Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 14 de setembro de 2000 Páx. 12.947

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2000, da Delegación Provincial da Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Litografía La Artística Carnaud, S.A.

Visto o expediente do convenio para a empresa Litografía La Artística Carnaud, S.A., con nº de código 3600852, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-7-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa,

e da parte social, polo comité de empresa, en data 20-7-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Concialición.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de xullo de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de Litografía La Artística

Carnaud, S.A.

Anos 2000 e 2001

Artigo 1º.-Partes asinantes.

Son partes asinantes deste convenio colectivo o comité de empresa, en representación do persoal, e a representación empresarial pola parte económica.

Artigo 2º.-Ámbito.

O convenio concértase entre a representación da empresa e o comité, que representan o persoal daquela, e será de aplicación a todo o persoal que presta servicios na empresa Artiscar, coa única exclusión do persoal superior á que fai referencia o artigo 3.1º k) da Lei de relacións laborais.

Artigo 3º.- Vixencia.

O presente convenio terá unha vixencia de dous anos, é dicir, do 1-1-2000 ó 31-12-2001, calquera que for a data da súa sinatura ou publicación no BOP; os efectos económicos retrotraeranse, en todo caso, ata o 1 de xaneiro de 2000.

Quedará automaticamente denunciado este convenio, con tres meses de antelación ó seu vencemento, prorrogándose o actual en tódolos seus preceptos ata a entrada en vigor do que o substitúa.

Artigo 4º.-Normas supletorias.

Para todo o non previsto neste convenio, atenderase ás leis vixentes.

Artigo 5º.-Dereitos adquiridos.

As melloras económicas e sociais establecidas neste convenio recoñécense como mínimas e non pode

rán ser absorbidas nin compensadas por melloras voluntarias anteriores. Respectaranse os dereitos adquiridos e as condicións máis beneficiosas que puidesen existir na empresa.

Artigo 6º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 1.728,25 horas efectivas de traballo en cómputo anual para 2000 e 2001.

Artigo 7º.-Vacacións.

As vacacións anuais para todo o persoal serán de 30 días naturais. A data de vacacións anunciarase con dous meses de anticipación a tódolos traballadores, de acordo co comité de empresa.

Artigo 8º.-Salario.

Na táboa anexa figura o salario que rexerá para o ano 2000 e 2001.

No caso de o índice de prezos de consumo (IPC) establecido polo INE rexistrar, no 31 de decembro de 2000, un incremento respecto do primeiro de xaneiro do mesmo ano superior ó 3,4% e tan axiña como se constate oficialmente a dita circunstancia, efectuarase unha revisión salarial. Esta revisión, no caso de que haxa que a facer efectiva, serao a partir do 1 de xaneiro de 2001 e consistirá na aplicación do exceso sobre o citado tanto por cento ás táboas salariais do ano 1999.

Para o segundo ano, no caso de o índice de prezos de consumo (IPC) establecido polo INE rexistrar, no 31 de decembro de 2001, un incremento respecto do primeiro de xaneiro do mesmo ano superior ó acordado e tan axiña como se constate oficialmente a dita circunstancia, efectuarase unha revisión salarial. Esta revisión, no caso de que haxa que a facer efectiva, serao a partir do 1 de xaneiro de 2002 e consistirá na aplicación do exceso sobre o citado tanto por cento ás táboas salariais do ano 2000.

Para o ano 2001, o incremento salarial será o IPC previsto polo Goberno para 2001 máis o seu 25%.

Artigo 9º.-Antigüidade.

Os traballadores que teñan a condición de fixos do cadro de persoal no 31-12-1998 conservarán o dereito adquirido a continuar devengando e percibindo incrementos por antigüidade a razón de trienios do 3% sobre o salario base, ata un máximo de dez trienios, tal e como se recoñecía en anteriores convenios.

Os traballadores que non se encontren comprendidos no previsto no parágrafo anterior unicamente terán dereito a percibir por este concepto, a partir do momento en que cumpran os tres primeiros anos de permanencia na empresa, unha cantidade fixa adicional e igual para tódolos que se acharen nestas circunstancias, de 10.573 pesetas en cada unha das dúas gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal.

Artigo 10º.-Complemento de asistencia e puntualidade.

A empresa aboará unha gratificación de asistencia e puntualidade, consistente nun 10% sobre o salario base convenio máis antigüidade. A gratificación computarase por períodos semanais, e terá dereito

a ela o persoal que non cometese máis dunha falta de asistencia ou puntualidade no dito período. Existe unha tolerancia de tres minutos para efectos de puntualidade. Tamén se percibirá en vacacións, consultas médicas e licencias.

Artigo 11º.-Traslado.

O persoal procedente do anterior centro de traballo (Coia) percibirá en concepto de compensación por traslado unha gratificación do 3,4% sobre o salario base máis antigüidade.

Artigo 12º.-Complemento de transporte.

Manterase na contía e condicións de 1999.

Artigo 13º.-Nocturnidade.

Establécese un complemento de nocturnidade como complemento de posto de traballo para os traballadores que presten os seus servicios na quenda de noite, consistente nun 15% sobre o salario base, que corresponda en cada caso e por noite efectivamente traballada. Para todas aquelas persoas que, estando fixas na quenda de día, pasen á quenda de noite, será de común acordo.

Artigo 14º.-Traballos penosos ou perigosos.

Os salarios pactados polas partes e que figuran na táboa deste convenio xa inclúen calquera clase de remuneración que lles puidese corresponder ós traballadores polo concepto de penosidade ou perigosidade por ruídos do traballo. Por iso e coas excepcións que se exporán no punto seguinte deste artigo, os traballadores non terán dereito a ningunha percepción adicional por estes conceptos.

Non obstante o anterior, os traballadores do departamento de fabricación da empresa que, con anterioridade ó 31 de decembro de 1995, tivesen recoñecido xudicialmente o dereito á percepción do complemento de penosidade, recibirán, como remuneración específica, a cantidade de 81 ptas./hora traballada, equivalente no ano 2000 a 140.000 ptas./ano, que se fará efectiva anualmente do 15 ó 20 de setembro. Esta cantidade considérase conxelada para tódolos efectos e ten carácter salarial. Para os efectos da relación nominal que consta neste convenio, estes traballadores inclúense no grupo A.

Os traballadores do departamento de fabricación con contrato fixo do cadro de persoal anterior ó 31 de decembro de 1999 que non tivesen xudicialmente recoñecido tal concepto con anterioridade ó 31 de decembro de 1995, recibirán unha remuneración específica por penosidade ou perigosidade por ruídos na cantidade de 32,40 ptas./hora traballada, equivalente no ano 2000 a 56.000 ptas./ano, que se fará efectiva anualmente do 15 ó 20 de setembro. Esta cantidade, de natureza salarial, entenderase conxelada para tódolos efectos. Este grupo de traballadores consta na relación correspondente dentro do grupo B.

O recoñecemento do dereito a percibir estas cantidades ten un estricto carácter ad personam para aqueles traballadores a favor dos cales se establece, derivado de dereitos adquiridos con tal carácter e coa finalidade de poñer termo a unha serie de litixios mantidos entre unha parte do persoal e a empresa.

Polo tanto, non será en ningún caso extensible a ningún outro traballador, actual ou futuro, que non figure expresa e nominalmente incluído nas listas dos grupos A e B do anexo correspondente.

Este concepto remuneratorio ad personam vén ligado directa e especificamente ó traballo efectivo realizado, sempre que o traballador siga prestando os seus servicios nos departamentos que figuran na relación anexa e as condicións ambientais de ruído sigan superando o nivel diario equivalente a 80 dbA. As cantidades anuais fixadas para o efecto refírense ós supostos de traballo efectivo durante tódalas horas laborables do ano, razón pola cal no caso de existiren ausencias, mesmo xustificadas, do traballo, se reducirá o seu importe de maneira proporcional ás horas de ausencia. Para estes efectos, non obstante, as horas de ausencia dos representantes dos traballadores para o exercicio de actividades representativas, dentro dos límites do crédito horario que teñen recoñecido para tal fin, consideraranse como de traballo efectivo.

Artigo 15º.-Pagas extraordinarias e de beneficios.

Os traballadores percibirán unha gratificación de beneficios do 10% sobre os salarios base previstos neste convenio, incrementados con antigüidade, as dúas pagas extraordinarias e o 3,4% nos casos en que proceda, na forma e nas condicións previstas, que se aboará no mes de marzo entre o 5 e o 20.

Os traballadores percibirán unha gratificación de trinta días de salario base máis antigüidade, 3,4% nos casos que proceda, puntualidade e parte correspondente á media da prima, valorada en 10.000 ptas. en cada un dos meses de xullo e decembro, facéndose efectivas entre os días 15 e 20 dos meses correspondentes.

Artigo 16º.-Horas extraordinarias.

Tenderase á supresión de horas extraordinarias habituais. Realizaranse as que veñan esixidas para reparar sinistros e danos. Manteranse as necesarias nos ciclos de producción punta ou por necesidades de realizar pedidos imprevistos, sempre que non sexa posible a contratación de persoal eventual, e respectando a liberdade do traballador.

O importe das horas extraordinarias será o que figura na táboa anexa.

Artigo 17º.-Axuda escolar.

Tódolos traballadores terán dereito a percibir por cada fillo estudiante ou que estea na gardería, logo de xustificación, a cantidade de 1.412 ptas. mensuais. A axuda escolar percibirase desde os tres ata os 30 anos de idade do fillo estudiante.

Artigo 18º.-Vacantes.

Cando un posto de traballo queda temporalmente vacante nunha das quendas, será cuberto, se for preciso, tendo en conta as dispoñibilidades de persoal. Sempre que sexa posible contratarase, prioritariamente, persoal externo.

As vacantes producidas por xubilación, cesamentos ou falecementos serán cubertas con ingresos de

novo persoal dentro das necesidades da empresa, dándose prioridade, en igualdade de condicións, ós fillos das persoas que traballan nesta empresa.

Artigo 19º.-Seguridade e hixiene.

A empresa obrígase ó cumprimento das normas de seguridade e hixiene no traballo en materia de aseos, vestiarios, dotación sanitaria, botas, duchas, etc., de conformidade coa Ordenanza laboral de seguridade e hixiene vixente.

Artigo 20º.-Revisión médica.

Practicarase unha revisión médica a todo o persoal no primeiro semestre do ano.

Artigo 21º.-Aprendizaxe e servicio militar.

Os anos traballados como aprendiz noutra empresa do mesmo ramo serán computados para efectos de duración de aprendizaxe.

Durante o período de servicio militar obrigatorio, a empresa aboaralles ós traballadores as dúas pagas extraordinarias en vigor en cada momento.

Artigo 22º.-Ausencias retribuídas.

O traballador, avisando coa posible anticipación e xustificándoo, poderá faltar ou ausentarse do traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos e durante o tempo que a seguir se expón:

a) 15 días naturais en caso de casamento.

b) 3 días naturais cun mínimo de dous laborables en caso de falecemento de fillo, cónxuxe, pais, tanto en grao de consanguinidade como de afinidade.

c) 3 días naturais, en caso de falecemento de netos, avós e irmáns, tanto en grao de consanguinidade como de afinidade.

d) 3 días naturais en caso de enfermidade grave, debidamente xustificada, de fillo, cónxuxe, pais, irmáns, avós e netos, tanto en grao de consanguinidade como de afinidade.

e) 3 días naturais, cun mínimo de dous laborables, en caso de nacemento de fillo.

f) 1 día natural en caso de casamento de fillos, pais, irmáns, netos, avós, tanto en grao de consanguinidade como afinidade.

g) 1 día por traslado do domicilio habitual.

h) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

i) Polo tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica.

j) O tempo necesario para o cumprimento de funcións de carácter sindical que non excedan de 40 horas laborais mensualmente.

k) 1 día en caso de falecemento de tíos con certificado do convivencia. No caso de non convivencia, 3 horas para asistencia ó enterro sempre e cando coincida dentro da xornada laboral.

As alíneas b) e d) terán un incremento de dous días naturais, cando ó traballador, por motivo de desprazamento, lle fose necesario.

Artigo 23º.-Categorías.

Os peóns serán promovidos á categoría de especialistas de 1ª como máximo ós 18 meses de antigüidade na empresa. Por conseguinte, a categoría de especialista de 2ª queda eliminada.

Artigo 24º.-Contrato en prácticas.

A retribución do contrato en prácticas será do 75% do salario a partir do sétimo mes e do 100% a partir do décimo terceiro.

Artigo 25º.-Xubilacións.

Os traballadores que cumpran 65 anos durante 2000 ou 2001 e reúnan o período de carencia e demais requisitos para causaren dereito á prestación de xubilación con cargo á Seguridade Social estarán obrigados a se xubilaren, por acordo do persoal no dito ano, percibindo como contraprestación, e por unha soa vez, a cantidade de 370.000 ptas. Así mesmo, percibirán este premio todos aqueles traballadores que causen baixa na empresa por enfermidade ou accidente, sempre que leven 5 anos como mínimo nela. Para tal efecto, observarase o que resolva a Comisión de Avaliación de Incapacidades do INSS.

Se a xubilación se produce ós 64 anos percibirase, por unha soa vez, a cantidade de 448.000 ptas. Se a xubilación se produce ós 63 anos percibirase, por unha soa vez, a cantidade de 479.000 ptas. Se a xubilación se produce ós 62 anos percibirase, por unha soa vez, a cantidade de 517.000 ptas. Se a xubilación se produce ós 61 anos percibirase, por unha soa vez, a cantidade de 562.000 ptas. Se a xubilación se produce ós 60 anos percibirase, por unha soa vez, a cantidade de 595.000 ptas.

Tan axiña como entre en vigor algunha normativa legal de obrigado cumprimento relacionada coa xubilación, enténdese que non procede a percepción das cantidades anteriormente expresadas.

Artigo 26º.-Roupa de traballo.

A empresa entregará dúas pezas de roupa de traballo ó ano por traballador.

Artigo 27º.-Funcións do comité de empresa.

O comité de empresa terá as seguintes funcións:

a) Vixia-lo cumprimento das normas laborais, de seguridade e hixiene e de Seguridade Social, advertindo a dirección das posibles infraccións e exercendo a posible reclamación.

b) Ser informado dos postos de traballo que a empresa pensa cubrir, así como das condicións dos novos postos.

c) Ser informado das medidas que se poidan adoptar sobre:

-Reestructuración do cadro de persoal.

-Intruducción de novos sistemas de traballo e incentivos (primas, ascensos, etc.)

-De calquera medida disciplinaria, por falta grave ou moi grave, e notificarase a sanción con anticipación ó comité.

-A empresa informará trimestralmente acerca da situación e marcha xeral dela.

-Os contratos de traballo serán coñecidos polo comité.

Artigo 28º.-Garantías e dereitos sindicais.

Ningún traballador poderá ser limitado nas súas garantías sindicais especialmente nos seguintes casos:

-Despedir un traballador, sancionalo, discriminalo ou causarlle calquera tipo de prexuízo por razón da súa afiliación ou polo exercicio dos seus dereitos sindicais.

-Condiciona-lo emprego ou o ascenso pola súa afiliación ou non afiliación a un sindicato.

Artigo 29º.-Seccións sindicais.

As seccións sindicais de empresa terán as seguintes garantías:

a) Nos suposto de medidas disciplinarias contra calquera afiliado, a empresa, xunto ó escrito de sanción para o interesado, entregará unha copia para a súa sección sindical.

b) As seccións sindicais poderán difundir libremente as publicacións da súa central, cobrar cotas e afiliar, sen máis limitacións que a non obstaculización da producción.

c) As seccións sindicais cunha afiliación do 10% do total do cadro de persoal poderán realizar asembleas fóra de horas de traballo, nos locais da empresa, logo de llo solicitar a esta.

d) As seccións sindicais de empresa que cumpran o 10% disporán para o conxunto dos seus afiliados da ata un máximo de 7 días anuais de licencia non retribuída para asistencia a cursos, congresos, etc. da súa central. A licencia requirirá notificación á empresa cunha semana de anticipación.

e) A empresa estará obrigada a concede-la excedencia, polo tempo necesario, para os traballadores que ocupen un cargo sindical, con carácter provincial como mínimo.

f) A empresa, logo de solicitude escrita do traballador, descontará da nómina a cota sindical.

