Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 11 de setembro de 2000 Páx. 12.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto chamado L.M.T. derivación a Nogueiró (concello de Salvaterra de Miño), a favor da empresa Unión Eléctrica-Distribución, S.A. (Expediente 2/1999 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, que foi declarada, en concreto, de utilidade pública, o cal leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por resolución desta delegación do 13 de abril de 2000 (artigo 54.1º da Lei 54/1997, do sector eléctrico), fáiselles saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto da liña de referencia que o día 12 de setembro de 2000, a partir das 10 horas, se procederá sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no municipio de Salvaterra de Miño, sinalados cos números:

Predios: 2-25.

Hora: 10.

Día: 12-9-2000.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e hora na que, para cada un deles terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou dun notario pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 17 de agosto de 2000.

(Resolución 24-7-2000)

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 2/1999Provincia: Ourense

L.M.T. derivación a NogueiróTermo municipal: Salvaterra de Miño

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2CalbónViñedoMª Pilar Alonso DomínguezHispanidade, 74, 6-A, 36203 Vigo990

3CalbónViñedoPrudencio Fernández NúñezCorzáns-Meder, s/n, 36457 Salvaterra de Miño1060

5CalbónViñedoAlejandro Garrido FernándezOuteiro-Meder, s/n, 36457 Salvaterra de Miño550

25CombroHortaFlorencio Lamas GilNogueiró-Meder, s/n, 36457 Salvaterra de Miño210