Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.506

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación e emprazamento (167/2000).

En virtude do acordado en resolución dictada no día da data, en autos civís de proceso de cognición número 167/2000, seguido neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, por instancia de Promociones Turísticas Jacobeas, S.A., representada pola procuradora Fátima Rodríguez Morales, contra Mediarte e Comunicación de Galicia, S.L., sobre reclamación de cantidade de 225.984 pesetas, por medio da presente cédula emprázase a parte demandada co fin de que no termo de nove días compareza en autos, constituíndose en parte, baixo apercibimento de ser declarada en situación procesual de rebeldía e de recaeren sobre ela os demais prexuízos a que houbese lugar en dereito.

E para que sirva de emprazamento en forma a Mediarte e Comunicación de Galicia, S.L. co CIF: B-36787364 e co último domicilio coñecido en rúa Uruguai número 8, planta 6, oficina 6, actualmente en paradoiro descoñecido e a quen se lle fai saber que as copias da demanda e documentos se atopan á súa disposición na secretaría deste xulgado. Esténdese esta cédula en Santiago de Compostela, dez de xuño de dous mil.

O/A secretario/a

Rubricado