Artigo 30º.-Incapacidade permanente parcial.

No caso de incapacidade laboral permanente parcial, se non puidese realizar algún tipo de traballo non correspondente á súa categoría profesional, a empresa estará obrigada a lle proporcionar traballo sen menoscabo da contía que lle corresponde á súa categoría.

Artigo 31º.-Accidente laboral.

A partir do sexto día natural inclusive, contado desde a data da baixa laboral transitoria que se produza como consecuencia dun accidente laboral ocorrido durante a xornada de traballo efectivo e dentro do recinto do centro de traballo, completarase a retribución para alcanza-la totalidade do salario establecido no convenio colectivo, quedando excluídas as horas extraordinarias que se liquidarán, en todo caso, conforme a normativa vixente. En caso

de o accidente dar lugar ó internamento hospitalario de polo menos 5 días a partir do momento en que se produza, completarase a retribución a partir do primeiro día inclusive. Este acordo tamén é de aplicación para o accidente laboral ocorrido no exterior do recinto da empresa, para o caso de o traballador se encontrar efectuando un servicio concreto solicitado pola empresa e dentro da súa xornada efectiva de traballo.

Se a porcentaxe anual acumulada de absentismo, calculada para o 31 de decembro de 2000 ou 2001, se mantén por debaixo do 3,5%, completarase desde o primeiro día ata o total do salario establecido no convenio, quedando excluídas as horas extraordinarias, a todos aqueles traballadores que ó longo do ano causasen baixa por accidente laboral dentro do recinto de traballo e que non cumprisen o requisito de hospitalización mencionado no parágrafo anterior.

Enténdese por porcentaxe de absentismo tódalas horas de non presencia na fábrica, excepto as saídas sindicais dos membros do comité de empresa.

Artigo 32º.-Información do comité ó persoal.

A empresa facilitará os medios necesarios (máquina de escribir, multicopista, fotocopiadora, etc., así como persoal para os manexar) co fin de facilita-la información que o comité considere necesario pasar a todo o cadro de persoal da empresa.

Artigo 33º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e cumprimento das cláusulas deste convenio colectivo e, en xeral, para atender cantas cuestións se deriven da súa aplicación, establécese unha comisión paritaria integrada polas partes negociadoras deste convenio á que poden asistir asesores de ámbalas partes.

Artigo 34º.-Autonomía.

As partes sométense ó presente convenio, con expresa exclusión de calquera outro que se establecese ou estableza durante 2000 ou 2001, sexa por acordo entre as partes ou por resolución administrativa.

As normas do presente convenio, entendido como unha totalidade, terán primacía sobre calquera outra, dada a liberdade e autonomía das partes negociadoras.

Táboa salarial 2000

Horas extras

CategoríasSoldosNormaisFestivas

Aprendiz de 4º ano3.7141.4651.755
Peón3.7441.5961.917
Especialista 1ª4.5891.8182.176
Oficial 3ª4.8091.9042.284
Oficial 2ª5.0321.9912.389
Oficial 1ª5.2522.0802.498
Oficial espcia. litógrafo5.4732.1692.599
Encargado de sección5.6922.2582.708
Gardas e serenos4.5891.8182.176
Porteiros4.5891.8182.176

Horas extras

CategoríasSoldosNormaisFestivas

Almaceneiros e listeiros4.8091.9041.284

Administrativos
Xefe de 1ª179.5722.3412.807
Xefe de 2ª172.9882.2582.708
Oficial de 1ª159.7422.0802.498
Oficial de 2ª152.9661.9912.389
Auxiliar146.5541.9042.284

Técnicos
Delineante, debuxante proxec. 1ª161.4052.1032.523
Idem 2ª154.6332.0142.412
Iden 3ª147.9571.9232.308
Mestre encargado179.5722.3412.807
Titulado grao medio179.5722.3412.807
Titulado grao superior236.407

Relación de traballadores con dereito recoñecido á percepción polo concepto de penosidade ou peligrosidade (artigo 14º do convenio)

GRUPO A:

NomeDepartamento

9ESTEVEZ COSTAS, EDUARDOFABRICACION

21ALONSO COMESEÑA, DARIOFABRICACION

22BARCIELA GARCIA, MARCELINOFABRICACION

23DOSANTOS FIGUEROA, JOSEFABRICACION

24GONZALEZ CAO, SANTIAGOFABRICACION

26MALLO VILAS, SANTIAGOFABRICACION

28CAMBEIRO GARCIA, JOSEFABRICACION

29MARQUEZ VENTOSO, JAIMEFABRICACION

32RAMOS IGLESIAS, RICARDOFABRICACION

34VAZQUEZ LOSADA, FRANCISCOFABRICACION

35ALONSO PEREZ, J. BASILIOFABRICACION

36AREAL CARRERA, ANTONIOFABRICACION

38IGLESIAS DAVILA, MANUELFABRICACION

39MOSQUERA GARCIA, JOSE C.FABRICACION

40OTERO BELLO, MANUELFABRICACION

42ARGIBAY RODRIGUEZ, RAMONFABRICACION

43FEIJOO ALVAREZ, SALVADORFABRICACION

46PRADO ESTEVEZ, CELSOFABRICACION

47VAZQUEZ VIDAL, LUISFABRICACION

48VILLLAR CORREA, ADOLFOFABRICACION

49CONDE LOPEZ, FELICIANOFABRICACION

55FERNANDEZ RODRIGUEZ, CARLOSFABRICACION

56FERNANDEZ VEIGA, ALFREDOFABRICACION

61ALVAREZ DE NEIRA LOIRA, MANUELFABRICACION

62BARBOSA RIBEIRO, CARLOSFABRICACION

63MARTINEZ OTERO, GUILLERMOFABRICACION

91GONZALEZ PRIETO, MARTINFABRICACION

95MONTERO CABRERA, JULIOFABRICACION

68CAMPOS RODRIGUEZ,

M. CARMEN

CALIDADE

70RODRIGUEZ GAITEIRO, DOLORESCALIDADE

71SANTOS MACHADO, JOSE M.CALIDADE

30MONTEIRO RIVAS, MAXIMOCALIDADE

83BUDIÑO PASTORIZA, JOSEMANTEMENTO

84COMESAÑA GONZALEZ, MARTINMANTEMENTO

85COSTAS PEREZ, EMILIOMANTEMENTO

86FERNANDEZ RUIZ, SABINOMANTEMENTO

87PEQUEÑO PEREZ, MANUELMANTEMENTO

GRUPO B:

NomeDepartamento

27GOMEZ RODRIGUEZ, VICTORFABRICACION

33BARCIA RODRIGUEZ, MANUELFABRICACION

51FERNANDEZ TOUCEDO, JOSE LUISFABRICACION

NomeDepartamento

59COMESAÑA FERNANDEZ, PABLOFABRICACION

60FERNANDEZ ABALDE, RAFAELFABRICACION

73ALVAREZ ALVAREZ, JOSE RAMONFABRICACION

64PASCUAL FERNANDEZ, JOSE RAMONFABRICACION

66MARTINEZ NUÑEZ, PERFECTOFABRICACION

78BARROS ALONSO, CARLOSFABRICACION

92LAGO PORTELA, JOSE CARLOSFABRICACION

98ZABALETA BALADO, JUAN R.FABRICACION

99MARTINEZ FEIJOO, JOSEFABRICACION

3ALONSO ALONSO, JAVIERALMACEN

45OTERO LAGO, MANUELALMACEN

74ALNOSO COMESAÑA, ENRIQUE DAVIDCALIDADE

82LAGO BOQUETE, FERNANDOMANTEMENTO

100PARADELA MOREIRA, ENRIQUEMANTILLAS