Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 11 de setembro de 2000 Páx. 12.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do parque eólico denominado Monte Treito. (Expediente 14/1998).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Gamesa Energía, S.A. (anteriormente denominada Gamesa Promoción Eólica, S.A.) con domicilio para efectos de notificacións na Avda. do Cruceiro da Coruña, 201-A, C.P. 15705 Santiago de Compostela (A Coruña), sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Monte Treito; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con datas 27 de outubro de 1998 e 21 de decembro de 1998, a empresa Gamesa Energía, S.A., solicitou autorización administrativa, para os efectos do trámite de competencia, do parque eólico de Monte Treito, de 24,42 MW (expte. 14/1998) e do parque eólico Monte Treito Oeste, de 5,94 MW (expte. 2/1999), respectivamente.

As ditas solicitudes foron sometidas a información pública por resolucións da Delegación Provincial da Coruña do 25 e 26 de xaneiro de 1999 respectivamente, publicadas ámbalas dúas no BOE do 2 de febreiro de 1999 e DOG do 3 de febreiro de 1999. Nos respectivos expedientes non consta que se presentaran solicitudes en competencia.

Segundo.-O 2 de marzo de 1999, Gamesa Energía, S.A. solicita que se unifiquen os dous expedientes nun só denominado Parque Eólico de Monte Treito, de 30,36 MW. Con data do 22 de abril de 1999, o secretario provincial da Delegación de Industria da Coruña redacta dilixencia, na que se unifica os expedientes 14/1998 e 2/1999 nun expediente único con nº 14/1998.

Terceiro.-O 2 de marzo de 1999, Luis Caamaño Martínez, en nome e representación de Gamesa Energía, S.A. solicitou a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución do parque eólico denominado Monte Treito, de 30,36 MW, presentando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1996, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e o Decreto 205/1995, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 30 de setembro de 1999 (que modifica a Resolución do 23 de marzo de 1999, publicada no BOP da Coruña do 23-4-1999), publicada no DOG do 15 de outubro de 1999, no BOP do 18 de outubro de 1999 (con posterior corrección de erros en datas 25-10-1999 e 20-12-1999), no diario El Ideal Gallego do 15 de outubro de 1999 e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Lousame, Dodro, Rois e Rianxo.

Durante a fase de información pública recibíronse as seguintes alegacións:

O 13 de maio de 1999, Julio Pan Rodríguez, en representación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Aldariz, e outros presidentes máis en representación das súas respectivas Comunidades de Montes Veciñais en Man Común ou asociacións de veciños, formulan as seguintes alegacións:

Que se produciu unha modificación substancial dos datos fácticos que reflicte o proxecto con expediente 14/1998, fóra do procedemento previsto no artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que implica nulidade ou anulabilidade da tramitación, o ter sido sometido a información pública na Resolución do 23 de marzo de 1999, proxecto distinto do que se solicitou.

Invocan tamén a nulidade da acumulación practicada de tramitacións administrativas, por producir unha situación de indefensión ós interesados.

Con data 25 de novembro de 1999, José Ramón Vidal Castelo, como alcalde-presidente do concello de Lousame, presenta as seguintes alegacións:

Que se produciu un erro manifesto na publicación no BOP da resolución pola que se somete a infor

mación pública, en canto se di que a resolución é do 30 de outubro de 1999 e se publica no BOP do 18 de outubro de 1999 (nº 239). Este erro cométese tamén na posterior corrección de erros no BOP do 25 de outubro de 1999 (nº 245). En consecuencia, procede nova corrección de erros e inicio do período de exposición ó público.

Que a relación de bens e dereitos afectados, tal e como se publica, non é conforme a legalidade por infrinxi-lo disposto nos artigos 17.1º da lei e 16.314 do Regulamento de expropiación forzosa, dado que na publicación unicamente figuran as Comunidades de Montes en Man Común, cando estas teñen formalizados consorcios ou convenios coa Consellería de Medio Ambiente, sendo necesario distingui-la titularidade do solo por unha parte e o consorcio sobre o voo deses terreos por outra. Non se formula unha relación concreta e individualizada na que se describan en tódolos aspectos, material e xurídico, os bens e dereitos que se consideran de necesaria expropiación. Polo que solicita que, unha vez corrixidos os erros, se someta outra volta á información pública e se deslinde a aprobación do proxecto en si e maila súa tramitación do expediente expropiatorio.

Con data do 29 de novembro de 1999, María Jesús Castro Neo, portavoz do grupo municipal do PSDEG-PSOE de Rois, require da entidade solicitante a elaboración do proxecto de acordo co informe emitido polo técnico municipal.

Con data do 30 de novembro de 1999, o Grupo Municipal do BNG en Rois alega defecto de forma que pode levar a erro polo público, por terse publicado a Resolución do 30 de outubro de 1999 pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución, aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e declaración de efectos ambientais, no BOP do 18 de outubro de 1999, e corrección de erros no BOP do 25 de outubro de 1999 (anterior á data da resolución).

Con data do 3 de decembro de 1999, o Concello de Rianxo e Faustino Castaño Vidal, en representación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Arribas, e con data do 7 de decembro de 1999 o Concello de Lousame, presentan respectivas alegacións ó quebrantamento do procedemento establecido:

Infracción do artigo 73 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por procederse á acumulación de expedientes diferentes (superficie, bens e dereitos sometidos a declaración de utilidade pública por medio de autorización administrativa, así como a declaración de incidencia supramunicipal). Invocan as sentencias do Tribunal Supremo do 26 de decembro de 1989 (ar.9649), así como STS do 19 de maio de 1962.

Modificación substancial da descrición dos bens e dereitos a que se refire o proxecto presentado e

sometido a información pública mediante Resolución do 23 de marzo de 1999, e que no seu día foi cursado como solicitude e tramitado como expediente 14/1998. O artigo 70 da Lei 30/1992 establece a vinculación da tramitación administrativa ós presupostos e pretensións de carácter esencial que refire a solicitude. A variación da delimitación dos bens e dereitos sobre os que solicita a declaración de utilidade pública supón unha modificación substancial e, en consecuencia, obriga a unha retracción do expediente co ánimo de evita-la quebra do principio de concorrencia protexido no artigo 10 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

As citadas alegacións foron remitidas á empresa Gamesa Energía, S.A. e contestadas por esta dentro do prazo regulamentariamente establecido.

Quinto.-O 20 de xullo de 2000, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña emitiu informe sobre o citado proxecto, indicando que cumpre a regulamentación técnica vixente. As características básicas do proxecto son:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeConcelloVértices

XY

Monte TreitoDodro0.516.0004.735.800

Lousame0.517.7004.735.800

Rianxo4.734.001

Rois0.519.5004.733.567

0.520.3004.734.700

0.521.8004.734.700

0.520.5004.731.000

0.518.7004.731.700

0.517.9444.730.500

0.515.3664.730.500

0.516.3004.732.600

0.515.4004.733.200

Nº de aeroxeradores: 46.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 kW.

Potencia total instalada: 30,36 MW.

Producción anual neta estimada: 89.332 MWh/ano.

Investimento previsto: 4.019.750.545 ptas.

Sexto.-O 6 de abril de 2000, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a estas por parte da empresa pro

motora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que non se poden acepta-las alegacións presentadas polos interesados polas razóns que a continuación se indican:

Por razóns de eficacia e celeridade administrativa (cfr. art. 103.1º da Constitución e 3.1º e 73 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común-LRXPAC), e coa finalidade de adapta-los proxectos ó novo marco do Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración, o 2 de marzo de 1999, Gamesa Energía solicita da Delegación Provincial de Industria da Coruña, que dicte resolución pola que se unifiquen expedientes do parque eólico de Monte Treito, de 24,42 MW e o parque de Monte Treito Oeste, de 5,94 MW, a un só expediente denominado parque eólico de Monte Treito, de 30,36 MW.

Ambos expedientes foron unificados con data do 22 de abril de 1999, e a Resolución do 23 de marzo á que fan referencia os alegantes foi modificada pola Resolución do 30 de setembro de 1999, pola que se somete de novo a información pública a petición de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución, aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e declaración de efectos ambientais.

Non existiu por tanto ningunha pretendida variación substancial do procedemento, xa que o resultado da unificación dos parques (24,42 MW+5,94 MW= 30,36 MW), en nada difire da situación inicialmente prevista.

Polo que respecta á acumulación administrativa practicada na Resolución do 23 de marzo de 1999 (modificada pola Resolución do 30 de setembro de 1999), esta axústase ó disposto no art. 73 LRXPAC, polo que non cabe falar de anulabilidade con base no disposto no art. 63 LRXPAC.

Non existe a pretendida indefensión e moito menos nulidade radical que se pretende con base no preceptuado polo art. 62 e) LRXPAC. No presente procedemento cumpríronse escrupulosamente tódalas garantías legais de que gozan os interesados de acordo coa lexislación vixente.

O erro producido na publicación á que fai referencia o concello de Lousame foi corrixido no BOP do 20 de decembro de 1999, facendo constar que a data da resolución era do 30 de setembro de 1999 e non do 30 de outubro de 1999. Non se poden acepta-las alegacións presentadas polo concello, dado que unha simple corrección de erros, ó non producir indefensión, non pode implicar unha nova información pública. Non existe o artigo 16.314 do Regulamento de expropiación forzosa, debe tratarse dun erro. Por outra parte, é incerto que se incumpra o artigo 17.1º da Lei de expropiación forzosa, xa que no procedemento administrativo en cuestión se cumpriu con todo o preceptuado na citada norma.

Polo que respecta ós consorcios que as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común teñan coa

Administración, deben se-las propias comunidades as que xustifiquen a existencia deles, para os efectos das oportunas valoracións.

A documentación presentada no Concello de Rois pola empresa peticionaria é a requirida na lexislación vixente; non obstante, con data do 22 de decembro de 1999, a citada empresa remitiulle ó concello documentación complementaria co fin de aclara-los puntos indicados nos informes do técnico municipal.

Con respecto á alegación formulada polo grupo municipal do BNG en Rois, procedeuse á emenda da data da resolución de información pública (que é do 30 de setembro de 1999 e non do 30 de outubro), mediante a publicación da corrección de erros no BOP do 20 de decembro de 1999.

A Administración procedeu á acumulación dos distintos expedientes administrativos tramitados por gardar identidade substancial ou íntima conexión, o que está fóra de toda dúbida dada a identidade de razón que une ós expedientes acumulados, cumpríndose o suposto de feito da LRXPAC. A xurisprudencia citada non é aplicable ó caso, xa que se refire a hipóteses substancialmente distintas.

Con respecto á modificación substancial que se alega á Resolución do 23 de marzo de 1999, pola que se sometía a información pública proxecto con distintas características, cómpre dicir que a dita resolución foi modificada pola Resolución do 30 de setembro de 1999, despois da unificación dos expedientes dos parques eólicos de Monte Treito e Monte Treito Oeste, e dar resposta idéntica que ós alegantes no punto 1.

As alegacións á utilidade pública e ó proxecto sectorial serán consideradas no momento de dicta-la resolución correspondente.

As alegacións ambientais, foron tidas en conta na Resolución do 6 de abril de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se aprobou a declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto, cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Autorizarlle a Gamesa Energía, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Monte Treito, para asentar nos concellos de Dodro, Lousame, Rianxo e Rois.

Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Gamesa Energía, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigacións, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza

de 80.395.011 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme ó disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan realizaranse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 4.019.750.545 ptas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Gamesa Energía, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14-7-1995), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no art. 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de efectos ambientais do 6 de abril de 2000, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración resérvase o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria