Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 19 de setembro de 2000 Páx. 13.139

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo provincial da empresa Unidad de Vehículos Industriales, S.A., (Unvi, S.A.) de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo provincial da empresa Unidad de Vehículos Industriales, S.A., (Unvi, S.A.) de Ourense (código convenio nº 3200722) e o seu anexo II, con entrada nesta delegación provincial o día 27-7-2000, subscrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social, polo comité de empresa, o día 2-6-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 8 de agosto de 2000.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo

Unidad de Vehículos Industriales, S.A.

(Unvi, S.A.), 2000-2001

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio será de aplicación para a empresa Unidad de Vehículos Industriales, S.A., (Unvi, S.A.) e tódolos seus traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Queda comprendido neste convenio todo o persoal asalariado da compañía Unvi, S.A. excepto os que exerzan funcións de alta dirección ou alto consello e as persoas ligadas por contratos mercantís ou civís.

Artigo 3º.-Duración, prórroga e denuncia.

A duración do presente convenio será de dous anos, 2000 e 2001, a partir do 1 de xaneiro de 2000 e prorrogarase de ano en ano se non se denuncia con tres meses de antelación ó termo da súa vixencia. A referida denuncia deberá facerse coa comunicación á que fai referencia o artigo 89 do Estatuto dos traballadores. O texto do presente convenio será de obrigatorio cumprimento mentres non sexa substituído por outro que no seu día se negocie.

Artigo 4º.-Garantía (ad personam).

As cantidades superiores pactadas a título persoal ou calquera outra mellora que teña establecida na empresa serán respectadas na súa totalidade.

Artigo 5º.-Compensanción e absorción.

As melloras do presente convenio poderán ser compensadas ou absorbidas con calquera outra mellora voluntaria ou por disposición legal en cómputo anual, excepto que expresamente se pacte o contrario.

Artigo 6º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 1.792 horas para o ano de vixencia, distribuídas a través de oito horas diarias de luns a venres. Os quince minutos de bocadillo computaranse como xornada efectiva de traballo.

Artigo 7º.-Vacacións.

As vacacións anuais consistirán no desfrute de 30 días naturais, que se desfrutarán preferentemente durante o mes de agosto.

A nómina correspondente ó período de desfrute de vacacións será igual á dunha mensualidade normal de traballo.

O traballador en situación de IT ó comezo do período vacacional poderá recupera-los días de vacacións nos que se atopase en situación de baixa por IT, ata un máximo de 15 días.

A empresa queda facultada para investigar e inspecciona-la realidade da situación de baixa por IT.

O período de vacacións interromperase no suposto de que o traballador contraia matrimonio no período vacacional.

Artigo 8º.-Salarios.

Para el año 2000 os salarios aumentarán un 3,7% sobre as táboas vixentes o 31 de decembro de 1999, con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2000.

O concepto de retribución voluntaria (aqueles traballadores que o veñen percibindo) incrementarase nun 3,7% sobre a cantidade vixente o 31 de decembro de 1999.

Para 2001, o incremento salarial será o IPC previsto máis o 0,5%. No suposto de que o IPC real, o 31 de decembro de 2001, fose superior ó incre

mento salarial (IPC previsto máis 0,5%) procederase a incrementa-los salarios na diferencia entre ambos con efectos do 1 de xaneiro de 2001.

Artigo 9º.-Antigüidade.

Establécese un complemento de antigüidade por quinquenios, en contía do 6% do salario base a 1 de xaneiro de 2000.

Artigo 10º.-Complemento de transporte.

Aboarase un complemento de transporte por día efectivamente traballado na contía de 165 ptas. e garantirase a súa percepción, en todo caso, durante 224 días.

Artigo 11º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense dúas pagas extraordinarias pagadoiras antes do 15 de xullo e outra antes do 22 de decembro, consistentes no aboamento do salario base máis a retribución voluntaria complementaria, iguais ás correspondentes a unha mensualidade normal de traballo.

Artigo 12º.-Gastos de desprazamento.

Os gastos de desprazamento serán aboados pola empresa, logo da súa xustificación.

Artigo 13º.-Licencias e excedencias.

O réxime de licencias acomodarase ó disposto nos seguintes puntos:

-Por matrimonio: 15 días naturais.

-Por nacemento de fillo: 4 días naturais.

-Por matrimonio de fillos: 2 días naturais.

-Por morte ou enfermidade grave do cónxuxe, pais, irmáns, pais políticos, avós, netos e fillos, o tempo indispensable cun mínimo de 2 días naturais.

-Por morte de tíos políticos: 1 día natural.

-Por morte de irmáns políticos, avós políticos e tíos: 2 días naturais.

-Por morte dun sobriño: 1 día natural.

-Por exames: o tempo necesario con xustificación.

-Por parto da muller traballadora observarase a lexislación vixente.

No caso de que o feito causante acontecese fóra da provincia, corresponderá un día natural máis dos previstos.

O traballador que teña ó seu cargo algún diminuído físico ou psíquico terá dereito a unha reducción da xornada de polo menos 1/3, coa correspondente reducción salarial.

O traballador terá dereito, coa xustificación, ós necesarios períodos de ausencia ó traballo, cando se someta a técnicas de fertilización legalmente autorizadas ou de esterilización.

Para tódolos efectos deste artigo, entenderase por enfermidade grave sempre que exista necesidade de

hospitalización, intervención cirúrxica, necesidade de acompañante e sempre que así sexa cualificado polo facultativo correspondente.

Artigo 14º.-Incapacidade temporal (IT).

O traballador na situación de IT percibirá nos 45 primeiros días da devandita situación o 100% do salario cotizable dun mes, salvo no caso de accidente laboral, no que se percibirá o 100% a partir do primeiro día. O dito complemento aboarase tamén na súa parte proporcional nas pagas extraordinarias.

A mellora de prestacións incluída no parágrafo anterior só operará cando o absentismo non supere o 4%, sen que se teñan en conta no cómputo da dita porcentaxe os procesos de longa enfermidade e accidente laboral. Nos casos nos que non entre en xogo a mellora de prestacións, operará o sinalado pola lexislación vixente.

Artigo 15º.-Póliza de seguros.

A empresa deberá concertar con primas íntegras ó seu cargo unha póliza de seguros que cubra as seguintes indemnizacións:

-Falecemento por causa natural, incluso enfermidade profesional: 1.750.000 ptas.

-Invalidez permanente total ou absoluta por causas naturais ou por enfermidade profesional: 1.750.000 ptas.

-Falecemento por accidente laboral ou común: 4.000.000 de ptas.

-Invalidez permanente total, absoluta ou gran invalidez por accidente laboral ou común: 4.000.000 de de ptas.

Artigo 16º.-Seguridade e hixiene.

A empresa obrígase ó cumprimento inescusable das normas sobre seguridade e hixiene, acomodando a súa actuación ó previsto na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Artigo 17º.-Comisión mixta paritaria.

Constitúese unha comisión mixta paritaria de interpretación e cumprimento do convenio, integrada polos membros do comité de empresa e os membros da dirección da empresa que interviñesen na negociación do convenio, que terá como función a interpretación e vixilancia do cumprimento do pactado.

Artigo 18º.-Roupa de traballo.

A empresa entregará desde o primeiro día de traballo a roupa de protección e hixiene necesaria segundo a lexislación vixente.

O persoal obreiro percibirá dúas fundas ou roupas semellantes ó entrar no traballo por primeira vez e unha máis cada seis meses.

Nos postos nos que se precise calzado especial por motivos de seguridade, a empresa facilitarao e a comisión mixta fixará o número de pares que sexan necesarios no ano.

Os productores que realicen traballos especiais, que serán definidos pola comisión mixta paritaria,

recibirán unha funda máis cada catro meses. O persoal administrativo terá o mesmo dereito a pezas de roupa asimilables ás súas funcións, sempre que así o solicite persoalmente.

Artigo 19º.-Formación laboral.

No tocante á formación laboral, analizarase cada un dos casos concretos que se vaian producindo e que sexan de interese tanto para a empresa como para os traballadores.

Disposición derradeira

En todo o non previsto no presente convenio observarase o disposto na ordenanza laboral para as industrias siderometalúrxicas, no Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores, a Lei orgánica de liberdade sindical e as demais disposicións de legal aplicación.

ANEXO I

Táboa salarial, convenio 2000

CategoríaSub.-Cat. ASub.-Cat. B

* Persoal obreiro
Peón4,2193,671
Especialista4,2503,702
Oficial de 3ª4,3063,757
Oficial de 2ª4,3753,827
Oficial de 1ª4,4783,929
Traballad. menor 18 anos4,2193,671

* Persoal subalterno
Almaceneiro4,1793,671
Probador4,3353,827
Listeiro4,2653,757
Recepcionista4,1793,671
Vixilante4,1793,671
Ordenanza4,1793,671
Porteiro4,1793,671
Conserxe4,1793,671
Chofer turismo4,3353,827
Chofer camión4,4363,929
Telefonista4,2653,757

* Persoal técnico
Mestre taller5,1734,664
Xefe de taller5,3104,802
Encargado5,1734,664
Titulado medio5,3104,802
Titulado superior5,5265,017
Delineante proxectista5,0064,499
Delineante de 1ª4,4363,929
Calcador-reproductor4,2653,757
Delineante de 2ª4,3353,827
Controlador4,3353,827
Téc. organización de 1ª4,4343,929
Téc. organización de 2ª4,3353,827
Aux. organización de 1ª4,2653,757
Aux. organización de 2ª4,2113,702

* Persoal administrativo
Aux. administrativo4,2653,757
Oficial Admvo. de 1ª4,4363,929
Oficial Admvo. de 2ª4,3353,827
Viaxante ou vendedor4,2653,757
Xefe Admvo. de 1ª4,4943,987
Xefe Admvo. de 2ª4,4363,929

CategoríaSub.-Cat. ASub.-Cat. B

Caixeiro4,2653,757
Xefe almacén4,4363,929
Xefe contabilidade4,4943,987
ATS5,3104,802
Traductor idiomas4,3353,827
Programador4,3353,827
Analista4,3553,827

ANEXO II

Este convenio colectivo negociárono e asínano os representantes da dirección da empresa: Javier González Pereira e Ramón González Doniz e os membros do comité de empresa en representación dos traballadores, Narciso Martínez Ojea, Félix Chaudarcas Gómez, Manuel Álvarez González, Elías Rubín Currás e Francisco Núñez Iglesias