Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.489

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de elaboración e instalación de pedra e mármore. (Código 1500985).

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de elaboración e instalación de pedra e mármore (código 1500985) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 7-7-2000, suscrito en representación da parte económica por Asoemar, e da parte social pola Confederación Intersindical Galega (CIG) o día 16-6-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de xullo de 2000.

José Antonio Álvarez Vidal

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo de traballo para a actividade

de elaboración e instalación de pedra e mármore

da provincia da Coruña

Capítulo I

Sección primeira

Ámbito funcional

Artigo 1º

Este convenio é de aplicación a tódalas empresas dedicadas á actividade de elaboración e instalación de pedra e mármore, tanto mecánica como manual.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Este convenio é de ámbito provincial e afecta os centros de traballo sitos no territorio da provincia da Coruña, aínda cando o domicilio da empresa se ache fóra desta.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Quedan afectados polo presente convenio tódolos traballadores, sexa cal for a súa categoría, que durante a vixencia del presten os seus servicios baixo a dependencia e pola conta das empresas afectadas no seu ámbito territorial, sen máis excepcións que as que marque a lei.

Sección segunda

Vixencia e duración

Artigo 4º

O presente convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro e a súa duración será ata o 31 de decembro de 2000.

Artigo 5º.-Prórroga e denuncia.

A denuncia para a rescisión ou revisión do presente convenio deberase realizar cunha anticipación de tres meses do seu final ou da prórroga en curso. A denuncia efectuarase mediante comunicación escrita á outra parte, así como á autoridade laboral, contándose o prazo desta desde a data de recepción da referida comunicación.

Denunciado o convenio, procurarase que as deliberacións comecen co tempo suficiente como para que non haxa lugar a atrasos e, como moi tarde, dentro do primeiro trimestre do ano que proceda.

Sección terceira

Prelación de normas

Artigo 6º

As normas que contén este convenio regularán con carácter preferente e prioritario as relacións entre traballadores e empresarios afectados por el. No non previsto neste convenio aplicarase o disposto polo Estatuto dos traballadores e demais disposicións oficiais de aplicación.

Artigo 7º.-Compensación e absorción.

As retribucións pactadas neste convenio compensarán e absorberán tódalas existentes no momento da súa entrada en vigor. Non obstante, as condicións superiores pactadas a título persoal que teñan establecidas as empresas á entrada en vigor do presente convenio e que, con carácter global, excedan del en cómputo anual, serán respectadas.

Artigo 8º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente. En caso de a autoridade laboral non homologar algún dos pactos, o convenio quedará sen efecto e deberá procederse á reconsideración da súa totalidade.

Sección cuarta

Comisión mixta de interpretación

Artigo 9º

Constitúese unha comisión mixta de interpretación, presidida pola persoa que se designe na primeira reunión que se celebre. Quedará constituída por catro representantes dos traballadores e catro empresarios, os cales serán designados pola central ou centrais sindicais asinantes e pola Asociación de Empresarios Marmolistas da provincia da Coruña (Asoemar), de entre os que no seu día negociaron e pactaron este texto.

Para a adopción de acordos, será necesaria a conformidade da metade máis un dos compoñentes.

Nomearase secretario un vocal da comisión, e poderán asisti-los asesores da ámbalas representacións, con voz pero sen voto.

Capítulo II

Sección primeira

Condicións económicas, normas xerais

Artigo 10º

As condicións retributivas do persoal afectado por este convenio serán as que conteñen as táboas de salarios e antigüidade que se xuntan como anexo e se regulan nos artigos seguintes.

Artigo 11º.-Pagamento de haberes.

Efectuarase dentro dos cinco primeiros días do mes seguinte ó seu devengo e con dereito por parte do traballador a solicitar anticipos quincenais á conta dos salarios que teña devengados co tope establecido pola lexislación vixente.

Sección segunda

Salario base

Artigo 12º

Entenderase por tal o que figura para cada categoría e profesión na táboa salarial (anexo I).

Sección terceira

Complementos e suplidos

Artigo 13º

Tódolos complementos contidos neste convenio serán aboados por día efectivo de traballo.

Igualmente, e por faltar ó traballo sen causa xustificada, alén do disposto no artigo 37 perderase o dereito á percepción tanto do salario como dos complementos correspondentes ó día da falta.

Artigo 14º.-Complemento de asistencia.

Aboaráselles a tódolos traballadores na contía sinalada na táboa salarial que figura como anexo I ó presente convenio.

Artigo 15º.-Complemento de distancia e transporte.

Co fin de simplifica-lo cómputo da distancia do domicilio do traballador ó centro de traballo, aboaráselles a tódolos traballadores, calquera que sexa a distancia entre o domicilio e o centro de traballo, de acordo coas cantidades que figuran na táboa de salarios e que se recollen no anexo I deste convenio.

Artigo 16º.-Complemento de perigosidade.

O incremento que se levará a cabo por este concepto consistirá no 20% sobre o salario base. Se o traballador realizase os traballos unicamente durante media xornada, a porcentaxe anteriormente citada reducirase á metade.

As cantidades iguais ou superiores ó complemento fixado neste artigo que estean establecidas ou establezan as empresas, serán respectadas sempre que fosen concedidas polo dito concepto e, neste caso, non será esixible o aboamento de incrementos fixados neste artigo. Tampouco estarán obrigadas a satisface-lo citado aumento aquelas empresas que o teñan incluído, en igual ou superior contía, no salario de cualificación do posto de traballo.

Se por calquera causa desaparecesen as condicións motivadoras da percepción do citado complemento, este deixarase de aboar, non tendo por tanto carácter consolidable.

En caso de discrepancia entre ámbalas partes sobre se un traballo ten a cualificación ou non de perigoso, aplicarase o que dispoña a autoridade laboral competente, mediante resolución fundada e logo dos informes técnicos oportunos.

A dita resolución poderá ser impugnada polas partes, de conformidade coa lexislación vixente.

Artigo 17º.-Incremento salarial.

Para o ano 2000 aplicarase un incremento do 2,1% que, xunto co 0,9% de revisión do ano pasado, totaliza o 3% sobre as táboas de salarios de 1999, con carácter retroactivo do 1 de xaneiro (anexo I).

Artigo 18º.-Cláusula de revisión salarial.

Establécese unha cláusula de revisión salarial que funcionará sempre e cando o IPC rexistrado no 31 de decembro de 2000 exceda do 2% e a súa aplicación retrotraerase ó 1 de xaneiro do mesmo ano.

No caso de procede-la revisión, farase sobre os salarios vixentes no 31 de decembro de 1999.

Artigo 19º.-Haberes extraordinarios.

A tódolos traballadores afectados por este convenio aboaránselles dúas pagas ó ano, nos meses de xullo e decembro (anexo II), ademais da correspondente a beneficios, a cal xa está rateada en doce meses e figura incluída no salario base.

As pagas aboaranse a razón de trinta días de salario base, máis antigüidade, se é o caso.

Destas quedan excluídas as gratificacións a que fan referencia os artigos 14, 15 e 16 deste convenio. Os traballadores percibirán estas proporcionalmente ó tempo traballado.

Sección quinta

Retribucións condicionais

Artigo 20º.-Axudas de custo por desprazamento.

O persoal con dereito a axudas de custo percibirá polo dito concepto a cantidade de 2.500 ptas. a completa e de 900 ptas. a media axuda de custo, para tódalas categorías profesionais. Non obstante, nos supostos en que os importes expresados non alcanzasen, aboaráselle ó traballador a diferencia correspondente, logo de xustificar e presenta-la factura ou facturas.

Artigo 21º.-Premio de xubilación.

Os traballadores que se xubilen, sempre que conten cunha antigüidade mínima de dous anos de servicio na empresa, percibirán desta e por unha soa vez as seguintes bonificacións, en función de que a xubilación se produza ós:

60 anos: 150 días de salario base.

61 anos: 100 días de salario base.

62 anos: 70 días de salario base.

63 anos: 40 días de salario base.

64 anos: 30 días de salario base.

O dereito a percibir este premio está condicionado a que o traballador se xubile entre os sesenta e sesenta e catro anos de idade, perdéndoo os que o fagan posteriormente.

Sección sexta

Vacacións

Artigo 22º

Serán de trinta días naturais para todo o persoal afectado polo presente convenio, percibindo durante elas o salario base máis a antigüidade, se é o caso, e os complementos de asistencia e de distancia e transporte correspondente ós días que, de estar traballando, tería percibido.

O seu desfrute realizarase en dous períodos, quince días no verán, é dicir, nos meses de xuño, xullo e agosto e os quince días restantes, noutra época distinta do ano, de conformidade coas necesidades da empresa.

Así mesmo, garánteselles a tódolos traballadores, un desfrute de vinteún días laborables no conxunto dos dous períodos anteriormente sinalados.

Artigo 23º.-Licencias.

As licencias previstas e reguladas no Estatuto dos traballadores compleméntanse e precísanse nos seguintes termos:

a) Casamento do traballador: 15 días naturais retribuídos.

b) Falecemento: a licencia en caso de falecemento de esposa e fillos, ben como pais, pais políticos e irmáns, será de 5 días.

c) Parto de esposa: será sempre de 5 días.

d) Enfermidade grave do cónxuxe, pais e fillos: 2 días (para que esta alínea teña plena validez, o traballador deberá presentarlle á empresa o correspondente informe médico no que conste a gravidade da enfermidade).

Polo que se refire a outros supostos, aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores ou norma complementaria.

As retribucións correspondentes ós días de licencia serán: salario base, antigüidade e complemento de asistencia.

Sección sétima

Antigüidade

Artigo 24º

As bonificacións por anos de servicios (antigüidade) están conxeladas e o seu cálculo farase sobre o salario base do convenio do ano 1979.

Os aumentos polo dito concepto serán de dous bienios do cinco por cento e quinquenios do sete por cento, ata un máximo de tres.

As percepcións por antigüidade figuran como anexo.

Capítulo III

Artigo 25º.-Xornada de traballo.

Será de 40 horas semanais, de luns a venres. Non obstante, as empresas, de conformidade cos traballadores, poderán altera-la dita xornada semanal e traballa-la mañá do sábado, sempre que non se exceda das anteriormente citadas 40 horas.

Ademais dos días fixados oficialmente, establécese como festiva a tarde do Martes de Entroido. Igualmente serán festivos, e por tanto inhábiles durante a vixencia do presente convenio, os días 22 e 29 de decembro do presente ano.

A xornada laboral, en cómputo anual, queda establecida en 1.806 horas.

Artigo 26º.-Horas extraordinarias.

As empresas, sempre e cando non se perturbe o normal proceso productivo, poderán compensa-las horas extraordinarias con tempos equivalentes de descanso.

No suposto de non se realiza-la compensación prevista no parágrafo anterior, as horas extraordinarias compensadas non se computarán para os efectos dos límites fixados para elas.

Artigo 27º.-Aviso previo de cesamento.

Cando un traballador desexe cesar no servicio dunha empresa, deberá avisar previamente cunha anticipación mínima de oito días respecto da data en que se produza a baixa. Caso de incumprimento desta obriga, perderase o dereito a percibi-las partes proporcionais dos emolumentos que lle puidesen corresponder pola liquidación.

A notificación do cesamento realizarase mediante escrito duplicado dirixido á empresa e asinado polo traballador. A empresa devolveralle ó traballador un exemplar como comprobante da recepción, facendo consta-la data de presentación. Co fin de dar fácil cumprimento á norma, a empresa facilitaralle ó traballador os medios para este trámite administrativo.

Artigo 28º.-Roupa de traballo.

As empresas subministraranlle a todo o persoal unha peza de roupa de traballo cada seis meses, consistente nunha praieira, bata, funda ou similar. A súa conservación e limpeza será por conta do traballador, quen a deberá manter en perfecto estado de conservación e uso.

A roupa citada neste artigo poderá leva-lo anagrama da empresa se esta o desexa.

Artigo 29º.-Póliza de accidentes.

As empresas estarán obrigadas a concertar, con primas íntegras ó seu cargo, unha póliza de accidentes para a cobertura e os riscos de falecemento e invalidez permanente absoluta, e invalidez permanente total dos traballadores por accidente de traballo, incluídos os accidentes in itinere, que garanta ó traballador accidentado ou ós seus habentes causa no caso de falecemento producido fortuíta, espontánea e independentemente da vontade do traballador, ou a invalidez indicada, a percepción das indemnizacións seguintes:

a) 3.000.000 de pesetas en caso de falecemento do traballador.

b) 4.500.000 pesetas en caso de invalidez permanente absoluta ou invalidez permanente total, derivada da mesma continxencia.

En ámbolos casos, a referida póliza só abranguerá os procesos indicados a partir da súa vixencia e validez. Para os efectos da cualificación de accidente e o grao de invalidez será o que no seu día dictamine a autoridade competente.

Estas compensacións son compatibles coas pensións e indemnizacións que poida corresponder percibir ó traballador da Seguridade Social ou montepío.

Non obstante o exposto anteriormente, as indemnizacións que sexan percibidas polos traballadores con cargo ó contrato de seguro de accidentes que contén este convenio considéranse como entregas á conta das indemnizacións que, se é o caso, puidesen declarar con cargo ás empresas os tribunais de xustiza, compensándoas ata onde alcancen.

As empresas integradas en Asoemar non estarán obrigadas a efectuar ningún desembolso á conta da indemnización que se perciba, senón que só estarán obrigadas a comunica-lo accidente do traballador á súa organización empresarial ou á compañía de seguros, do accidente con resultado de morte, invalidez permanente total ou absoluta. A partir deste momento toda a tramitación será por conta dos herdeiros ou do traballador accidentado.

Artigo 30º.-Complemento de hospitalización.

En caso de IT derivada de enfermidade común, accidente ou enfermidade profesional con hospitalización, a empresa estará obrigada a aboa-lo equivalente ó 20% da base reguladora da tal continxencia, durante un prazo máximo de 2 meses.

A hospitalización por accidente será válida sempre e cando este teña a consideración de laboral.

Artigo 31º.-Transporte con vehículo propio.

O transporte que utilizarán os traballadores será, prioritariamente, o propio da empresa.

No suposto de a empresa e o traballador chegaren a un acordo, este poderá utiliza-lo seu propio vehículo para realizar servicios da empresa, que estará obrigada entón a lle aboar ó seu traballador vinte pesetas por quilómetro percorrido.

Sección oitava

Contratación

Artigo 32º.-Contrato de obra ou servicio determinado.

É o contrato que ten por obxecto a realización de obras ou servicios determinados de formalizarase por escrito.

A duración do contrato e o cesamento do traballador axustaranse a algún destes supostos:

1. Con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra ou servicio, con independencia da súa duración, e finalizará cando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballador.

O cesamento do traballador deberá producirse cando a realización paulatina das correspondentes unidades faga innecesario o número dos contratados para a súa execución, debendo reducirse este de acordo coa diminución real do volume de obra ou servicio.

A duración, se fose superior a un ano, á finalización da obra ou servicio, para proceder á extinción, será preciso un aviso previo con 15 días de anticipación. Se se incumplise por parte da empresa, esta ten a obriga de indemnizar polo equivalente ós salarios correspondentes ós días de aviso previo omitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicable, todo isto sen prexuízo da notificación escrita do cesamento.

2. Non obstante o anteriormente exposto, o traballador contratado poderá presta-los seus servicios a unha mesma empresa e en distintos centros de traballo dentro da provincia, sempre que exista acordo expreso para cada un dos distintos centros sucesivos, durante un período máximo de tres anos consecutivos, sen perde-la condición e devengando os conceptos que correspondan polo seu desprazamento.

Neste suposto, a empresa deberalle comunicarlle por escrito o cesamento ó traballador antes de se cumpri-lo período máximo de tres anos, ó fixado no parágrafo anterior. Cumprido este período, se non mediase comunicación escrita do cesamento, o traballador adquirirá a condición de fixo do cadro de persoal. Canto ó aviso previo de cesamento, aplicarase o pactado no parágrafo terceiro do punto 1.

3. Se se producise a paralización temporal dunha obra ou servicio por causa imprevisible para o empresario e allea á súa vontade, logo de que a empresa dea conta á representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, á comisión paritaria provincial, operará a terminación de obra ou servicio e, por tanto, o cesamento previsto no punto 1. A representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, a comisión paritaria provincial, disporán, se é o caso, dun prazo máximo improrrogable dunha semana para a súa constatación, contando desde a súa notificación. O empresario contrae a obriga de ofrecer un novo emprego ó traballador cando as causas de paralización da obra desaparecesen. Esta obriga entenderase extinguida cando a paralización se converta en definitiva. Logo de acordo entre as partes, o persoal afectado por esta terminación de obra ou servicio poderá incluírse no regulado no punto 2.

Este suposto non poderá ser de aplicación en casos de paralización por conflicto laboral.

4. En tódolos supostos regulados nos puntos anteriores establécese unha indemnización por cesamento do 4,5%, calculada sobre o salario base aplicable, devengado durante a vixencia do contrato.

Os empresarios poderanse acoller á normativa xeral que regula o presente contrato ou optar polo pactado e recollido neste artigo. Neste último suposto, deberase facer referencia expresa a el.

Artigo 33º.-Contrato eventual por circunstancias da producción.

Este contrato ten como finalidade atende-las esixencias circunstanciais do mercado, acumulación

de tarefas ou exceso de pedidos, aínda tratándose da actividade normal da empresa.

De conformidade co regulado polo Real decreto lexislativo 1/1995, segundo redacción dada polo Real decreto lei 8/1997, a duración máxima establecida para este tipo de contrato é ampliable dentro dos límites establecidos pola normativa mencionada, mediante negociación colectiva.

O sector de elaboración e instalación de pedra e mármore, obxecto de regulación, resulta fluctuante na súa intensidade productiva en función das circunstancias conxunturais e cíclicas da economía. Esta conclusión conduce, inevitablemente, a que as posibilidades do sector se enmarquen nun amplo concepto de existencias circunstanciais do mercado que impliquen transitorias acumulacións de tarefas ou pedidos. Estas circunstancias resultan ser ciclicamente constantes no tempo e de relativa permanencia temporal dentro dos ciclos cambiantes da economía.

Por todo isto, as partes asinantes acordan adapta-las condicións singulares do sector en canto persistan as circunstancias de emprego e productividade.

Os contratos de duración inferior a seis meses poden prorrogarse cantas veces o acorden as partes.

O período máximo dentro do cal se poderá realizar será de dezaoito meses, non podendo supera-la duración do contrato as tres cuartas partes do período de referencia, é dicir, que a duración total non poderá exceder dos trece meses e medio.

Á terminación do contrato, a empresa quedará obrigada a satisfacerlle ó traballador unha indemnización de vinte días de salario base por ano de servicio, ou parte proporcional que corresponda.

Os contratos que se celebren baixo esta modalidade conterán unha referencia expresa ó presente artigo.

Artigo 34º.-Empresas de traballo temporal.

As empresas do sector que contraten traballadores a través das empresas de traballo temporal, farano para a realización de traballos non habituais, excepto cando se trate de incapacidades laborais ou situacións consideradas de carácter extraordinario.

Desde a sinatura do oportuno contrato, os ditos traballadores terán os mesmos dereitos retributivos que calquera outro do cadro de persoal, de conformidade co recollido no presente convenio.

Artigo 35º.-Parte de traballo.

As empresas que na actualidade viñan utilizando o parte de traballo continuarán facéndoo na forma habitual sen obriga de asinaren e dentro da xornada laboral.

Naquelas empresas nas que na actualidade non se confeccione o dito parte poderá ser negociada

entre empresarios e traballadores a súa implantación.

Artigo 36º.-Día efectivo de traballo.

Entenderase por tal e para os efectos dos artigos 14, 15 e 16 deste convenio, cando o traballador preste os seus servicios polo menos durante catro horas.

Será así cando se trate de xornada completa, e proporcional cando a xornada sexa a tempo parcial.

