Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 11 de setembro de 2000 Páx. 12.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 19 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Matacás, 4929.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense dá a coñecer que foi admitida definitivamente a solicitude do permiso de investigación Matacás nº 4929, de 88 cuadrículas mineiras, para recursos de lousa, nos concellos de Castro Caldelas (Ourense) e Monforte, Ribas de Sil e Sober (Lugo).

A designación do terreo é a seguinte:

VérticesLonxitudeLatitude

17º 27'00''42º 26' 00''

27º 23'20''42º 26' 00''

37º 23'20''42º 23' 20''

47º 27'00''42º 23' 20''

O que se fai público para que calquera que se considere afectado interpoña reclamación no prazo de 15 días hábiles, nesta delegación provincial; pasado o prazo non se admitirá oposición ningunha.

Ourense, 19 de xullo de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense