Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 04 de setembro de 2000 Páx. 12.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, pola que se notifica a Resolución do 2 de xuño de 2000 recaída no expediente sancionador ICA-OU-07/2000-V, por infracción na calidade da producción agroalimentaria en materia de viños, ó resultar devolta polo servicio de correos a notificación feita ó interesado.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a José Benito Villamarín Rodríguez, con DNI 36.003.040, de acordo co que figura no anexo, a resolución adoptada polo director xeral de Industrias e Alimentación, con data do 2 de xuño de 2000, no expediente sancionador ICA-OU-07/00-V, xa que intentada a notificación por correo certificado e con xustificante de recepción, esta resultou devolta.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria á conta de Caixa Ourense número 44/030/003919/6, no prazo de 15 días hábiles contados a partir da firmeza da resolución. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Faise saber que esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela José Benito Villamarín Rodríguez poderá recorrer potestativamente en reposición perante o mesmo órgano que a dictou, o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 116 e seguintes da Lei 30/1992 (modificada pola Lei 4/1999). De non estimarse a interposición deste recurso poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous

meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2000.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación

ANEXO

Expediente: ICA-OU-07/00-V.

Empresa denunciada: José Benito Villamarín Rodríguez.

CIF/DNI: 36.033.040.

Enderezo: rúa Progeso 30-2ºD. Ribadavia-Ourense.

Infraccións cometidas: defecto de etiquetaxe e defectos documentais.

Precepto infrinxido: artigo 5 do R(CEE) 2392/1989, en relación co artigo 112 do Decreto 835/1972, no que se establecen as condicións para que nas etiquetaxes de viños de mesa poida figurar unha variedade. Artigo 40 do R(CEE) 2392/1989, en relación co artigo 112.3º do Decreto 835/1972, no que se establece a prohibición do uso de expresións que induzan a confusión na etiquetaxe de viños de mesa cun VCPRD. Artigo 112.4º b) do Decreto 835/1972, no que se establece a obrigatoriedade de consignar na etiquetaxe dos viños de mesa o número de Rexistro de Embotelladores correspondente á industria. Artigo 11 do R(CEE) 2238/1993, en relación coa O.M. do 20 de maio de 1994, e o artigo 7 da Orde do 12 de xuño de 1994, da Consellería de Agricultura, polo que se establece a obriga de que cada industria elaboradora e embotelladora de viños de mesa leve, polo menos os dous ditos libros-rexistro de entradas e saídas e de embotellado.

Preceptos sancionadores: artigo 127 e 123.2º do Decreto 835/1972, do 23 de marzo, polo que se aproba o regulamento da Lei 25/1970, da viña, do viño e dos alcohois.

Sanción: multa de 250.000 pesetas, correspondendo 50.000 ptas. por cada un dos defectos de etiquetaxe e 100.000 pola non-tenza do libro rexistro de entradas e saídas nin o libro de embotellado.