Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.505

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN PRIMEIRA)

EDICTO (2745/1996).

En, Cándido Curiel Fernández, secretario da Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña, certifica:

Que no rolo nº 2745/1996 recaeu resolución cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia.

No recurso de apelación civil 2745/1996, procedente do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción

número tres da Coruña, co nº 1473/1994, sobre modificación de medidas de separación, entre partes, dunha e como demandante apelante, Felipa Fernández Rey, representada polo procurador Sr. López y López e, da outra e como demandado apelado, o Ministerio Fiscal e, declarado en situación legal de rebeldía, Jesús Noya Parama. Foi relator José María Sánchez Jiménez.

Decidimos que debemos estima-lo recurso de apelación ó que se adheriu o Ministerio Fiscal, interposto contra a sentencia dictada neste incidente de modificación de medidas de separación, a que debemos devogar e revogamos, dispondo que a garda e custodia dos menores Jesús e Patricia Noya Fernández lle corresponderá á demandante Felipa Fernández Rey, sen facer expresa condena en custas».

E para que conste, en cumprimento do acordado, e lle sirva de notificación ó rebelde Jesús Noya Parama, expido e asino este edicto na Coruña, trinta de marzo de dous mil.

O secretario

Rubricado