Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 20 de setembro de 2000 Páx. 13.196

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2000, pola que se anuncia, polo sistema de concurso e procedemento aberto, declarado de urxencia, a obra de ampliación do CEIP Bispo Guerra Campos de Bertamiráns-Ames (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Subdirección Xeral de Contruccións e Equipamento.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: ampliación do CEIP Bispo Guerra Campos.

b) Lugar de execución: Bertamiráns-Ames (A Coruña).

c) Prazo de execución: 4 meses.

d) Nº de expediente: SXCE 29/00/O.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 90.719.999 ptas. (545.238,18 euros).

5. Garantías.

Provisional: ver prego.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Información).

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n, e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

6.2. Documentación.

a) Teléfono: 981 59 07 11.

b) Enderezo: Rúa Nova de Abaixo, 19. Santiago de Compostela (A Coruña).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupo: todos, e categoría: E.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

1ª Entidade: rexistro xeral. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2ª Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15704.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ver prego.

e) Admisión de variantes (concurso): ver prego.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas).

b) Enderezo: edifico administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o cuarto día hábil contado a partir do remate do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: 12.15 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2000.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria