Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 12 de setembro de 2000 Páx. 12.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se admitiron definitivamente as solicitudes dos seguintes permisos de investigación, coa expresión de número, nome, mineral, cuadrículas mineiras e termos municipais.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que, como resultado do concurso público de dereitos mineiros convocado no BOE de data 13 de agosto de 1999 e Diario Oficial de Galicia (DOG) do 1 de setembro de 1999, se admitiron definitivamente a trámite as solicitudes dos seguintes permisos de investigación, coa expresión de número de orde no libro de rexistros mineiros desta delegación de Industria, nome, mineral, cuadrículas mineiras e termos municipais onde se achan:

Nº 2872; Lalín; granito ornamental; 2 c.m.; Lalín.

Nº 2873; Carballeda; granito ornamental; 2 c.m.; Lalín.

Nº 2874; Guláns; granito ornamental; 1 c.m.; Ponteareas.

Nº 2875; Faro; granito ornamental; 6 c.m.; Ponte Caldelas e Pontevedra.

Nº 2876; Rosal; minerais silicoaluminosos; 30 c.m.; Oia, Tomiño e O Rosal.

Nº 2877; Urgal; granito ornamental; 63 c.m.; Tomiño.

Nº 2878; Pomar; granito ornamental; 4 c.m.; Salceda de Caselas, Ponteareas e Salvaterra do Miño.

Nº 2879; Barreiro; granito ornamental; 2 c.m.; Salceda de Caselas.

Nº 2880; Castelo; granito ornamental; 1 c.m.; Salceda de Caselas.

Nº 2881; Parderrubias; granito ornamental; 1 c.m.; Salceda de Caselas.

Nº 2882; Pedra Buxiña; granito ornamental; 1 c.m.; Salceda de Caselas.

Nº 2883; Orion; granito ornamental; 1 c.m.; Vigo.

Nº 2884; Carballa; granito ornamental; 2 c.m.; Gondomar.

Nº 2885; Lousado; granito ornamental; 1 c.m.; Gondomar.

Nº 2886; Penidos; granito ornamental; 1 c.m.; Gondomar e Porriño.

Nº 2887; Monte Vilas; granito ornamental; 1 c.m.; Gondomar.

Nº 2888; Valverde; granito ornamental; 4 c.m.; Gondomar.

Nº 2889; Caldeirón; granito ornamental; 6 c.m.; Gondomar.

Nº 2890; Canaval; granito ornamental; 2 c.m.; Nigrán e Gondomar.

Nº 2891; Alba; granito ornamental; 1 c.m.; Nigrán e Vigo.

Nº 2892; Chandecam; granito ornamental; 6 c.m.; Nigrán e Gondomar.

O que se fai público co fin de que aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de quince días contados a partir da publicación no DOG, de conformidade co establecido no artigo 70 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pasado o dito prazo, non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 26 de xullo de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra