Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.506

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (24/1999).

Francisco Iglesias Gómez, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e testemuña de que no xuízo de faltas nº 24/1999 se dictou a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela o 24 de marzo de mil novecentos noventa e nove.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas nº 24/1999, seguidos por estafa, sendo parte denunciante Manuel Lamas Souto; aparecendo como parte denunciada María Liñares Vilar, maior de idade, coa defensa letrada de Gonzalo Varela Porto, o Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Resolvo que debo absolver e absolvo a María Liñares Vilar, da falta inicialmente imputada sen que

proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil e declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se pode interpoñer no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta a miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a María Liñares Vilar, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Santiago de Compostela, once de xullo de dous mil.

O/A secretario/a

Rubricado