Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 13/2000 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:
En Santiago de Compostela, 11 de maio de 2000.
En nome de S.M. El-Rei.
Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza de instrucción, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 13/2000, seguida por unha falta de lesións, no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, como denunciante, Mª Dolores Caneda Freire e, como denunciada, Mª Oliva Pombo Martínez, pronunciou a seguinte sentencia.
Decido que debo condenar e condeno a Mª Oliva Pombo Martínez, como autora dunha falta do artigo 617.1º do Código Penal, á multa dun mes e cota
diaria de 200 pesetas, con responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada tres cotas non pagadas, e a que indemnice en concepto de responsabilidade civil a Mª Dolores Caneda Freire, coa cantidade de 10.000 pesetas polos días de curación.
Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña -Sección 6ª, con sede en Santiago de Compostela-, no prazo de cinco días desde a súa notificación.
Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.
E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Mª Oliva Pombo Martínez, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o vinteoito de agosto de dous mil.
O secretario
Rubricado