De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que se citan a continuacion, a resolución dos expedientes instruídos por infracciones da Lei 6/1991, do 15 de maio (Diario Oficial de Galicia do 27 de maio), de infraccións en materia de protección dos recursos marítimo-pesqueiros.
Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto, para poder examina-los expedientes na Delegación Territorial de Vigo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (r/ Palma, 4) e presentar ante a citada delegación, as alegacións que coiden pertinentes.
Nº de expediente: PO-0553-1999.
Denunciada: Edelmira Franco López.
Enderezo: Cunchidos, 18-Estribela-Pontevedra.
Precepto infrinxido: 6.12º da Lei 6/1991, do 15 de maio.
Sanción: 29.706 ptas.
Nº de expediente: PO-0787-1999.
Denunciado: Julio Leyenda Pérez.
Enderezo: Montecelo, 5-2º Vigo-Pontevedra.
Precepto infrinxido: 6.7º e 6.12º da Lei 6/1991, do 15 de maio.
Sanción: 225.001 ptas.
Nº de expediente: PO-0790-1999.
Denunciado: Jesús Manuel Blach Castro.
Enderezo: Diego Carmona, 6 Baiona-Pontevedra.
Precepto infrinxido: 6.7º e 6.10º da Lei 6/1991, do 15 de maio.
Sanción: 300.000 Ptas.
Nº de expediente: PO-1247-1999.
Denunciado: David Martínez Bamio.
Enderezo: praia do Cocho, 2-Vigo-Pontevedra.
Precepto infrinxido: 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.
Sanción: 35.000 ptas.
De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (Diario Oficial de Galicia nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo. Título da conta Tesouro da Facenda Galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións. Delegación de Vigo (Pontevedra). C/C nº 2091-0501-66-3110000041, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non ser aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobro pola vía de constrinximento regulamentaria.
Vigo, 1 de agosto de 2000.
Rosa María Quintana Carballo
Delegada territorial de Vigo