Ó non atopar no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de oito días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución; trascorrido aquel, contarán cun novo prazo de tres días para presenta-las alegacións que coiden oportunas perante o órgano
que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.
Expediente nº: 496/2000.
Acta inf. nº 1530/1999.
Empresa: La Pallota Textil, S.L.
NIF/DNI: B-15.668.783.
Enderezo: María Pita, 6-Narón.
Materia: seguridade e hixiene.
Documentos que constan no expediente:
-Acta de infracción.
-Xustificantes da notificación.
Proposta de sanción: 250.100 ptas.
A Coruña, 21 de xullo de 2000.
José Antonio Álvarez Vidal
Delegado provincial da Coruña