máis.
c) Falecemento do cónxuxe, fillos, pais, pais políticos e demais familia ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 3 días. Se precisase, por tales causas, facer un desprazamento, o total do permiso alcanzará cinco días naturais.
d) Nos demais casos ou supostos observarase canto prevé o artigo 37 do Estatuto dos traballadores.
Artigo 16º.-Traballo da muller.
A muller terá iguais dereitos e obrigas có home. Se a relación de traballos tóxicos, penosos ou perigosos afectara a situación de embarazo ou maternidade, estes deberán ser excluídos para a muller.
Artigo 17º.-Roupa de traballo.
A empresa facilitará a cada traballador dúas fundas ó ano, a duración das cales se calcula para tal perío
do, entregando estas dúas pezas de roupa no mes de xaneiro, co que se permitirá que tales roupas poidan ser sometidas ó lavado semanal obrigatorio. Ó finaliza-lo ano, os traballadores terán que facer entrega á empresa das roupas recibidas no seu día, sexa cal fora o seu estado de conservación, por canto son propiedade da patronal.
Artigo 18º.-Póliza de seguro.
A empresa subscribirá un seguro colectivo de vida e invalidez, a favor dos seus traballadores, cunha cobertura de 1.800.000 ptas. no caso de morte e de 2.900.000 ptas. para os casos de invalidez.
Artigo 19º.-Persoal fixo.
Os traballadores que nun prazo de dez anos permanecesen na empresa máis de cinco anos como persoal contratado, pasarán a fixos do cadro de persoal.
Artigo 20º.-Comisión paritaria.
A comisión paritaria será un órgano de interpretación, vixilancia, arbitraxe e conciliación do convenio. Estará constituída por un representante da empresa e un dos traballadores.
Artigo adicional.
En cumprimento do previsto no artigo 26.5º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, que aproba o Estatuto dos traballadores, faise constar, en función:
a) O número de horas de traballo durante a vixencia do convenio será de 1.800 de traballo efectivo.
b) Que a remuneración anual dos traballadores, en función do dito número de horas, é a seguinte:
Categoría profesional Total pesetas
Xerente 3.525.615 Axudante titulado 3.110.541 Xefe administrativo 3.110.541 Xefe producción 3.110.541 Contable 2.357.476 Administrativo 2.069.123 Encargado 2.100.815 Auxiliar administrativo 2.037.312 Aspirante administrativo 1.228.318 Mecánico 2.008.824 Oficial 1.980.172 Chofer 1.980.172 Axudante 1.958.690 Peón 1.912.822
ANEXO
Táboa de salarios
Categoría Salario mes
Xerente 235.512 Axudante titulado 207.785 Xefe administrativo 207.785 Xefe producción 207.785 Contable 157.480 Administrativo 138.218 Encargado 140.335 Auxiliar administrativo 136.093 Aspirante administrativo 86.060 Mecánico 134.190 Oficial 132.276 Chofer 132.276
Categoría Salario mes
Segunda.-Os salarios establecidos na táboa salarial serán revisados se o IPC de decembro de 2000 supera, con respecto ó 31 de decembro de 1999, o 2 por cento.
Axudante 130.841 Peón 127.777
Este incremento aplicarase con carácter retroactivo do 1 de xaneiro de 2000.
Composición da comisión paritaria:
En representación da empresa:
-Álvaro Viéitez Davila.
-Pola representación dos traballadores:
-Miguel Ángel Lorenzo Hermo.
A Pobra do Caramiñal, 17 de xullo de 2000.
Seguen as sinaturas.