Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 04 de setembro de 2000 Páx. 12.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2000 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de concesión e autorización administrativa para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Castro, xunto co proxecto e estudio de avaliación ambiental do concurso PO/22/98.

A este organismo autónomo Augas de Galicia achegouse a petición de outorgamento de concesión e autorización administrativa para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Castro, presentada cos proxectos das obras e instalacións e estudios ambientais correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo figuran os datos máis relevantes do peticionario do aproveitamento solicitado, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para lle dar cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos

documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións estimen procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -edif. advos. San Caetano, s/n. 15071. Santiago de Compostela- e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponde facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra. Transcorrido o dito período de tempo, non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios das casas dos concellos de Forcarei e Cerdedo (Pontevedra).

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición, copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión:

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, avda. Rodríguez de Viguri, 47, baixo A-15703 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra: r/ Eduardo Pondal, 64-36071 Pontevedra.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

-Estudio de efectos ambientais do proxecto:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

* Delegación provincial de Medio Ambiente de Pontevedra: rúa Nova de Abaixo, 2 - Pontevedra.

* Concello de Forcarei: praza da Igrexa, 1 - 36550 Forcarei (Pontevedra).

* Concello de Cerdedo: praza do Concello, s/n - 36130 Cerdedo (Pontevedra).

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Peticionario e promotor: Marta Pousa Ortega.

Enderezo: barrio La Calle, 18, Goián - Tomiño (Pontevedra).

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico Central de Barrela.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal detraído do río Castro: 2.300 l/s.

Caudal detraído do río Ventoxo: 1.700 l/s.

Corrente de derivación: Río Castro (cota do aliviadoiro: 512,0).

Corrente de derivación: Río Ventoxo (cota do aliviadoiro: 510,8).

Corrente de restitución: Río Castro (cota de restitución: 430).

Desnivel (salto bruto): 82 m.

Alturas dos azudes: 9,0 m (altura sobre fondo de cimentación).

Potencia xerador: 3.120 kVA.

Concellos onde radican as tomas e demais obras: concello de Forcarei e concello de Cerdedo (Pontevedra).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude e obra de toma:

Os azudes serán de gravidade, perfil transversal tipo Creager, e altura de 9,0 m sobre fondo de cimentación. A coroación do azude sito no río Castro, de cota 515,5, terá unha lonxitude de 33 m, dos cales 16 m serán aliviadoiro. A coroación do azude sito no río Ventoxo, de cota 514,2, terá 29,6 m dos cales 14 serán aliviadoiro.

A toma do río Castro conducirá a auga pola marxe dereita e a toma do río Ventoxo levaraa pola marxe esquerda do río.

Conducción de derivación:

As canles de derivación terán seccións cadradas, a do río Castro de 1,8x1,2 e 2.000 m de lonxitude, e a do río Ventoxo de 1,4x1,1 e 350 m de lonxitude.

Cámara de carga e tubo forzado:

A cámara de carga terá dimensións 12x4x2,5 m, e dela parte a tubo forzado, que será de palastro, cun diámetro interior de 1.300 mm, con lonxitude de 480 m. A espesura prevista é de 12 mm.

Central:

A central estará nun edificio para albergar tódolos equipos electromecánicos, con dimensións 12,2x6,15x6,55 m.

Equipos electromecánicos:

As turbinas serán dúas, de tipo Francis de eixe horizontal.

Os xeradores serán síncronos, cunha potencia de 1.560 kVA cada un, unha tensión nominal de 6.000 V e unha frecuencia de 50 Hz.

Completa o equipamento un transformador de potencia de 3.120 kVA.

Ademais situaranse diversos equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento.

Relación de afectados

PolígonoParcelaPropietario

94122Descoñecido

135Descoñecido

134Descoñecido

77Descoñecido

133Descoñecido

122M. Freire

121R. Dapena

8586 bB. Carrera

161T. González

169Descoñecido

170L. Dapena

171O. Dapena

176 a e bJ. Fernández

177 a e bL. Santos

178 a e bDescoñecido

191 a e bDescoñecido

192 a e bM. Ruiz

195 a e bDescoñecido

196 a e bD. Casas

197 a e bR. Vázquez

198 a e bO. Dapena

199 a e bM. Carrera

200 a e bP. Malvar

161F. Frades

160Descoñecido

158F. Sobrade

4915J. Malvar

13F. Fraiz

12Comunidade de Veciños Ventoxo

9Comunidade de veciños

8B. Dapena

7R. Dapena

6V. Fraiz

5F. Troitiño

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.