Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 11 de setembro de 2000 Páx. 12.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2000 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación dun contrato de consultoría e asistencia. (Expediente 2/2000 DXPI).

Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas.

Número de expediente: 2/2000 DXPI.

Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: o deseño dun mecanismo de apoio integral ó proceso de innovación nas 12 empresas que forman a mostra piloto, dividido en 3 lotes de 4 empresas cada un.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 15 de xuño de 2000.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: 26.954.532 ptas., IVE incluído, dividido en 3 lotes de 8.984.844 ptas.

Adxudicación.

Data: 14 de agosto de 2000.

Adxudicatario:

Lotes 1 e 2: Socintec, S.A.

Lote 3: Norconsult, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación:

Lotes 1 e 2: dezasete millóns novecentas mil pesetas (17.900.000 ptas.), IVE incluído.

Lote 3: oito millóns cincocentas mil pesetas (8.500.000 ptas.), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2000.

P.D. (Orde 13-10-1999, DOG 207)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio