Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 21 de setembro de 2000 Páx. 13.212

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se nomean os vocais do Consello Provincial de Servicios Sociais de Ourense.

O punto 1º do artigo 5 do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, no relativo ós consellos de servicios sociais, establece que a duración do mandato dos vocais representativos será de catro anos. O punto 2º do referido artigo establece que producido un novo proceso electoral para o respectivo órgano de representación, procederase a reestructura-la composición do Consello Galego de Servicios Sociais de acordo co grao de representatividade obtido no devandito proceso.

Así mesmo, o artigo 15 establece que os consellos provinciais teñen iguais funcións e funcionamento có Consello Galego de Servicios Sociais e en concordancia co punto 3º do artigo 5 establece que os vocais do Consello Galego de Servicios Sociais serán nomeados polo presidente do consello e o nomeamento deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia.

Por outra banda, concluído o proceso electoral regulado por Orde do 25 de xaneiro de 2000 pola que se establecen normas para a renovación do mandato dos vocais do Consello Galego e dos consellos provinciais de servicios sociais e publicado o seu resultado por Resolución do 7 de xuño de 2000, procede dar cumprimento ó disposto no referido artigo 5.3º do Decreto 336/1994, do 27 de outubro.

Por todo o anterior, en aplicación do disposto no artigo 5 e concordantes do Decreto 336/1994, do 27 de outubro,

RESOLVO:

Nomear vocais titulares e suplentes do Consello Provincial de Servicios Sociais de Ourense ás seguintes persoas:

En representación da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Titular: José Rojo Salgado.

Suplente: Agustín Gándara Montero.

En representación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Titular: José Luis Vázquez Fernández.

Suplente: Isabel Santos-Ascarza Tabarés.

En representación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Titular: José Selas Souto.

Suplente: María Luisa López García.

En representación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Titular: Raúl Fernández Formoso.

Suplente: Antonio Rey-Estolle Valcarce.

En representación de órganos de representación das corporacións locais.

Deputación provincial.

Titular: Benito Vázquez Vázquez.

Suplente: José Santiago Camba Bouzas.

Federación Galega de Municipios e Provincias.

Titular: Francisco Gil Zamora.

En representación das organizacións sindicais máis representativas na provincia.

Unión Xeral de Traballadores.

Titular: Juan Muñoz Álvarez.

Suplente: Olga Ansias Palomares.

Comisións Obreiras.

Titular: Fernanda Valeiras Gómez.

Suplente: Luisa Prieto Sarmiento.

Confederación Intersindical Galega.

Titular: Xosé Bouzo Prol.

Suplente: Anxo Vázquez Penedo.

En representación das organizacións empresariais máis representativas na provincia.

Confederación empresarial de Ourense.

Titulares:

José Manuel Pérez Garrido.

Mar Vázquez Fernández.

Julia Leal Sánchez.

Suplentes:

José Ángel Calvo Caneiro.

Luisa Polo Estévez.

María J. de Miguel Pérez.

En representación da Cruz Vermella.

Titular: Manuel González López.

Suplente: José Joaquín Galicia Salgado.

En representación de Cáritas Diocesana.

Titular: Ángel Feijoó Mirón.

Suplente: Juan Carlos González Iglesias.

En representación dos colexios profesionais.

Colexio Oficial de Psicólogos.

Titular: Juan Luis Basanta Dopico.

Suplente: Xosé Lois Cea Nogueira.

Colexio Oficial de Sociólogos.

Titular: Pilar Tamerón Montesinos.

Suplente: Xaime Subiela Pérez.

Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais.

Titular: Ángeles Penedo Pita.

Suplente: María Jesús Santos Santos.

En representación das entidades que velan polos intereses dos usuarios dos diversos servicios sociais.

Titular: Gustavo Gómez Novoa.

Titular: Delmiro Álvarez García.

En representación das entidades veciñais.

Titular: Ángel Álvarez Rodríguez.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e no artigo 74 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da referida lei 29/1988.

Ourense, 14 de agosto de 2000.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense