Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.504

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2000 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios convocadas por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión das prazas de profesorado desta universidade 00/005 y 00/008, convocadas por Resolución do 8 de febreiro de 2000 (BOE do 4 de marzo), comisións que se relaciona como anexo a esta resolución.

As citadas comisións deberán constituírse nun prazo non superior a catro meses, contado desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 4 de agosto de 2000.

P.D. (Resolución 31-7-2000)

Alfonso Barca Lozano

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento: fundamentos da análise económica.

Praza nº: 00/005.

Comisión titular:

Presidente: Faiña Medin, José Andrés, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Varela Santamaría, Ramón, catedrático de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Macho Stadler, Inés, catedrática de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Tobarra Ochoa, Pedro, catedrático de escola universitaria. Universidade de Murcia.

Martín Simón, José Luis, catedrático de escola universitaria. Universidade Complutense de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: Outes Ruso, José Luis, catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Secretario: García Cebro, Juan Antonio, catedrático de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Uriel Jiménez Ezequiel, catedrático de universidade. Universidade de Valencia (Estudi General).

Pérez Sánchez, Alfredo, catedrático de escola universitaria. Universidade de Vigo.

Simón Vilches, José Manuel, catedrático de escola universitaria. Universidade de Málaga.

Praza de profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: comercialización e investigación de mercados.

Praza nº: 00/008.

Comisión titular:

Presidente: Bello Acebron, Laurentino, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: García de Madariaga Miranda, Jesús, profesor titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocais:

Rodríguez Rodríguez, Ignacio A., catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.

Tortosa Vidal, José María, profesor titular de universidade. Universidade de Barcelona.

Díaz Martín, Ana María, profesora titular de universidade. Universidade de Oviedo.

Comisión suplente:

Presidente: Vázquez Casielles, Rodolfo V., catedrático de universidade. Universidade de Oviedo.

Secretario: Cervantes Blanco, Miguel F., profesor titular de universidade. Universidade de León.

Vocais:

Cruz Roche, Ignacio, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Grau Abas, Miguel, profesor titular de universidade. Universidade de Barcelona.

Ballina Ballina, Francisco de, profesor titular de universidade. Universidade de Oviedo.