Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 12 de setembro de 2000 Páx. 12.883

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, o enlace da L.M.T. Meira-Tronceda en Goás, no concello de Abadín. (Expediente 2/2000 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Barras Eléctricas Galaico

Asturianas, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na rúa Cidade de Viveiro, 4-Lugo, que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997.

Visto que durante o período en que se someteu o expediente ó trámite de información pública, se formularon as seguintes alegacións:

1. María del Carmen Goás Fanego, que debido ós prexuízos que di que ocasiona a imposición da servidumbre de paso sobre o seu predio, solicita, en resumo, unha modificación do trazado da liña de forma que transcorra polo terreo de dominio público (en concreto a través da pista de Abeledo-Goás e do camiño público existente ó oeste da parcela) ou, subsidiariamente, se faga o soterramento da liña mantendo o trazado existente, reducíndose así os prexuízos que se lle ocasionarían. Por último fai constar que o trazado da liña sobre o seu predio afecta unha plantación de piñeiros que tería que ser valorada para efectos do prezo xusto.

Considerando que tales alegacións non deben ser tidas en conta polas seguintes razóns:

1. As alternativas propostas pola alegante incumpren os requisitos establecidos no artigo 26 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, xa que a variación do trazado solicitada supera en lonxitude o 10 por 100 da parte da liña afectada pola variación que segundo o proxecto transcorre sobre a propiedade da alegante. Así mesmo, a proposta de soterramento da liña non sería admisible por superar o seu custo un 10 por 100 do orzamento da parte da liña afectada pola variante.

2. Polo que respeta á valoración dos prexuízos causados á alegante pola imposición da servidume de paso sobre a súa propiedade, cabe dicir que a determinación do prezo xusto non é obxecto nesta fase do expediente, senón que se substanciará noutra fase posterior de acordo co procedemento establecido nos artigos 24 e seguintes da Lei de expropiación forzosa de 1954.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que a liña ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non incorre en ninguha das prohibicións ou limitacións sobre os

predios en expropiación, ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997 antes citada.

Sendo competente este organismo, con base no estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuída, polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A. o establecido da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. Meira-Abeledo e final na L.M.T. Abeledo-Tronceda de 143 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-56.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 7 de abril de 2000.

Cuarto.-En cumprimento do disposto no artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comezo, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no diario El Progreso de data 24 de abril de 2000, Diario Oficial de Galicia de data 13 de xuño de 2000 e no BOP de Lugo do 15 de amio de 2000, e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial e no taboleiro de edictos do Concello de Abadín. Ata o momento do levantamento das actas, poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta publicación realízase igualmente paraa os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954. Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 24 de xullo de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo