Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 12 de setembro de 2000 Páx. 12.882

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (112/1999).

Eu, Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Noia, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 112/1999 se dictou a presente sentencia, que na súa parte dispositiva di:

«Que debo de absolver e absolvo a José Antonio Mato Velo dos feitos xulgados nas presentes actuacións, con declaración das custas procesuais de oficio.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a José Antonio Mato Velo, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido a presente en Noia a dezaseis de agosto de dous mil.

A secretaria

Rubricado