De conformidade co estipulado no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións, posto que, intentada a notificación, esta non puido ser efectuada polo servicio de correos.
Noméase instructor do procedemento a Manuel Pérez González, funcionario desta delegación provincial, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992 citada.
A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería. O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería, sita na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas coide convenientes na defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento, do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993 (BOE nº 189, do 9 de agosto), de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.
O pagamento voluntario poderá implica-la terminación do procedemento. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, no enderezo indicado.
O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.
Ourense 24 de xullo de 2000.
P.A.
Mª Rosa Rodríguez Cougil
Delegada provincial de Ourense
ANEXO
Expediente: OU-T-82/2000.
Interesado: Alfredo de Sousa López.
DNI: X-1.592.487-J.
Último enderezo coñecido: estrada de Laza, nº 71-2º, Verín (Ourense).
Feitos denunciados: transportar no vehículo LU-9160-S (camión tractor Mercedes) e semirremolque LU-01850-R, duascentas (200) cabezas de gando porcino desde San Pedro de Calve (Valladolid) ó matadoiro de Verín (Ourense) sen esta-los devanditos vehículos inscritos no Rexistro Provincial de Sanidade Animal.
Preceptos infrinxidos: artigo 52 do Regulamento de epizootias.
Sanción: vinte mil (20.000) ptas.