Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.505

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

EDICTO (482/1999).

Eu, Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ribeira, certifico :

Que nos autos que máis diante se dirán recaeu sentencia que no seu encabezamento e decisión di:

Sentencia.

En Ribeira a dezanove de xullo de dous mil Antonio Torre Bellota, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira, viu os presentes autos de xuízo de faltas nº 482/1999, seguidos ante este xulgado por presunta falta de furto, no que foron partes, ademais do Ministerio Fiscal no exercicio da acción pública, Víctor Manuel Sampedro González, como denunciante e María Delia Sabarís Torres, como denunciada.

Decido que debo absolver e absolvo a María Delia Sabarís Torres dos feitos que se lle viñan imputando, declarando de oficio as custas do xuízo. Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no termo de cinco días, conforme o artigo 976 e s.s. da L.A.crim. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, de conformidade coa autoridade que me confire a Constitución de 1978 e a Lei orgánica do poder xudicial, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a María Delia Sabarís Torres, expido e asino este edicto.

Ribeira, 20 de xullo de 2000.

O secretario

Rubricado