Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 14 de setembro de 2000 Páx. 12.943

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Gestamp Vigo, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Gestamp Vigo, S.A., con nº de código 3603302, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 19-7-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 7-7-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 26 de xullo de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo Gestamp Vigo, S.A.

Anos 2000, 2001 e 2002

En Vigo (Pontevedra), o 7 de xullo de 2000, reúnense, dunha parte, a dirección de Gestamp Vigo, S.A. (en diante, Gestamp Vigo), representada neste acto por Fernando Aramburu Núñez, na súa calidade de director xerente da mesma e apoderado a tal fin, e da outra Julio Rodríguez Padilla, Juan A. Gómez Pérez, Enrique Araújo Álvarez, Rosa Alonso Alonso, Eduardo Álvarez Pereira, Ángel Alonso Comesaña, José A. Villar Blanco, Eladio Rodríguez Arias, Manuel Meréns Cao, na súa calidade de membros do comité de empresa de Gestamp Vigo.

As partes, na representación que respectivamente desempeñan, recoñécense mutuamente capacidade e lexitimación suficientes para a subscrición do presente convenio colectivo, de acordo co disposto no articulado seguinte.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial e funcional.

O presente convenio afecta á totalidade do cadro de persoal que presta os seus servicios profesionais para Gestamp Vigo, S.A., no seu centro de traballo situado na rúa Casas, nº 1, San Andrés de Comesaña, 36216 Vigo (Pontevedra).

No suposto de constitución dun novo centro de traballo na provincia de Pontevedra, vixente na duración do presente convenio, será de aplicación ós traballadores que presten os seus servicios profesionais nel.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

O presente convenio terá vixencia durante os exercicios 2000, 2001 e 2002 retrotraéndose os seus efectos, en consecuencia, ó 1 de xaneiro de 2000 e rematando o 31 de decembro de 2002.

Unha vez concluída a duración pactada, e ata tanto non se logre acordo expreso, manterán a súa vixencia os artigos normativos do convenio.

Artigo 3º.-Deber de paz.

Durante a vixencia do presente convenio, e en relación con calquera controversia que puidese xurdir para a interpretación, alcance, aplicación e cumprimento deste, será preceptiva a intervención previa da comisión paritaria do mesmo.

De non chegarse a acordos, será obrigatoria a mediación sempre que o demande unha das partes do conflicto.

Artigo 4º.-Vinculación ó convenio provincial.

Para o resto de condicións non reguladas no presente convenio, aplicarase o disposto no convenio provincial para a industria siderometalúrxica de Pontevedra e demais lexislación aplicable.

Artigo 5º.-Pacto de globalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, será considerado na súa totalidade.

Artigo 6º.-Comisión de vixilancia e interpretación.

Esta comisión estará integrada polos membros designados polas partes asinantes deste convenio, nun número máximo de 3 por cada unha delas e terá como funcións, áparte da interpretación, vixilancia e aplicación do convenio, a conciliación, mediación e arbitraxe nos conflictos e cuestións que poidan suscitarse na súa aplicación e no se desenvolvemento.

Capítulo II

Condicións económicas/retributivas

Artigo 7º.-Incremento salarial.

O incremento salarial será sobre tódolos conceptos retributivos.

Sobre o salario base incrementarase en tódalas categorías, 3.000 pesetas.

Os salarios para o exercicio 2000 son os reflectidos no anexo I deste convenio, que inclúen o incremento salarial, compensación por antigüidade e incremento do complemento de transporte. Para as primas e calquera outro concepto recollido nel o incremento será do 4,75%.

Para o ano 2001 o salario base incrementarase en tódalas categorías, 2.000 pesetas, sobre a cantidade resultante. O incremento salarial será o IPC previsto polo Goberno mais o 1,5%, todo iso sobre os valores da táboa anexa a este convenio e en igual porcentaxe as primas e calquera outro concepto recollido nel.

Para o ano 2002 o salario base incrementarase en tódalas categorías, 1.500 pesetas, sobre a cantidade resultante o incremento salarial será o IPC previsto polo Goberno máis o 1,5%, e todo iso sobre os valores da táboa deste convenio do ano 2001 e en igual porcentaxe as primas e calquera outro concepto recollido nel.

Respectaranse as condicións económicas derivadas das condicións persoais do traballador.

Artigo 8º.-Antigüidade

O actual complemento de antigüidade quedará configurado do seguinte xeito:

a) Mantéñense e consolídanse os importes que polo complemento persoal de antigüidade, a data do 31-12-2002 tivese cada traballador, como complemento persoal non absorbible nin compensable, non xerándose máis quinquenios a partir da dita data. O importe anterior así determinado adicionaráselle, de se-lo caso, o importe equivalente á parte proporcional de antigüidade que o traballador fixo tivera devengada e non cobrada na data de entrada en vigor do seguinte convenio, calculándose por exceso ou defecto por períodos de seis meses.

b) Os complementos e cantidades referidos na letra a) terán no futuro o mesmo incremento que se pacte para o salario base.

c) Os contratos que se fagan ou se convirtan en indefinidos a partir do 31 de decembro de 2002 non devengarán antigüidade.

d) En compensación ó disposto nos parágrafos anteriores, aplicaranse como incremento do ano 2000 os valores que figuran no anexo II, e nos anos 2001 e 2002 con efectos do 1 de xaneiro deses anos, un incremento salarial dun 2% e 1% respectivamente para tódalas categorías profesionais ou niveis salariais. O citado incremento incluirase no salario base do convenio.

Artigo 9º.-Complemento de axuda escolar.

Aqueles traballadores con fillos en idade escolar, percibirán unha vez ó ano, incorporado á nómina correspondente ó mes de outubro e logo de xustificación documental de tal extremo, as cantidades que se detallan a continuación:

-Fillos en idade escolar: 9.000 pesetas por fillo.

-Fillos na universidade: 25.000 pesetas por fillo.

Artigo 10º.-Complemento de traballos especiais.

As partes, vixente a duración do presente convenio, comprométense expresamente ó desenvolvemento dunha política activa en materia de seguridade e saúde laboral que inclúa, como obxectivos primordiais, a mellora xeral das condicións nas que os traballadores prestan os seus servicios profesionais e, en especial, a detección, atenuación e/ou eliminación dos riscos e molestias que, se é o caso, puidesen derivarse do desenvolvemento da súa actividade en determinados postos de traballo.

Establécese un complemento de ruídos para todo o persoal de taller, incluído o de calidade e almacén da empresa, que será, no primeiro ano de vixencia do convenio, o 50% da cantidade establecida no convenio colectivo provincial siderometalúrxico para o complemento de traballos especiais para o ano 2000. Da cantidade resultante da operación anterior descontaranse 3.000 pesetas mensuais.

Para o segundo e terceiro ano de vixencia do convenio, a cantidade que se percibirá por este suposto será a totalidade do que se estableza no convenio siderometalúrxico provincial para ese mesmo período, a excepción das seguintes cantidades, para o 2001, 2.000 ptas e para o 2002, 1.500 ptas.

O persoal exposto ademais a toxicidade, percibirá o referido complemento en idénticas condicións ás previstas no convenio provincial do siderometal, excepto no referente ó desconto das cantidades referidas no parágrafo anterior.

Se a 31 de decembro de 2001 se está nas novas instalacións do Porriño, os anteriores complementos só serán de aplicación naqueles casos, nos que a avaliación de riscos así o determine.

Capítulo III

Xornada laboral

Artigo 11º.-Xornada anual.

Establése preferentemente de luns a venres e o tempo de bocadillo contará como tempo efectivo de traballo.

Para o exercicio 2000, as partes conveñen que a xornada laboral anual se reducirá en 4 horas respecto á realizada en 1999, que ascendeu a 1.788 horas.

En consecuencia, a xornada anual de 2000 será de 1.784 horas.

Para o exercicio 2001, a xornada reducirase noutras 6 horas anuais, quedando reducida, en consecuencia, a 1.778 horas.

Para o exercicio 2002, a xornada reducirase noutras 6 horas anuais, quedando reducida, en consecuencia, a 1.772.

Artigo 12º.-Permisos para exames.

Aqueles traballadores que, con motivo de circunstancias académicas regradas, e sempre que o soliciten coa suficiente antelación como para non afectar ó proceso productivo, terán dereito ó desfrute do tempo necesario para concorreren a exames.

Capítulo IV

Dereitos sociais e sindicais

Artigo 13º-Seguro colectivo.

No prazo de dous meses a partir da sinatura do presente convenio, a empresa concertará un seguro colectivo de accidentes, con primas íntegras ó seu cargo, mediante pólizas que cubran as seguintes indemnizacións:

a) Accidente laboral ou común con resultado de morte: 3.000.000 de pesetas.

b) Accidente laboral ou común con resultado de invalidez permanente, absoluta ou grande invalidez: 5.000.000 de pesetas.

Artigo 14º.-Contratación indefinida.

Como continuación da política seguida nesta materia nos últimos anos, e para potencia-lo emprego estable, en detrimento da contratación temporal, Gestamp Vigo comprométese a incrementar, durante os 2 próximos anos, o número de contratos indefinidos, de tal xeito que supoñan, ó remate deste período, a lo menos, unha cifra equivalente ó 40% da contratación total da planta, establecéndose un mínimo de 30 persoas.

Os criterios fixaranse razoadamente entre a dirección da empresa e o comité.

Artigo 15º.-Indemnización por extinción de contrato de traballadores eventuais.

A empresa aboaralles mensualmente ós/ás traballadores/as con contratos non indefinidos, polo concepto de indemnización, unha compensación de eventualidade do importe de un día e setenta e cinco (1,75) por mes traballado.

No caso de conversión dun contrato eventual en indefinido, sempre que se respecte a antigüidade do traballador, a empresa resarcirase do importe pagado por este concepto de común acordo co traballador.

Artigo 16º.-Incorporación da muller.

En consonancia co disposto na lexislación vixente en tal materia, Gestamp Vigo comprométese ó exercicio dunha política activa que permita e potencie a plena incorporación da muller á empresa, garantindo o seu acceso ós distintos procesos de selección para a incorporación de traballadores á planta, así como a súa equiparación, en canto a categoría e salario, respecto ós traballadores masculinos.

Artigo 17º.-Saúde laboral.

A elección dos delegados de prevención poderase facer de entre os/as traballadores/as, gozando das mesmas garantías que se estivesen no comité, incluído o crédito horario.

Artigo 18º.-Contratos eventuais de duración determinada por circunstancias do mercado, por acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

Estes contratos, regulados no vixente artigo 15.1º do Estatuto dos traballadores, poderán ter unha duración máxima de 13,5 meses dentro dun período de 18 meses, contados a partir do momento no que se produzan as ditas causas.

E, en proba de conformidade con canto antecede, a representación da parte social e a dirección da empresa subscriben e obríganse a cumprir este convenio, no lugar e data indicados no encabezamento.

ANEXO I

Salarios 2000

Grupos profesionaisSalario

mes

Salario

ano

Compensación

eventualidade

mes traballado

Grupo I
Enxeñeiros e licenciados226.3973.169.41215.407

Grupo II
Perito con responsabilidade204.8182.867.45613.939
Enxeñeiro e técnicos industriais198.4352.778.09613.504
Xefe de 1ª técnico de laboratorio173.5742.430.03511.812
Xefe de taller168.7852.362.98411.487
Xefe de 1ª Organización168.3362.356.70611.456
Xefe de 1ª administrativo168.7832.362.96011.486

Grupo III
Delineante proxectista156.7952.195.12710.671
Xefe de 2ª organización155.0272.170.37810.550
Xefe 2ª155.0272.170.37810.550
Graduados sociais154.9612.169.45210.546
Mestres industriais151.4372.120.11810.306
Mestre de taller149.9342.099.08110.204
Contramestre149.9342.099.08110.204
Xefe de 2ª técnico de laboratorio149.9342.099.08110.204

Grupo IV
Encargado136.4551.910.3619.286
Analista de 1ª136.4551.910.3619.286
Técnico de organización 1ª134.9701.889.5809.185
Oficial de 1ª administrativo134.9681.889.5539.185
Viaxante134.2021.878.8249.133
Delineante de 1ª131.6291.842.8128.958
Practicantes130.6811.829.5398.893

Grupo V
Oficial de 1ª taller126.1861.766.6018.587
Oficial 2ª taller122.7751.718.8478.355
Técnico de organización de 2ª122.2661.711.7198.321
Oficial de 2ª administrativo122.2661.711.7198.321
Delineante de 2ª119.3081.670.3158.119
Analista de 2ª118.3261.656.5718.053
Chofer de camión118.2981.656.1788.051
Capataz de especialistas117.7131.647.9798.011

Grupo VI
Oficial de 3ª115.8061.621.2857.881
Chofer de turismo114.4791.616.7067.859
Listeiro114.5431.603.6087.795
Especialista112.5781.576.0987.661

Grupos profesionaisSalario

mes

Salario

ano

Compensación

eventualidade

mes traballado

Capataz de peóns ordinarios112.3421.572.7917.645
Almaceneiro111.1251.555.7537.563
Pesador de báscula107.9161.510.8247.344
Chofer de motociclo107.9161.510.8247.344
Auxiliar de laboratorio107.4971.504.9527.316
Auxiliar técnico de oficina107.4971.504.9527.316
Auxiliar de organización107.4971.504.9527.316
Auxiliar administrativo107.4971.504.9527.316

Grupo VII
Peón107.2771.501.8797.301
Vixilante106.0771.485.0757.219
Porteiro e ordenanza104.4631.462.4867.109

Menores de 18 anos
De 16 a 18 anos77.9861.091.7985.307

ANEXO II

Táboa de antigüidade

Grupos profesionaisAntigüidade por quinquenio

Grupo I
Enxeñeiros e licenciados9.095

Grupo II
Perito con responsabilidade8.209
Enxeñeiro e técnicos industriais7.622
Xefe de 1ª técnico de laboratorio6.926
Xefe de taller6.633
Xefe de 1ª organización6.633
Xefe de 1ª administrativo6.633

Grupo III
Delineante proxectista6.556
Xefe de 2ª organización6.131
Xefe de 2ª6.131
Graduados sociais5.928
Mestres industriais5.119
Mestres de taller5.931
Contramestre5.931
Xefe de 2ª técnico de laboratorio5.931

Grupo IV
Encargado5.403
Analista de 1ª5.403
Técnico de organización de 1ª5.316
Oficial de 1ª administrativo5.316
Viaxante5.316
Delineante de 1ª5.158
Practicantes4.895

Grupo V
Oficial de 1ª taller4.999
Oficial 2ª taller4.693
Técnico de organización de 2ª4.750
Oficial de 2ª administrativo4.750
Delineante de 2ª4.710
Analista de 2ª4.640
Chofer de camión4.640
Capataz de especialistas4.611

Grupo VI
Oficial de 3ª4.530
Chofer de turismo4.543
Listeiro4.491
Especialista4.380
Capataz de peóns ordinarios4.312
Almaceneiro4.343
Pesador de báscula4.238
Chofer de motociclo4.238
Auxiliar de laboratorio4.155
Auxiliar técnico de oficina4.155
Auxiliar de organización4.155
Auxiliar administrativo4.155

Grupo VII
Peón4.155
Vixilante4.139
Porteiro e ordenanza4.037

ANEXO III

Valor da hora extraordinaria 2000

Grupos profesionais

Grupo I
Enxeñeiros e licenciados3.109

Grupo II
Perito con responsabilidade2.813
Enxeñeiro e técnicos industriais2.725
Xefe de 1ª técnico de laboratorio2.384
Xefe de taller2.318
Xefe de 1ª organización2.312
Xefe de 1ª administrativo2.318

Grupo III
Deliante proxectista2.153
Xefe de 2ª organización2.129
Xefe de 2ª2.129
Graduados sociais2.128
Mestres industriais2.079
Mestres de taller2.059
Contramestre2.059
Xefe de 2ª técnico de laboratorio2.059

Grupo IV
Encargado1.874
Analista de 1ª1.874
Técnico de organización de 1ª1.854
Oficial de 1ª administrativo1.854
Viaxante1.843
Delineante de 1ª1.808
Practicantes1.795

Grupo V
Oficial de 1ª taller1-733
Oficial 2ª taller1.686
Técnico de organización de 2ª1.679
Oficial de 2ª administrativo1.679
Delineante de 2ª1.638
Analista de 2ª1.625
Chofer de camión1.625
Capataz de especialistas1.617

Grupo VI
Oficial de 3ª1.590
Chofer de turismo1.586
Listeiro1.573
Especialista1.546
Capataz de peóns ordinarios1.543
Almaceneiro1.526
Pesador de báscula1.482
Chofer de motociclo1.482
Auxiliar de laboratorio1.476
Auxiliar técnico de oficina1.476
Auxiliar de organización1.476
Auxiliar administrativo1476

Grupo VII
Peón1.473
Vixilante1.457
Porteiro e ordenanza1.435