Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.504

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN PRIMEIRA)

EDICTO (2173/1997).

Eu, Cándido Curiel Fernández, secretario da Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña, certifico que na peza de que se fará mención se dictou sentencia con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Na Coruña, o dezaoito de novembro de mil novecentos noventa e sete.

A Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña, constituída polos señores Ángel María Judel

Prieto, presidente, Ángeles Paredes Prieto, María del Carmen Vilariño López, maxistrados, pronunciaron no nome de El-Rei a seguinte sentencia:

No recurso de apelación civil 2173 de 1997, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número un de Padrón, co número 398/1995, verbal, sobre reclamación de cantidade en accidente de tráfico, sendo a cuantía do procedemento cento cincuenta e seis mil duascentas corenta (156.240) pesetas, entre partes, dunha e como demandante a apelada Assicurazioni Generali, S.A., representada polo procurador Calvino Gómez; e doutra como demandados, a apelante Sun Alliance, S.A., representada polo procurador señor García Piccoli, a demanda Allianz-Ras, S.A., representada polo procurador señor Regueiro Muñoz, e os apelados José Maldonado, Don Rent e José Ángel Pampín Otero, en situación procesual de rebeldía. Sendo relatora a maxistrada María del Carmen Vilariño López.

Resolvemos que, con estimación parcial, o recurso de apelación interposto pola representación de Sun Alliance, S.A., contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, con data do cinco de novembro de mil novecentos noventa e seis, debemos revogar e revogamos en parte a dita sentencia unicamente no sentido de que a condena á entidade aseguradora apelante ó pagamento dos xuros se fixa conforme o establecido no fundamento xurídico cuarto desta resolución, ratificándose a apelada no resto dos seus pronunciamentos; sen facer especial imposición das custas desta alzada.

Fágase saber ás partes que contra esta sentencia non cabe ningún recurso.

Con testemuño desta resolución devólvanse as actuacións ó xulgado de procedencia, quen notificará a recepción.

Así, pola nosa sentencia, da que se levará certificación a peza de apelación civil, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.»

E para que lles sirva de notificación ós rebeldes José Maldonado, Don Rent e José Ángel Pampín Otero, expido e asino a presente na Coruña, vinteoito de marzo de dous mil.

O secretario

Rubricado