Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 12 de setembro de 2000 Páx. 12.885

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da subestación de Boimente de 132 kV S.E. (Expediente 19/2000 A.T.).

Para os efectos establecidos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos artigos 10 e 31.4º do Regulamento sobre expropiación forzosa e sancións de instalacións eléctricas aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, normativa que resulta de aplicación en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, sométese ó trámite de información pública a petición de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da subestación de 132 kV S.E. de Boimente,

das que as características principais son as seguintes:

Solicitante: Electra del Viesgo, S.A.

Domicilio social: Medio, 12.

39080 Santander.

Denominación: proxecto de execución da subestación S.E. de Boimente 132 kV.

Situación: Concello de Viveiro (Lugo).

Orzamento total: 470.000.000 de ptas.

Descricións técnicas: subestación transformadora 400/132 kV para recolla da enerxía xerada nos parques eólicos da zona no marco do Plan Eólico de Galicia dentro da provincia de Lugo, composta por parque de intemperie de 132 kV, dobre xogo de barras 132 kV, cela de entrada de B.T. de autotrafo 400/132 kV, celas de liñas 132 kV, cela de unión de barras, edificio de control e transformador para servicios auxiliares 20/0,4 de 630 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Finalidade da instalación: esixencia de conexión ó sistema eléctrico dun elevado continxente de xeradores eólicos integrados no plan estratéxico rexional na provincia de Lugo, e que se localiza nunha das zonas idóneas para o dito aproveitamento enerxético de todo o territorio nacional, así como reforza-la rede de transporte na zona, permitindo mellora-la seguridade e fiabilidade do sistema, tanto a escala nacional como rexional.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto de execución da instalación nesta Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio, Ronda da Muralla nº 70 de Lugo e formularse ó mesmo tempo as alegacións que se estimen oportunas, por triplicado e no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio.

Lugo, 26 de xullo de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo