Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 21 de setembro de 2000 Páx. 13.215

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Caolines de Vimianzo, S.A. (Cavisa) (código de convenio 1500212).

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Caolines de Vimianzo, S.A. (Cavisa) (código convenio nº 1500212), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-8-2000, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social, polos delegados de persoal, o día 14-7-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estato á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de agosto de 2000.

P.S. (Decreto 161/2000, do 29 de xuño)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Coruña

Convenio colectivo 2000-2001

Caolines de Vimianzo, S.A.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio é de ámbito de empresa e de aplicación ós traballadores da compañía anónima unipersoal Caolines de Vimianzo, S.A.U. (Cavisa), que prestan os seus servicios nela.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Este convenio afectará a tódolos traballadores que na data da súa sinatura presten os seus servicios na empresa Caolines de Vimianzo, S.A.U, así como os que posteriormente ingresen nela, a excepción dos técnicos titulados e persoas asimiladas a estas, ámbolos dous incluídos na denominada supervisión.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Este convenio, unha vez presentado na Delegación de Traballo, rexistrado nela e publicado no BOP, terá vixencia ata o 31 de decembro de 2001, entrando en vigor na data do seu asinamento.

Entenderase que este convenio, se non mediase ningunha denuncia das partes lexitimadas, que deberá facerse dentro dos tres meses anteriores ó seu vencemento, mediante a preceptiva comunicación escrita da parte que a efectúe á outra e á autoridade laboral, prorrogarase tacitamente de ano en ano, aplicándoselles neste caso o incremento do IPC previsto ós conceptos económicos, agás o artigo 32º, quedando consolidado nos conceptos económicos.

Artigo 4º.-Comisión paritaria.

Para entender cuestións derivadas da aplicación do presente convenio, establecerase unha comisión paritaria, na que os representantes dos traballadores terán o mesmo número de votos cós representantes da dirección.

Esta comisión será competente para interpretar calquera dúbida ou discrepancia que poida xurdir entre as partes como consecuencia da aplicación práctica deste convenio.

Esta comisión comprométese a buscar solucións ás discrepancias que puidesen suscitarse, acudindo á mediación do Servicio de Solución de Conflictos do Consello Galego de Relacións Laborais, para a súa resolución, antes de acudir á xurisdicción competente, de acordo coa lexislación vixente.

Capítulo II

Xornada

Artigo 5º.-Xornada laboral.

A xornada laboral para todo o persoal será de 1.800 horas ordinarias, que efectivamente se traballarán no cómputo anual.

a) Regulación.

1. Persoal a quendas:

-Primeira quenda: de 6 a 14 horas.

-Segunda quenda: de 14 a 22 horas.

-Terceira quenda: de 22 a 6 horas.

A distribución desta xornada farase mediante calendario; os ciclos diarios, incluídos domingos e festivos, serán acordes coas necesidades da producción, e negociaranse co comité de empresa ou delegados de persoal.

2. Persoal de administración.

Días de traballo: de luns a venres.

Horario de verán: de 8 a 15 horas, desde o 15 de xuño ó 14 de setembro ámbolos dous inclusive.

Horario inverno: de 9 a 14 horas e de 15.30 a 18.30 horas.

Para poder cumprir co cómputo anual de 1.800 horas, este persoal realizará as necesarias ata completalo, en horario de acordo coas necesidades do departamento. Durante a xornada de verán, un traballador administrativo realizará o horario de inverno en rotación semanal entre eles.

3. Persoal de mantemento.

De luns a venres en horario anual: de 9 a 14 e de 15 a 18 horas.

4. Persoal de laboratorio.

De luns a venres en horario anual: de 9 a 14 e de 15.30 a 18.30 horas.

5. Outros horarios.

Ámbalas partes acordan a posibilidade de establecer outros horarios, segundo as necesidades xustificadas pola organización do traballo, respectándose no posible os horarios actualmente existentes.

b) Compensación.

O cómputo anual refírese ás horas ordinarias que efectivamente se traballarán de acordo coa regulación anterior, sen computar como tales os días de vacacións, porque non son días efectivos de traballo. Para o persoal suxeito a quendas compútanse os festivos porque, segundo o presente convenio, as súas horas considéranse ordinarias. De acordo co anterior, as horas que superen as 1.800 serán compensadas como horas extraordinarias.

Artigo 6º.-Horas extraordinarias.

a) Ámbalas dúas partes coinciden na vontade de reduci-las horas extraordinarias ó mínimo, tentando deixalas reducidas ás de forza maior e estructurais.

b) As partes asinantes acordan a realización das horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios ou urxentes, así como no caso de risco de perda da materia prima.

c) Con independencia das horas extraordinarias de forza maior, que quedan definidas por si mesmas, ámbalas partes acordan concretar como horas estructurais, para os efectos legais pertinentes e deste convenio colectivo, as seguintes:

1. As necesarias por períodos punta de producción.

Enténdense por períodos punta de producción, aqueles nos que ten lugar unha carga de traballo superior á normal do departamento, sección ou unidade da que se trate, que non sexan constantes,

e que deban ser realizadas por persoal propio da empresa.

2. As derivadas de traballos urxentes que só poidan ser realizadas polo persoal propio e especializado nesas funcións.

Defínense por si soas.

3. As necesarias por ausencias imprevistas.

Terán a consideración de ausencias imprevistas as derivadas de permisos e licencias, faltas inxustificadas, baixas por enfermidade, baixas por accidentes, etc.

4. As derivadas da natureza do traballo.

Terán a dita consideración as correspondentes ás chamadas de urxencia e paradas xerais.

5. As perentorias de mantemento por avarías imprevistas.

Terán esta consideración as feitas para efectuar reparacións perentorias de avarías que se produzan nas instalacións ou maquinaria, ou cando ó remate da xornada normal se atopara pendente algunha tarefa que de non concluírse, orixine en ámbolos casos graves prexuízos na producción.

Artigo 7º.-Vacacións.

A duración das vacacións anuais será de 23 días laborables.

A empresa fixará as datas nas que se desfrutarán estas, de acordo coas necesidades de producción, axustándose no posible ós intereses dos traballadores e mantendo absoluto respecto ó que indica a lei.

Ámbalas dúas partes acordan no caso de que as vacacións se tomen fraccionadas, que un dous períodos será polo menos de 15 días naturais ininterrompidos. De tódolos xeitos, procurarase que as vacacións sexan desfrutadas entre os meses de xuño e setembro, cos axustes necesarios segundo as necesidades de producción, negociándose con dous meses de antelación.

Para os casos nos que como resultado dos parágrafos anteriores, a empresa lle asigne a algún traballador días de vacacións fóra do período de xuño a setembro, aboarase como compensación a seguinte porcentaxe de incremento sobre da axuda de vacacións, pola parte proporcional que correspondería do rateo dela os días laborables que se vaian desfrutar. Nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e novembro, o 60%. Nos meses de abril, maio, outubro e decembro o 40%.

Artigo 8º.-Licencias e permisos.

a) Todo o persoal da empresa terá dereito a desfrutar en concepto de licencia retribuída os días naturais ou fracción que a continuación se indican, logo da súa xustificación.

Matrimonio: ó contraelo terá dereito a desfrutar quince días naturais, comezando a contalos desde o primeiro día laborable que lle correspondese traballar, incluído o da data da voda. Así mesmo desfrutará dun día natural no caso de matrimonio de fillos, irmáns e irmáns políticos.

Natalidade: tres días naturais, se ocorre dentro da provincia, podendo ampliarse o devandito prazo nun día, no caso dunha circunstancia excepcional que se xustificará de forma fidedigna e inequívoca. Cinco días naturais, se o nacemento ocorre fóra da provincia.

Enfermidade grave ou hospitalización: ata dous días naturais, ampliables ata cinco no caso de desprazamento fóra da provincia, por enfermidade grave de cónxuxe, fillos, pais, pais políticos, irmáns, avós e netos. Dous días naturais, ampliables ata catro no caso de desprazamento fóra da provincia, por enfermidade grave de fillos políticos, irmáns políticos e avós políticos.

Falecemento: tres días naturais, ampliables ata cinco se é fora da provincia, por falecemento de cónxuxe, fillos, pais de ámbolos cónxuxes, irmáns, netos e avós. Dous días naturais, ampliables ata catro se é fóra da provincia, por falecemento de fillos políticos, irmáns políticos e avós políticos.

Lactación: as traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de interrupción do traballo, que se poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora diaria, coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou o pai no caso de que ambos traballen.

Traslado do domicilio: un día natural por traslado do domicilio habitual.

Consultas médicas: concederase permiso polo tempo estrictamente necesario, nos casos de asistencia á consulta da Seguridade Social, tanto do médico de cabeceira como dos especialistas, cando sexa evidente a imposibilidade de asistir a esas consultas fóra das horas de traballo.

b) Todo o persoal da empresa terá dereito a desfrutar de permiso; as horas de traballo deberá recuperalas no cómputo da xornada anual, logo da xustificación del, para:

Consultas médicas de esposa e fillos que supoñan desprazamento do municipio de residencia polo tempo estrictamente necesario, nos casos de asistencia a consulta dos especialistas da Seguridade Social, e cando sexa evidente a imposibilidade de asistir a esas consultas fóra das horas de traballo.

Xustificación das licencias ou permisos.

1. O traballador deberá avisar coa posible antelación ó seu mando inmediato, co obxecto de que poida adopta-las medidas necesarias e facilitarlle-la oportuna licencia ou permiso. Para a obtención da licencia por matrimonio é preciso que o traballador a solicite polo menos con dez días de antelación á data de comezo do desfrute, co fin de non entorpece-la marcha dos servicios.

2. O traballador deberá presentar xustificación fidedigna do motivo alegado para o desfrute da licencia ou permiso concedidos ou que se vaian conceder.

3. En tódolos casos de enfermidade grave xustificarase mediante certificado médico, no que debe

rá constar especificamente a gravidade e a necesidade da presencia do traballador ou o seu cónxuxe xunto o enfermo.

4. A ampliación da licencia, por casos sucedidos fóra da provincia, concederase sempre que o traballador xustifique que efectuou o correspondente desprazamento.

5. No caso de asistencia á consulta do médico de cabeceira, o traballador deberá presenta-lo correspondente xustificante estendido por aquel, certificando a efectiva asistencia a consulta. No caso de asistencia á consulta dun especialista, o traballador deberá presenta-lo volante do médico de cabeceira no que se lle envía ó especialista e xustificación de que estivo na consulta del. O parte de xustificación do médico de cabeceira ou especialista deberá indica-la hora de asistencia á consulta, co selo, o nome do médico e/ou a súa sinatura. No caso contrario, a ausencia considerarase como falta inxustificada para tódolos efectos.

Capítulo III

Retribucións

Artigo 9º.-Cargas fiscais e de Seguridade Social.

Tódalas cargas fiscais e de Seguridade Social por conta do traballador serán satisfeitas por este e, en consecuencia, a empresa descontará, de acordo cos textos legais en vigor en cada momento, as cantidades que procedan dos seus salarios brutos que ingresará nos organismos correspondentes.

Artigo 10º.-Subida salarial.

A subida salarial que se establece no presente convenio é aplicable a tódolos conceptos vixentes, excepto os contidos no artigo 32º, e durante a vixencia deste, realizarase do seguinte xeito:

a) En 2000, a previsión do IPC xeral do Goberno do Estado para o dito ano, con efectos do 1 de xaneiro do mesmo ano.. Este incremento xa figura consolidado nas cantidades que se recollen no presente convenio.

b) En 2001 a previsión de IPC xeral do Goberno do Estado para o devandito ano.

Artigo 11º.-Incremento da productividade.

Establécese a prima de producción, co compromiso da dirección e dos representantes dos traballadores de potencia-las medidas que foran necesarias para aumenta-la productividade e polo tanto reducir custos de operación.

Loxicamente, este compromiso concretarase na busca de solucións adecuadas a cada caso concreto e ás necesidades de cada momento e serán negociadas, baixo os principios de dilixencia e boa fe, de acordo co espírito da lexislación vixente e as normas internas da organización.

A prima fíxase en 10.000 ptas. por cada 100 ton./home-ano, rateándose as fraccións (sendo ton. as toneladas de caolín vendidas).

Buscaranse índices que sexan o máis simples e obxectivos posible, e tomaranse como base as previsións establecidas no Plan de negocio da empresa.

O falseamento e/ou invención por parte dun ou varios traballadores, de datos que afecten ós valores dos índices indicados, implicará a perda parcial ou total da presente prima de producción para os devanditos traballadores, segundo os casos, ademais do resultado do expediente disciplinario.

Artigo 12º.-Revisión salarial.

Para os anos 2000 e 2001, cando o IPC de carácter xeral establecido polo Instituto Nacional de Estatística fose superior ó previsto, efectuarase unha revisión salarial pola diferencia entre o IPC real e o previsto.

A revisión salarial farase sobre os conceptos pactados no art. 10 e aboaranse con efectos do 1 de xaneiro do ano sobre o que se calcula; unha vez realizada, os novos importes que resulten servirán de base para o incremento salarial e as revisións do ano seguinte. O aboamento da revisión salarial efectuarase nunha soa paga, na nómina do mes seguinte ó que se coñeza o IPC definitivo de cada ano.

Artigo 13º.-Persoal de retribución diaria.

a) Salario base. É o establecido neste convenio para cada categoría profesional.

A distribución e cálculo do importe diario para cada categoría realizarase dividindo o salario base anual polo número de días naturais do ano para o que é calculado, os que se sumarán 30 días por cada unha das dúas pagas extraordinarias do 22 de xuño e 22 de decembro.

b) Cualificación de posto de traballo. Percíbese por día de asistencia ó traballo, na contía que corresponde ó seu nivel.

A distribución e cálculo do importe diario para cada nivel realizarase dividindo a cualificación de posto anual polo número de días de traballo que resulten da aplicación do presente convenio, ós que se suman 21 días por cada unha das dúas pagas extraordinarias do 22 de xuño e 22 de decembro e os días laborables establecidos como vacacións neste convenio.

A suma de ámbolos conceptos integra o salario de convenio e figura no anexo I para cada categoría e nivel, onde se especifica a cantidade teórica que se vai percibir polo ano e que xa inclúe os incrementos pactados neste convenio para 2000.

Artigo 14º.-Persoal de retribución mensual.

a) Salario base. É o establecido neste convenio para cada categoría profesional.

A distribución e cálculo do importe mensual para cada categoría realizarase dividindo o salario base anual por 14 mensualidades, que corresponden ós doce meses máis as dúas pagas extraordinarias do 22 de xuño e 22 de decembro.

b) Complemento de posto de traballo. É a parte de retribución correspondente á diferencia entre o total anual do salario de convenio e o total anual do salario base para cada nivel e categoría profesional.

A distribución e cálculo do importe mensual realizarase dividindo o complemento de posto de traballo anual por 14 mensualidades, que corresponden ós doce meses máis ás dúas pagas extraordinarias do 22 de xuño e 22 de decembro.

O devengo dentro de cada mes será proporcional ó número de días de traballo asistidos.

No anexo II figuran as contías do salario de convenio, para cada nivel e categoría profesional, onde xa están integrados os aumentos pactados para 2000.

Artigo 15º.-Complementos a título persoal.

Se algún traballador estivese percibindo por contrato algún complemento salarial a título persoal revisable, continuará percibíndoo incrementado nas porcentaxes pactadas neste convenio.

Artigo 16º.-Antigüidade.

O módulo para o cálculo e aboamento do complemento de antigüidade continuará sendo o salario base que lle corresponda a cada traballador, e a súa contía será un 5% desta por cada quinquenio de antigüidade.

Artigo 17º.-Traballo en domingos e festivos.

Dadas as características do proceso de producción continua, establécese, como principio xeral, a necesidade de traballa-los domingos e festivos de acordo cos calendarios do artigo 5º, que regula a xornada de traballo.

En tal suposto e para premia-lo persoal que teña que realiza-lo seu traballo en domingos, continúase coa gratificación vixente incrementada nas porcentaxes pactadas neste convenio, que pasa a ser de 2.360 ptas. Do mesmo xeito, o persoal que teña que realiza-lo seu traballo en festivos en réxime de xornada ordinaria, percibirá unha contía de 6.226 pesetas por festivo traballado.

Os traballadores non suxeitos a quendas e que tivesen que asistir ó traballo en domingos ou festivos illados percibirán a mesma gratificación de 6.226 pesetas por xornada completa en calquera tipo de horas.

Os conceptos do presente artigo revisaranse de acordo coas cláusulas de revisión salarial dos artigos 10º e 12º.

Artigo 18º.-Prezos de horas extraordinarias.

a) Os prezos por hora extraordinaria son os establecidos nos anexos III e IV do presente convenio, para cada categoría e nivel, nos que xa se atopan incluídos os incrementos salariais de 2000.

Os prezos calculáronse dividindo o importe do salario anual de convenio, segundo os anexos I e II, que corresponde a cada traballador por 1.800, que son as horas de xornada ordinaria anual pactada. O cociente da división anterior increméntase nun 75% para obte-los prezos que figuran nos anexos III e IV.

b) No caso de que as horas extraordinarias foran realizadas das 0 ás 6 horas e das 22 ás 24 horas consideraranse nocturnas, e o importe que figura nos anexos III e IV, incrementarase nun 20%.

Os prezos anteriores revisaranse de acordo coas cláusulas de revisión dos artigos 10º e 12º.

Artigo 19º.-Complemento de nocturnidade.

Os prezos do complemento por hora ordinaria nocturna son os establecidos nos anexos III e IV do presente convenio, para cada categoría e nivel profesional, nos que xa se encontra incluído o incremento salarial de 2000.

Considéranse nocturnas as horas de traballo realizadas desde as 0 ás 6 horas e desde as 22 ás 24 horas.

Os complementos por hora ordinaria nocturna revisaranse de acordo coa cláusula de revisión que figura neste convenio.

Artigo 20º.-Bono de mantemento.

Aboarase un bono de mantemento de 2.607 ptas. por cada día, que se incrementará en 2.537 ptas. por cada sábado, domingo ou festivo, para o persoal de mantemento, que serán realizados por unha parella de traballadores en rotación semanal entre o equipo de mantemento, sempre que a planta se atope en operación, cubrindo para os devanditos días as chamadas que se lle soliciten polas avarías en equipos de producción, fóra da xornada ordinaria.

No caso de chamada aboarase o importe de dúas horas extraordinarias como mínimo, aínda que o tempo de actuación sexa menor, computando as horas de traballo, desde a iniciación da reparación ata o seu remate in situ.

As chamadas que se produzan a partir das 18 horas e finalicen antes das 3 horas do día seguinte considéranse extraordinarias incorporándose á súa xornada normal ás 9 horas. Cando a chamada remate despois das 3 horas, a incorporación será cunha marxe de 6 horas de descanso.

Se comeza a partir das 5 horas aboarase unha extra e continuarase a xornada normal das 6 horas ás 14 horas. As chamadas a partir das 6 horas seguirán a súa xornada ata completa-las 8 horas normais.

Entre o persoal de mantemento cubriranse as ausencias por vacacións ou baixas dalgún deles.

O exceso de 112 bonos-diarios no ano por traballador será aboado cun incremento do 15%.

Os importes anteriores revisaranse de acordo coas cláusulas de revisión dos artigos 10º e 12º.

Artigo 21º.-Complemento de desprazamento.

O complemento de desprazamento queda establecido en 610 ptas. por día de asistencia ó traballo, tendo este concepto a consideración de suplido e non estando por iso suxeito á cotización na Seguridade Social.

Cando o persoal realice xornada partida cobrará o complemento de desprazamento dúas veces por día, ou sexa un por cada asistencia, polo que a cantidade anual resultante de multiplica-los días de traballo anuais polo complemento de desprazamento e por dous, dividirase nas once mensualidades, deducíndose en cada unha delas os importes correspondentes ós días de non asistencia ó traballo e

que deberán computarse segundo o total de horas en xornada anual.

O importe do complemento será revisado de acordo coa cláusula de revisión salarial establecida no presente convenio colectivo.

Artigo 22º.-Pagas extraordinarias (22 de xuño e 22 de decembro).

A empresa aboará en cada unha delas unha gratificación, en función da categoría, nivel de cada traballador e antigüidade que teñan recoñecida ó 22 de maio e 22 de novembro, respectivamente. E o importe delas calcúlase da seguinte forma:

a) Nómina diaria. Será o resultado de multiplicar por 30 o saldo base diario, calculado segundo o artigo 12º, e incrementado na porcentaxe de antigüidade que corresponda. Esa cantidade sumarase ó resultado de multiplicar por 21 a cualificación de posto diario, calculado igualmente segundo o art. 12º.

b) Nómina mensual. Será o resultado de sumarlle ó salario base mensual, calculado segundo o art. 13 e incrementado na porcentaxe de antigüidade que corresponda, o importe mensual de complemento de posto, calculado igualmente segundo o art. 12º.

En ámbolos dous puntos non se terán en conta as ausencias que houbera, excepto nos casos de suspensión de contrato de traballo, invalidez provisional, excedencia, privación de liberdade, folga e peche empresarial legal.

Ós traballadores que ingresen, que se incorporen ou cesen durante o ano, estas gratificacións aboaranse en proporción ó tempo de permanencia no cadro de persoal, desde o 23 de decembro ó 22 de xuño, ambos inclusive, para a paga extraordinaria do 22 de xuño e desde o 23 de xuño ó 22 de decembro, ambos inclusive, para a paga extraordinaria do 22 de decembro.

Artigo 23º.-Axuda vacacións e gratificación festa local.

A axuda de vacacións fíxase en 55.670 ptas. ó ano, que se aboará proporcionalmente ó tempo de permanencia no cadro de persoal, sen ter en conta as ausencias por enfermidade ou accidente, e no momento en que se desfrute un período igual ou superior a 10 días de vacacións.

A gratificación de festa local queda establecida en 14.375 ptas., que se aboará proporcionalmente ó tempo de permanencia no cadro de persoal, e poderá anticipa-la petición dos traballadores a partir do primeiro día do mes en que se celebre a dita festa.

O traballador que cause baixa por xubilación ou invalidez total percibirá nese ano a axuda de vacacións e a gratificación de festa local completas.

Estes conceptos terán a consideración de suplidos e revisaranse de acordo coa cláusula de revisión salarial dos artigos 10º e 12º.

Artigo 24º.-Gratificación no Nadal.

Ó persoal de quendas que traballe no segundo e terceiro relevo dos días 24 e 31 de decembro e no primeiro relevo dos días 25 de decembro e 1

de xaneiro, aboaráselle unha gratificación das seguintes contías:

1º relevo: días 25 de decembro e 1 de xaneiro, 6.016 pesetas.

2º relevo: días 24 e 31 de decembro, 4.065 pesetas.

3º relevo: días 24 e 31 de decembro, 21.041 pesetas.

As devanditas cantidades serán revisadas de acordo coas cláusulas de revisión dos artigos 10º e 12º.

Artigo 25º.-Axudas de custo.

Se por necesidades laborais e logo de autorización da empresa, fora necesario que o persoal se desprazase a poboacións distintas das que habitualmente preste o seu servicio e precise aloxamento, a empresa facilitará o aloxamento e manutención, aboando os gastos que deberán xustificarse fidedignamente. Para outros gastos aboarase unha axuda de custo de 567 pesetas por día de aloxamento.

O traballador poderá substituír tódolos anteriores conceptos por unha axuda de custo única de 5.672 ptas. por día completo fóra do domicilio habitual.

Ás axudas de custo polo almorzo ou cea establécense en 1.134 ptas. para os traballadores que por necesidades da empresa deban desprazarse do centro de traballo e estean ausentes do seu domicilio só ás horas das comidas. Non se terá dereito a estas axudas de custo cando os medios de locomoción e a distribución do horario permitan que se fagan as comidas no domicilio.

Estes conceptos revisaranse de acordo coa cláusula de revisión salarial dos artigos 10º e 12º.

Os gastos de desprazamento ou medios de locomoción serán por conta da empresa, para os desprazamentos por conta dela, establecendo un prezo de 27 ptas./km cando o desprazamento se realice en vehículo do traballador.

Artigo 26º.-Forma de pagamento.

O pagamento dos salarios será mediante ingreso na conta bancaria que o traballador designe.

O xustificante de ingreso do banco equivalerá á sinatura do recibí dos traballadores no recibo do salario, sen prexuízo da entrega deles.

O pagamento realizarase nos tres primeiros días hábiles do mes seguinte.

Capítulo IV

Organización

Artigo 27º.-Facultade organizativa.

A organización do traballo, respectando as normas e lexislación vixentes, é facultade exclusiva da dirección da empresa.

Polo tanto, esta poderá adoptar libremente medidas no referente ó anterior, sometendo á aceptación do comité de empresa ou delegados de persoal aquelas materias que supoñan modificacións substanciais das condicións colectivas de traballo.

Artigo 28º.-Mobilidade.

Co fin de conseguir unha optimización dos recursos humanos necesarios, ámbalas partes acordan o principio de mobilidade, de acordo co establecido nas disposicións legais vixentes en cada momento e no convenio colectivo.

Artigo 29º.-Formación.

As partes asinantes deste convenio consideran a formación na empresa como factor básico do desenvolvemento individual e colectivo dentro dela.

Para a xestión dos plans de formación, crearase unha comisión mixta de formación con dous representantes da empresa e dous dos traballadores, sendo nomeados os representantes destes últimos polo comité de empresa ou delegados de persoal.

As horas de formación daranse preferentemente en horas de traballo. Naqueles casos en que, por motivos de organización ou de composición de grupos, no puidera facerse dentro da xornada laboral, faranse fóra das horas de traballo, percibindo o traballador 901 ptas. por hora lectiva.

Ámbalas dúas partes están de acordo en que a formación é un ben necesario e fundamental, polo que esta cantidade non pode entenderse como un concepto salarial, senón como un suplido.

Non poderá ser causa de despedimento dun traballador a non adecuación ó posto de traballo, se a empresa non lle facilitou a formación necesaria para a adaptación a el.

Capítulo V

Beneficios sociais e asistenciais

Artigo 30º.-Axudas escolares.

A empresa, de acordo co réxime e condicións actualmente en vigor, aboaralles ós productores por cada fillo que curse estudios nun centro de ensino oficial e legalmente recoñecido, con asistencia regular á clase, unha axuda que terá a contía anual que se detalla a continuación:

Educación infantil primaria e 1º-2º de ESO: 20.878 ptas. 3º e 4º de ESO, bacharelato, COU e FP: 29.490 ptas.

Estudios universitarios de grao medio: 38.102 ptas. e estudios universitarios superiores: 55.325 ptas.

Para obter esta axuda será condición indispensable presenta-lo certificado de estar matriculado e das notas obtidas no curso anterior.

O fillo estudiante non poderá ter máis de 20 anos no caso de bacharel e FP-GM, máis de 22 en FP-GS, máis de 24 en estudios universitarios medios e máis de 26 en estudios universitarios superiores.

No caso de estudios universitarios de grao medio e superiores que non se poidan cursar na zona de residencia, serán compensados cunha axuda de desprazamento de 34.711 ptas. por ano.

Estas mesmas axudas salvo a de desprazamento e nas mesmas condicións, salvo as limitacións da idade, concederánselles ós traballadores que cursen estudios nun centro oficial ou legalmente recoñecido, sempre que acrediten bo aproveitamento.

Perderase o dereito ás devanditas contías nos estudios de grao medio e superiores, cando o número de materias aprobadas no curso anterior, se existise, fora inferior ó 50% das matriculadas ou dos seus créditos sen que poida ser menos dunha, e sempre que non se puidesen xustificar circunstancias excepcionais, como enfermidade prolongada, accidente ou outras semellantes.

As devanditas contías serán revisadas cada ano de vixencia do convenio, nas porcentaxes pactadas no artigo 10º, se o incremento da cantidade total por este concepto, respecto ó ano anterior, é inferior á suma pactada.

Estas axudas faranse efectivas antes do día 20 de novembro de cada ano.

Artigo 31º.-Protección a munisválidos psíquicos.

Ós traballadores con fillos munisválidos psíquicos, recoñecidos como tales polo Instituto Nacional de Previsión, que sexan socios da Mutualidade de Previsión Social para a Axuda a Minisválidos Psíquicos, a empresa aboaralles o 50% da cota anual tipo D, logo da presentación do recibo de pagamento correspondente á dita cota.

Ademais a contía da axuda ós traballadores, fíxase en 55.940 ptas. por cada fillo minusválido, menor de 30 anos. No caso de que o fillo minusválido curse estudios nun centro de ensino especial, a cantidade será de 77.253 pesetas.

Para ter dereito a estas axudas é necesario presenta-la documentación acreditativa de estar recoñecido como diminuído físico ou mental polo Instituto Nacional da Saúde e a axuda do parágrafo segundo o presente artigo é incompatible coas axudas de estudios establecidas no artigo anterior.

Artigo 32º.-Seguro de vida.

A empresa ten concertado, ademais dos seguros establecidos pola lexislación vixente, un seguro de vida a favor dos traballadores en cadro de persoal; a contía, invariable durante a vixencia do presente convenio colectivo, será a seguinte:

Para o productor solteiro 3.000.000 de ptas., para o productor casado ou con parella de feito legalmente recoñecida, con ou sen fillos 4.000.000 de ptas. e para o productor casado con tres ou máis fillos ó seu cargo: 4.500.000 ptas.

As mesmas contías serán aplicables en caso de invalidez absoluta permanente e no caso de invalidez total permanente. No caso de falecemento por accidente as contías anteriores duplicaranse. Co obxecto de poder formaliza-las novas coberturas, no caso de invalidez total permanente e dos incrementos de capital sobre o convenio anterior, no resto das coberturas, estas entrarán en vigor non máis tarde do 1 de outubro de 2000, agás por causa imputable ó traballador.

