Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.506

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (93/1999).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentencia en Santiago de Compostela a 1 de xuño de 2000.

Vistos por min, María Dolores Rivera Frade, maxistrada-xuíza, en comisión de servicios do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dous desta cidade e o seu partido, estes autos de xuízo de separación matrimonial seguidos co número 93/1999, entre partes: dunha, como demandante María Concepción González Pereira, dirixida polo letrado Jesús Gamallo Pita e representada polo procurador Victorino Regueiro Muñoz; e doutra, como demandado Justo Obelleiro Rodríguez, incomparecido e declarado en situación procesual de rebeldía; sen intervención do Ministerio Fiscal.

Resolvo que, con estimación da demanda presentada polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, actuando en nome e representación de María Concepción González Pereira, contra Justo Obelleiro Rodríguez, debo declarar e declaro a separación do matrimonio formado polos expresados cónxuxes, cos efectos legais inherentes ó dito pronunciamento, sen facer especial pronunciamento en materia de custas.

Lévese certificación desta sentencia ós autos principais e notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación, no prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Firme esta resolución, anótese nos rexistros civís correspondentes.

Así, por esta sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Justo Obelleiro Rodríguez, esténdese esta cédula para que sirva de notificación en legal forma.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2000.

O/A secretario/a

Rubricado