Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 13 de setembro de 2000 Páx. 12.908

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de venda por xunto de tecidos, mercería e paquetería.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector de venda por xunto de tecidos, mercería e paquetería, con nº de código 3601445, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 19-7-2000,

subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios do Comercio Maiorista Téxtil de Pontevedra, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO. e UGT, o 3-7-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Tercero.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 26 de xullo de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para o sector

da venda por xunto de tecidos, mercería

e paquetería de Pontevedra

Artigo 1º.-Partes asinantes.

Son partes asinantes deste convenio as centrais sindicais UGT e CC.OO. en representación dos traballadores e a Asociación Provincial de Empresarios do Comercio Mayorista Textil, en representación dos empresarios do sector.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio regulará as relacións laborais de tódalas empresas da provincia de Pontevedra encadradas no sector de venda por xunto de tecidos, mercería e paquetería en xeral, roupa confeccionada, alfombras e tapices, zapatos, quincallería etc. e as que no futuro se encadren.

Artigo 3º.-Vixencia, duración e prórroga.

O convenio entrará en vigor o día do seu asinamento, aínda que os seus efectos económicos se retrotraerán ó 1 de maio de 2000.

Terá unha duración de dous anos contados a partir do 1 de maio de 2000 e os seus efectos finalizarán o 30 de abril de 2002. Non obstante, considerarase prorrogado tacitamente por períodos anuais, en caso de non ser denunciado por calquera das partes con tres meses de anticipación ó seu vencemento.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

O persoal que con anterioridade ó convenio viñese desfrutando dunhas condicións económicas e laborais máis beneficiosas cás aquí pactadas, deberaas conservar, facéndose o cálculo polo conxunto anual de tódalas percepcións.

Artigo 5º.-Compensación por melloras.

As melloras económicas que se implantan en virtude deste convenio, así como as voluntarias que no futuro se establezan, poderán ser compensadas e absorbidas, ata onde alcancen, cos aumentos ou melloras que actualmente teñan establecidas as empresas ou que no futuro se establezan con carácter xeral mediante disposición legal.

Artigo 6º.-Formación no traballo.

A idade mínima para a contratación de traballadores en formación será de 16 anos. A duración dos ditos contratos será, como máximo, de dous anos.

Estes traballadores, en todo caso, ó cumpriren o período de formación estipulado, pasarán automaticamente á categoría de axudantes.

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

A xornada legal será de corenta horas semanais de traballo efectivo.

A xornada do sábado efectuarase só pola mañá e finalizará ás 12.30 horas, salvo naquelas empresas que pactasen co seu persoal calquera outro horario, mais respectándose a dita xornada semanal.

Non obstante o sinalado no parágrafo anterior, nos meses de xullo e agosto a xornada laboral realizarase de luns a venres, respectándose as condicións máis beneficiosas que se veñan dando nas empresas.

Artigo 8º.-Vacacións.

Todo o persoal afectado polo presente convenio desfrutará dunhas vacacións anuais retribuídas de trinta días naturais entre os meses de xuño e setembro (ambos incluídos).

En cada empresa establecerase, dentro de cada categoría, unha orde rotativa de preferencia, de tal forma que, quen foi primeiro para elixir quenda, pasa a ser último na quenda seguinte.

As empresas confeccionarán o cadro de vacacións xunto cos representatntes legais dos traballadores, dentro dos tres primeiros meses do ano, o cal será exposto no taboleiro de anuncios para coñecemento do persoal.

Artigo 9º.-Retribucións.

En cada un dos dous anos de vixencia do convenio (1-5-2000 ó 30-4-2001 e do 1-5-2001 ó 30-4-2002), os salarios que rexerán para as distintas categorías do persoal afectado por este convenio son os que figuran nas táboas anexas.

Artigo 10º.-Antigüidade.

A antigüidade comezarase a computar a partir da data de entrada do traballador na empresa.

Artigo 11º.-Aumentos por antigüidade.

Os aumentos periódicos por tempo de servicio consistirán en cuadrienios na contía de seis por cento acumulativos, os cales se encontran recollidos na táboa salarial anexa.

Non obstante o anterior, a partir do 1-5-1997 o límite máximo de percepción por este complemento será do 30% do salario base do convenio, para o cómputo do cal se terán en conta non só os devengados a partir da dita data senón tamén tódolos cuadrienios consolidados con anterioridade a ela.

Artigo 12º.-Gratificacións extraordinarias.

Todo o persoal afectado polo presente convenio terá dereito a percibir tres pagas extraordinarias dunha mensualidade completa máis a antigüidade, se é o caso, en cada un dos meses seguintes: marzo (paga de beneficios), xullo e decembro.

Nos supostos de entrada ou cesamento do traballador no transcurso do ano, serán rateadas todas elas.

Artigo 13º.-Enfermidade ou accidente.

Durante as situacións de incapacidade temporal derivadas de enfermidade ou accidente, as empresas completarán as prestacións económicas correspondentes da Seguridade Social, ata o cento por cento da súa retribución.

Artigo 14º.-Preferencia para fillos de traballadores.

Os fillos de traballadores da empresa gozarán de preferencia para optar ás vacantes que se produzan no seu cadro de persoal, sempre que reúnan as condicións mínimas precisas para o posto de traballo.

Artigo 15º.-Xubilación.

Ó producirse a xubilación dun traballador que leve na empresa máis de quince anos recibirá da empresa unha compensación económica equivalente a dezaseis mensualidades, cando esta se produza ós 60 anos; trece ós 61; dez ós 62; sete ós 63; catro ós 64; e dúas ós 65.

Artigo 16º.-Axuda por defunción.

En caso de falecemento do traballador en activo, con dez anos, polo menos de servicio na empresa, esta queda obrigada a satisfacerlles ós seus herdeiros con parentesco de consaguinidade de primeiro grao o importe íntegro de seis mensualidades.

Se, pola contra, os herdeiros do traballador non tivesen con el o parentesco sinalado no parágrafo anterior, unicamente terán dereito á indemnización indicada se dependían economicamente do traballador ou convivían habitualmente con el.

Esta axuda farase efectiva en seis prazos mensuais a partir do mes en que se produza o óbito.

Artigo 17º.-Axuda por locomoción.

Tódolos traballadores afectados por este convenio percibirán unha axuda para a locomoción que para o primeiro ano de vixencia do convenio (1-5-2000 ó 30-4-2001) consistirá en 14.227 pesetas, e para o segundo ano de vixencia (1-5-2001 ó 30-4-2002) en 14.618 pesetas, por mes efectivo de traballo.

En todo caso, a cantidade que se percibirá por este concepto para o primiero e segundo ano de vixencia do convenio, non poderá supera-lo 20% do SMI fixado para cada ano polo Goberno, debendo cotizar pola diferencia segundo o previsto no R.D. 2064/1995.

Artigo 18º.-Licencias.

Conforme o disposto no artigo 37.3º do Estatuto dos traballadores, o persoal, logo de aviso e xustificación, poderase ausentar do traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos seguintes:

a) 15 días naturais en caso de matrimonio.

b) 5 días naturais en caso de separación.

c) 1 día por traslado de domicilio actual.

d) Ata 10 licencias ó ano para asistir a exames para a obtención dun título académico en centros oficiais.

e) Ata 5 días naturais nos casos de morte ou enterramento do cónxuxe, ascendestes, descendentes ou irmáns e parto de esposa, así como enfermidade grave de cónxuxe, pais e fillos, téndose en conta para a súa concesión os desprazamentos que o traballador teña que realizar e as demais circunstancias que concorran no caso.

Así mesmo, o traballador terá dereito a unha licencia retribuída dun día, sen necesidade de ser xustificada. A dita licencia no poderá ser acumulable a períodos vacacionais e deberá ser solicitada cunha anticipación de cinco días, polo menos.

Esta última licencia desaparecerá automaticamente do convenio no suposto de se producir con carácter xeral e no ámbito nacional unha reducción da xornada.

Artigo 19º.-Días 24 e 31 de decembro.

Os traballadores afectados por este convenio desfrutarán de descanso as tardes dos días 24 e 31 de decembro.

As citadas tardes consideraranse aboables e non recuperables. Non obstante o anterior, no suposto de que se produza con carácter xeral e no ámbito nacional unha reducción na xornada semanal actual de 40 horas, as oitos horas que supoñen o descanso destas dúas tardes recuperaranse ó longo do ano na forma que determinen a empresa e os seus traballadores.

Artigo 20º.-Recoñecemento médico.

Tódalas empresas afectadas por este convenio, por instancia do traballador, deberán solicitar das súas mutuas patronais un recoñecemento médico anual.

Artigo 21º.-Acción sindical.

Aplicarase o que dispón sobre a materia o Estatuto dos traballadores.

Artigo 22º.-Representantes sindicais.

Os representantes legais dos traballadores poderán difundir nos seus centros de traballo comunicados e publicacións, así como recadar cotas sindicais, sempre que este labor no perturbe a orde e a producción da empresa.

