Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 20 de setembro de 2000 Páx. 13.196

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (114/2000).

En virtude do acordado en resolución dicatda no día da data, en autos de xuízo declarativo civil de menor contía nº 114/2000, seguido neste xulgado por instancia de María Luisa Pájaro Vázquez, representada polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra María del Carmen Pájaro Vázquez, sobre división de cousa común, por medio desta cédula emprázase a demandada María del Carmen Pájaro Vázquez, con últimos domicilios coñecidos na rúa Anxeriz, nº 8, O Milladoiro-Ames, A Coruña, e estrada xeral 47, 2 edificio Caya, Cabo Blanco (Tenerife), co fin de que no termo de dez días poida comparecer nos autos, baixo apercibimento de ser declarada en situación procesual de rebeldía de recaeren sobre ela os demais prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que lle sirve de emprazamento en forma á referida demandada, á que se lle fai saber que as copias da demanda e documentos se atopan á súa disposición na secretaría deste xulgado, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o vintesete de xullo de dous mil.

O secretario

Rubricado