Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 12 de setembro de 2000 Páx. 12.885

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto chamado L.M.T.-C.T.-R.B.T. San Salvador-Marco (concello de Meis), a favor da empresa Unión Eléctrica-Distribución, S.A. (Expediente 359/1998 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do regulamento da Lei 10/1996, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro que foi declarada, en concreto, de utilidad

pública, o cal leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por resolución desta delegación do 28 de outubro de 1999 (artigo 54.1º da Lei 54/1997, do sector eléctrico), fáiselles saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto da liña de referencia que o día 13 de setembro de 2000, a partir das 10 horas, se procederá sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no municipio de Meis, sinalados cos números:

Predio:4-9.

Hora: 10.

Día: 13-9-2000.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e hora na que para cada un deles terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou dun notario pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 17 de agosto de 2000.

P.D. (Resolución 24-7-2000)

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provinvial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 98/359. Provincia: Meis.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. San Salvador-O Marco.Termo municipal: Pontevedra.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

4A CarballeiraViñedoMercedes Pontevedra FontánO Marco-San Salvador s/n

36637 Meis

770

6A CarballeiraViñedoMª Teresa Paz TorresQuintáns-San Vicente 2

36637 Meis

10100

8AdanPradoManuel Rodiño GonzálezAs Barreiras-Louzán-San Salvador 4

36637 Meis

140400

9AdanPradoArturo Rodiño BarrosLusío-San Salvador 10

36637 Meis

116160