Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.497

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do desenvolvemento do alcance e contido do artigo 29 do convenio colectivo do persoal de limpeza de Amalis, S.A., que presta os seus servicios no Hospital do Meixoeiro.

Visto o desenvolvemento do alcance e contido do artigo 29 do convenio colectivo do persoal de limpeza de Amalis, S.A., que presta os seus servicios no Hos

pital do Meixoeiro, con nº de código 3602061, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-7-2000, subscrito pola comisión paritaria, en data 24-3-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primerio.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de xullo de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Asistentes:

-Polo comité de empresa:

Mª Teresa Míguez Lorenzo.

Horacio Alonso de la Campa.

Edelmiro Martínez Troconso.

Pablo Suárez Iglesias.

Sección sindical CC.OO.:

Joaquín Martínez Fernández.-Pola empresa:

Reyes García Alonso.

Na cidade de Vigo, sendo as 17 horas do día vintecatro de marzo de dous mil, reúnense as persoas expresadas á marxe na súa condición de comisión paritaria do convenio colectivo do persoal de limpeza de Amalis, S.A., que presta os seus servicios no Hospital de O Meixoeiro, de Vigo, os cales, pola súa vez, constitúen, dunha parte, a maioría dos compoñentes do comité de empresa e seccións sindicais representantes dos traballadores antes mencionados, e, da outra, representación legal da empresa Amalis, S.A., actual concesionaria do mencionado servicio.

Aberta a sesión, ámbalas partes, como inicio do que se vai tratar, recoñécense mutua e reciprocamente como interlocutores válidos para o obxecto previsto para esta reunión.

Ten por obxecto a reunión desenvolve-lo alcance e contido do artigo 29 do convenio colectivo do centro de traballo, en aplicación do pactado nos parágrafos segundo e catro do mencionado artigo.

Tras un debate sobre os temas que se tratan, as partes alcanzan os seguintes acordos:

Primeiro.-A orde de preferencia dos traballadores fixos da quenda de tarde, para cubri-las vacantes

da súa mesma categoría profesional producidas na quenda de mañá e que a empresa considere necesario cubrir por vacacións, excedencias, maternidade, novas contratacións e baixas de IT de duración superior a 15 días, todo isto de acordo co establecido no artigo 29 do convenio colectivo do centro de traballo, será o que se establece na relación adxunta ó presente documento sinalada como anexo I.

As vacantes iránselles ofrecendo ós traballadores da quenda de tarde segundo a orde na que aparecen no anexo I, e de forma rotatoria.

Se algún traballador/a ó que se lle ofreceu unha vacante non a cobre, pasará automaticamente ó último lugar de preferencia da lista.

Segundo.-En aplicación do establecido no parágrafo terceiro do art. 29 do convenio mencionado, a orde de preferencia das persoas que se mencionan no anexo II do convenio para cubrir aqueles contratos de traballo de interinidade de categoría de limpador/a que subscriba a empresa no Hospital do Meixoeiro, será o que se establece na relación adxunta ó presente documento sinalada como anexo II.

Os contratos de interinidade que subscriba a empresa iránselles ofrecendo ós traballadores do anexo II segundo a orde na que aparecen na relación mencionada, e de forma rotatoria.

Se algún traballador/a ó que se lle ofreceu un contrato non o subscribe, salvo por causa xustificada e acreditada documentalmente (entendendo por causa xustificada para estes efectos as seguintes: estar a traballar para outra empresa, enfermidade do traballador e morte ou enfermidade grave de familiares de primeiro grao), pasará automaticamente ó último lugar de preferencia da lista.

No suposto de que algún dos traballadores do anexo II rexeite en tres ocasións contratos de interinidade que lle correspondan pola súa orde de preferencia, salvo que o motivo de non subscribi-lo contrato sexa algunha das causas xustificadas que se mencionan no parágrafo anterior, o dito traballador/a deixará de te-lo dereito preferente que se establece no art. 29 citado e, por conseguinte, o seu nome eliminarase do anexo II.

Así se acorda e, para que conste e para os efectos oportunos, expídese esta acta, que é asinada por tódolos asistentes en proba de conformidade, todo isto na cidade e data expresadas ó principio.

ANEXO I

Relación de traballadores/as fixos da quenda de tarde, con preferencia para cubrir vacantes da quenda de mañá segundo o artigo 29 do convenio colectivo.

Nº de referenciaApelidos e nome

01Míguez Lorenzo, Mª Teresa
02Alonso Esperón, Carmen
03Osorio Prieto, Purificación
04Piñón Pazos, Mª Amparo

Nº de referenciaApelidos e nome

05Rivera Fernández, Emilia
06González Castro, Mª Begoña
07Casal Lorenzo, Mª Dolores
08Gómez Teixiera, María
09Larralde González, Begoña
10Sio Castro, Cándida
11Camino do Pazo, Lourdes
12Vicente Correa, Mª Teresa
13Castro Álvarez, Mª Carmen
14Araújo Collazo, Francisca
15Alonso Gómez, Mª Begoña
16Casal Carreira, Mª José
17Coto Pereiro, Mª Jesús
18Lago Lago, Teresa
19Fernández Álvarez, Carmen
20Luis Alonso, Amelia
21Martínez Giráldez, Emilia
22Álvarez González, Sonia
23Couñago Álvarez, Mónica
24Iglesias Montes, Luisa
25Casal Carreira, Pilar

01Gil Hesseldahl, Jorge
02Lorenzo Cabrera, Eduardo
03Alonso de la Campa, Horacio
04Blanco Montoto, José Luis
05Lameiro Cerdeira, Luis Aníbal
06González Rodríguez, José Manuel
07Yáñez Rodríguez, Luis
08García Alonso, Pedro

ANEXO II

Relación de traballadores/as con preferencia para cubrir vacantes e substitucións segundo o artigo 29 do convenio colectivo.

Nº de referenciaApelidos e nome

01Crespo Barciela, Olivia
02Viso Bande, Begoña
03Feros Iglesias, Rosa Mª
04Romero Vicente, Carmen
05Alvarado Pérez, Rosa Mª
06Santiso Penabella, Isabel
07Alfonso Cabaleiro, Salud
08Hermida Rodríguez, Marcelina
09Carrera Alves, Mª Jesús
10Monteagudo Martínez, Ana Isabel
11Hermida Rodríguez, Ana Mª
12Soliño Hermelo, Mercedes
13Blanco Domínguez, Josefa
14Barreiro Vázquez, Amparo

01González Juncal, Carlos
02Cabadas Guisande, Carlos
03Comesaña Salgueiro, Valentín