Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 12 de setembro de 2000 Páx. 12.883

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (91/1998).

Eu, Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrcucción número un de Padrón,

Dou fe e testemuño:

Que no xuízo de faltas nº 91/1998 se acordou citar a:

Domingo Alejandro Costids da Silva, co fin de que comparezca ante este xulgado, sito en Padrón, r/ Tetuán, s/n, segunda planta, o próximo día 20 de setembro de 2000, ás 9 horas, co fin de asistir ás sesións do xuízo de faltas sinalado e en calidade de denunciado, que se segue por unha presunta falta de imprudencia con resultado de lesións, feito ocorrido en Padrón o día 14 de abril de 1997 e no que figura como denunciante Ana María Romero Viturro, podendo comparecer coas probas de que intente valerse e, se o dexesa, asistido de letrado.

E para que conste e lle sirva de citación a Domingo Alejandro Costids da Silva, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no boletín oficial, expido este edicto en Padrón o dezasete de agosto de dous mil.

O secretario

Rubricado