Artigo 33º.-Fondo cultural e préstamos.

1. A empresa poñerá á disposición dos representantes dos traballadores con destino a fins culturais, deportivos e vacacionais a contía máxima de 159.390 ptas.

2. A empresa facilitará ata unha cantidade total anual de 159.390 ptas. en créditos para devolver nun ano, en casos de necesidade comprobada.

As cantidades que se reintegren da amortización dos préstamos poderanse aplicar para conceder novos préstamos.

As cantidades indicadas neste artigo serán revisadas, de acordo coas cláusulas de revisión dos artigos 10º e 12º.

Artigo 34º.-Incapacidade temporal.

Ó traballador en situación de incapacidade temporal como consecuencia de accidente de traballo, a empresa garantiralle a diferencia entre o percibido da mutualidade como consecuencia da devandita incapacidade e o 100% do salario definido neste convenio.

Ó traballador en situación de incapacidade temporal como consecuencia de enfermidade ou accidente non laboral, a empresa garantiralle-la diferencia entre o percibido da Seguridade Social como consecuencia da dita IT e o 75 % do salario definido neste convenio, para a primeira semana e o 95% polo resto dos días.

Artigo 35º.-Garantías persoais.

A aqueles traballadores que causaron baixa no Departamento de Exploración Mineira (sección norte) de Río Tinto Minera, S.A. para ingresar en Cavisa, a empresa respectaralles a título persoal as garantías e o réxime que no caso de baixa por incapacidade temporal e xubilación tivesen naquela empresa.

Capítulo VI

Outros

Artigo 36º.-Seguridade e hixiene.

Aplicarase en materia de seguridade e hixiene as disposicións do Estatuto do mineiro e a Lei de prevención de riscos laborais, así como toda normativa que os desenvolva, ou outras normas internas que sexan de aplicación específica para as actividades da empresa.

As partes asinantes do presente convenio manifestan e coinciden en que é preciso potenciar políticas de prevención dos riscos laborais para a saúde do traballador e para diminuír a sinistrabilidade laboral potenciaranse accións formativas e informativas en defensa da seguridade e hixiene no traballo.

Artigo 37º.-Recoñecemento médico.

A empresa continuará realizando o recoñecemento médico, alomenos unha vez ó ano.

Artigo 38º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitaralles ós traballadores que polo seu cometido o necesiten, dous equipos de roupa de traballo ó ano que serán entregados, un antes de rematar xaneiro e o outro antes de rematar xullo. Se durante o ano sufriran deterioración repoñeráselles contra a entrega da inutilizada. A roupa de traballo e elementos persoais de seguridade son propiedade da empresa. O traballador ten o deber de usalos correctamente, exclusivamente no traballo e cuidando do seu estado e conservación.

Artigo 39º.-Reunións.

A empresa concederá permiso para efectuar asembleas entre relevos, dentro do recinto dela, sempre que sexa necesario e sen prexuízo do proceso de producción.

Artigo 40º.-Recolocacións.

A empresa contratará prioritariamente o persoal afectado polo expediente de regulación de empresa, realizado en abril de 1994, segundo a afiliación ás listas de recolocación que estas realicen de forma voluntaria.

Capítulo VII

Disposicións derradeiras

Artigo 41º.-Vinculación na totalidade.

O presente convenio constitúe un todo orgánico. quedando as partes vinculadas ó cumprimento da totalidade, polo que non será válida calquera aplicación parcial ou individualizada do conxunto, e no suposto de que a xurisdicción laboral no exercicio das súas funcións non aprobara algún dos puntos deste convenio ou modificara calquera deles, este quedaría sen eficacia e deberíase volver a negocia-lo seu contido.

Se nalgún momento algunha das cláusulas deste convenio vulnerase calquera disposición legal de necesaria aplicación, sería modificada na medida necesaria para adaptala ó precepto de dereito necesario.

Artigo 42º.-Dereito supletorio.

En todo o non previsto neste convenio, as relacións laborais regularanse polo Estatuto dos traballadores, Estatuto do mineiro, normas internas e demais disposicións legais vixentes, así como as que se promulguen durante a súa vixencia.

Artigo 43º.-Disposición derradeira.

As percepcións de todo tipo existentes con anterioridade ó asinamento deste convenio, así como as melloras establecidas nel, son absorbibles e compensables en cómputo anual con calquera subida salarial establecida ou que no futuro se estableza por obriga legal.

ANEXO I

Salarios nómina diaria (2000)

CategoríaNivel1-D2-D3-D4-D5-D

DíaAno DíaAno DíaAno DíaAno DíaAno

Xefe de equipoSalario base2.4741.054.0072.4741.054.007
Cual. Pto. traballo4.7641.381.5954.4981.304.379

Salario convenio174.2642.435.602168.6782.358.386

CategoríaNivel1-D2-D3-D4-D5-D

DíaAno DíaAno DíaAno DíaAno DíaAno

Oficial de 1ªSalario base2.4441.040.9982.4441.040.9982.4441.040.9982.4441.040.9982.4441.040.998
e mineiro de 1ªCual. Pto. traballo4.7641.381.5954.4981.304.3794.2281.226.0563.9601.148.2883.6841.068.300

Salario convenio173.3642.422.593167.7782.345.377162.1082.267.054156.4802.189.286150.6842.109.298

Oficial de 2ªSalario base2.325990.5772.325990.5772.325990.5772.325990.5772.325990.577
e mineiro de 2ªCual. Pto. traballo4.7641.381.5954.4981.304.3794.2281.226.0563.9601.148.2883.6841.068.300

Salario convenio169.7942.372.172164.2082.294.956158.5382.216.633152.9102.138.865147.1142.058.877

Oficial de 3ªSalario base2.276969.4372.276969.4372.276969.4372.276969.4372.276969.437
e mineiro de 3ªCual. Pto. traballo4.7641.381.5954.4981.304.3794.2281.226.0563.9601.148.2883.6841.068.300

Salario convenio168.3242.351.032162.7382.273.816157.0682.195.493151.4402.117.725145.6442.037.737

PeónSalario base2.226948.2962.226948.2962.226948.2962.226948.2962.226948.296
especialistaCual. Pto. traballo4.7641.381.5954.4981.304.3794.2281.226.0563.9601.148.2883.6841.068.300

Salario convenio166.8242.329.891161.2382.252.675155.5682.174.352149.9402.096.584144.1442.016.596

ANEXO II

Salarios nómina mensual

CategoríaNivel6-M7-M8-M9-M10-M

MesAno MesAno MesAno MesAno MesAno

Xefe administr.Salario base101.4931.420.898
Cual. Pto. traballo78.3551.096.967

Salario convenio179.8482.517.865

Oficial 1ªSalario base87.7951.229.12787.7951.229.12787.7951.229.127
administrativoCual. Pto. traballo78.3551.096.96775.7721.060.80973.1821.024.545

Salario convenio166.1502.326.094163.5672.289.936160.9772.253.672

Oficial 2ªSalario base82.1471.150.05382.1471.150.053
administrativoCual. Pto. traballo75.7721.060.80973.1821.024.545

Salario convenio157.9192.210.862155.3292.174.598

AuxiliarSalario base73.3051.026.264
administrativoCual. Pto. traballo70.594988.310

Salario convenio143.8992.014.574

Salario base90.1701.262.37390.1701.262.373
Técnico 1ªCual. Pto. traballo97.7091.367.92486.7691.214.771

Salario convenio187.8792.630.297176.9392.477.144

Salario base82.1451.150.02382.1451.150.02382.1451.150.023
Técnico 2ªCual. Pto. traballo97.7091.367.92486.7691.214.77175.8331.061.667

Salario convenio179.8542.517.947168.9142.364.794157.9782.211.690

Salario base73.3081.026.316
Técnico 3ªCual. Pto. traballo75.8331.061.667

Salario convenio149.1412.087.983

Salario base69.288970.03769.288970.037
SubalternoCual. Pto. traballo74.9691.049.56171.5401.001.562

Salario convenio144.2572.019.598140.8281.971.599

ANEXO III

Horas extraordinarias e complem. ordinarias noite (2000)

CategoríaNivel1-D2-D3-D4-D5-D

Xefe equipoHora extraordinaria2.3682.293

Complemento por hora ordinaria nocturna230221

Oficial 1ª e mineiro de 1ªHora extraordinaria2.3552.2802.2042.1282.051

Complemento por hora ordinaria nocturna227220212202196

Oficial 2ª e mineiro de 2ªHora extraordinaria2.3062.2312.1552.0792.002

Complemento por hora ordinaria nocturna222213206198192

Oficial 3ª e mineiro de 3ªHora extraordinaria2.2862.2112.1352.0591.981

Complemento por hora ordinaria nocturna221213202197190

Peón especialistaHora extraordinaria2.2652.1902.1142.0381.961

Complemento por hora ordinaria nocturna218212201197189

ANEXO IV

Horas extraordinarias e complem. ordinarias noite (2000)

CategoríaNivel6-M7-M8-M9-M10-M

Xefe administrativoHora extraordinaria2.448

Complemento por hora ordinaria nocturna243

CategoríaNivel6-M7-M8-M9-M10-M

Oficial 1ª administrativoHora extraordinaria2.2612.2262.191

Complemento por hora ordinaria nocturna224221218

Oficial 2ª administrativoHora extraordinaria2.1492.114

Complemento por hora ordinaria nocturna214211

Auxiliar administrativoHora extraordinaria1.959

Complemento por hora ordinaria nocturna183

Técnico 1ªHora extraordinaria2.5572.408

Complemento por hora ordinaria nocturna249234

Técnico 2ªHora extraordinaria2.4482.2992.150

Complemento por hora ordinaria nocturna240224211

Técnico 3ªHora extraordinaria2.030

Complemento por hora ordinaria nocturna197

SubalternoHora extraordinaria1.9631.917

Complemento por hora ordinaria nocturna193189