Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 04 de setembro de 2000 Páx. 12.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 222/2000.

Ó non atopar no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de oito días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución; trascorrido aquel, contarán cun novo prazo de tres días para presenta-las alegacións que coiden oportunas perante o órgano que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 222/2000.

Acta inf. nº 238/2000 (II).

Empresa: Construcciones Iglesias Mera, S.L.

NIF/DNI: B-15.032.287.

Enderezo: Agro da Magdalena, 8-baixo, O Milladoiro-Ames (A Coruña).

Materia: seguridade e hixiene.

Documentos que constan no expediente:

-Acta de infracción (I e II).

-Xustificantes da notificación.

-Alegacións de Encofrados Hnos. Otega, S.L.

-Informe da Inspección de traballo confirmatorio da acta.

Proposta de sanción: 250.100 ptas.

A Coruña, 20 de xullo de 2000.

José Antonio Álvarez Vidal

Delegado provincial da Coruña