Porase ó dispor dos ditos representantes un taboleiro de anuncios na empresa.

Por outra parte, os delegados de persoal ou, se for o caso, o comité de empresa, serán informados de tódalas sancións impostas ós traballadores por faltas moi graves.

Artigo 23º.-Comisión paritaria.

Para a vixilancia do cumprimento das estipulacións do presente pacto, así como para a súa interpretación, créase unha comisión paritaria que estará integrada por catro membros de cada unha das partes, elixidos de entre os compoñentes da comisión deliberadora.

Artigo 24º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non especificado expresamente, aplicarase o que dispón o Acordo marco de comercio, o Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais de xeral aplicación.

Disposición adicional

Co fin de evita-los prexuízos que ós empresarios e traballadores lles causa o aboamento de atrasos salariais, as partes asinantes do presente convenio comprométense a inicia-las negociacións do próximo convenio antes do día 15 de abril de 2002.

Convenio colectivo de traballo para o sector de comercio por xunto de tecidos, mercería e paquetería da provincia de Pontevedra.

Vixencia desde o 1 de maio de 2000 ó 30 de abril de 2001.

CategoríasPesetas mesCuadrienio

Director135.8678.152

Xefes de: división, persoal, compras, vendas e encargado xeral135.8678.152

Xefe de sucursal, de almacén e de grupo122.3767.343

Xefe de sección e encargado de establecemento118.9457.137

Dependente110.3236.619

Viaxante110.3236.619

CategoríasPesetas mesCuadrienio

Axudante88.2215.293

Traballadores en formación por 34 horas semanais de traballo efectivo (R.D. 488/1998):
-Menores de 18 anos56.4343.386
-De 18 anos en diante77.0214.621

Xefe administrativo129.1317.748

Contable116.1876.971

Xefe administrativo (sección)116.1876.971

Oficial administrativo112.2286.734

Auxiliar administrativo de más de 5 anos de antigüidade104.4496.267

Auxiliar administrativo de menos de 5 anos de antigüidade98.4135.905

Aspirante menor de 18 anos66.3933.984

Auxiliar de caixa menor de 18 anos66.3933.984

Auxiliar de caixa de 18 anos en diante82.6994.962

Profesional de oficio de 1ª98.4135.905

Profesional de oficio 2ª95.2965.718

Mozo e mozo especializado (1)95.2965.718

Cobrador84.7755.086

Persoal de limpeza:-Xornada ata 2 horas ó día796
-Xornada de 3 e 4 horas ó día605
-Xornada completa80.8464.851

(1) O mozo especializado con carné de conducir que habitualmente realice reparto de mercadoría percibirá a retribución correspondente á de oficio de 1ª.

Convenio colectivo de traballo para o sector de comercio por xunto de tecidos, mercería e paquetería da provincia de Pontevedra.

Vixencia desde o 1 de maio de 2001 ó 30 de abril de 2002.

CategoríasPesetas mesCuadrienio

Director139.6038.376

Xefes de: división, persoal, compras, vendas e encargado xeral139.6038.376

Xefe de sucursal, de almacén e de grupo125.7417.544

Xefe de sección e encargado de establecemento122.2167.333

Dependente113.3576.801

Viaxante113.3576.801

Axudante90.6475.439

Traballadores en formación por 34 horas semanais de traballo efectivo (R.D. 488/1998):
-Menores de 18 anos57.9863.479
-De 18 anos en diante79.1394.748

Xefe administrativo132.6827.961

Contable119.3827.163

Xefe administrativo (sección)119.3827.163

Oficial administrativo115.3156.919

Auxiliar administrativo de máis de 5 anos de antigüidade107.3216.439

Auxiliar administrativo de menos de 5 anos de antigüidade101.1206.067

Aspirante menor de 18 anos68.2194.093

Auxiliar de caixa menor de 18 anos68.2194.093

Auxiliar de caixa de 18 años en diante84.9735.098

CategoríasPesetas mesCuadrienio

Profesional de oficio de 1ª101.1206.067

Profesional de oficio 2ª97.9175.875

Mozo e mozo especializado (1)97.9175.875

Cobrador87.1065.226

Personal de limpeza:
-Xornada ata 2 horas ó día818
-Xornada de 3 e 4 horas ó día621
-Xornada completa83.0694.984

(1) O mozo especializado con carné de conducir que habitualmente realice reparto de mercadoría percibirá a retribución correspondente á de oficio de 1ª.