Artigo 37º

Non obstante ter sido derrogada a ordenanza de traballo da construcción, vidro e cerámica, aprobada por Orde ministerial do 28-8-1970 e demais disposicións de modificación ou desenvolvemento que conclúen coa Orde do 29 de novembro de 1973, estarán vixentes, para os efectos do presente convenio, os artigos 154, 155, 156, 157, 158, 159, 160 e 161 da referida ordenanza, sempre e cando o seu contido non se opoña á lexislación vixente.

Igualmente, e con obxecto de ámbalas partes se comprometeren no obxectivo común de procurar unha diminución dos riscos laborais do traballador, este terá a obriga de face-la recepción, coa súa sinatura, dos medios de protección que lle entregue a empresa. Non cumprir tal requisito pode ser considerado como falta leve ou, caso de persistir na mesma actitude, a súa consideración será de grave.

A inobservancia das ordes ou o incumprimento das normas en materia de seguridade e hixiene no traballo, dependendo de se supón un risco grave

para o traballador, os seus compañeiros ou terceiros, así como negarse á utilización dos medios de seguridade facilitados pola empresa, considerarase como grave e, se o dito motivo fose o causante dun accidente laboral grave, implicase prexuízos graves para os seus compañeiros ou para terceiros, ou danos graves para a empresa, a súa consideración será de moi grave.

Disposición adicional

Os atrasos que correspondan polos incrementos económicos aboaranse no prazo máximo de dous meses despois da publicación do convenio ou táboa salarial actualizada no Diario Oficial de Galicia.

Disposición transitoria

Ó final da vixencia deste convenio, ámbalas representacións comprométense a estudia-la posibilidade de adaptación da xornada laboral existente, tendo para isto moi presente a situación do sector no momento de revisa-lo convenio actualmente vixente.

Disposición derradeira

Faise consta-la vontade das partes para presentar e negocia-los datos relativos a rendementos aplicables no nivel de empresa e pactados no seu seo, de acordo entre representante ou representantes dos traballadores e o empresario.

Estas táboas de rendementos servirán de base para redactar outra de aplicación a nivel provincial, logo da súa negociación.

ANEXO

TÁBOA SALARIAL DO CONVENIO COLECTIVO DE TRABALLO PARA A ACTIVIDADE DE ELABORACIÓN E INSTALACIÓN DE PEDRA E MÁRMORE

DA PROVINCIA DA CORUÑA, VIXENTE PARA O PERÍODO DO 1 DE XANEIRO Ó 31 DE DECEMBRO DE 2000

Categorías e conceptos

Nivel

Sen antigüidade

(-)

5% antigüidade

(2 anos)

10% antigüidade

(4 anos)

17% antigüidade

(9 anos)

24% antigüidade

(14 anos)

31% antigüidade (19 anos)

* Oficial administrativo de 1ªVI
Salario base-110.994111.096111.196111.338111.480111.620
Antigüidade-01.0802.1603.6905.2206.720
Complemento de asistencia-18.30918.30918.30918.30918.30918.309
Complemento de distancia e transporte-19.27319.27319.27319.27319.27319.273
Salario mensual-148.573149.758150.938152.610154.282155.922
Grupo cotización Seguridade Social (5)-- - - - - -

* Oficial administrativo de 2ªVIII
Salario base-107.489107.589107.685107.822107.957107.092
Antigüidade-01.0502.1003.5705.0406.480
Complemento de asistencia-18.30918.30918.30918.30918.30918.309
Complemento de distancia e transporte-18.76218.76218.76218.76218.76218.762
Salario mensual-144.560107.589146.856148.463150.068151.643
Grupo cotización Seguridade Social (5)-- - - - - -

* Auxiliar administrativoIX
Salario base-101.533101.627101.722101.849101.980102.109
Antigüidade-09902.0103.3904.8006.180
Complemento de asistencia-18.30918.30918.30918.30918.30918.309
Complemento de distancia e transporte-8.0548.0548.0548.0548.0548.054
Salario mensual-127.896128.980130.095131.602133.143134.652
Grupo cotización Seguridade Social (7)-- - - - - -

* Encargado xeralIV
Salario base-131.487131.607131.898131.902132.075132.256
Antigüidade-01.3202.6404.4706.3308.280
Complemento de asistencia-18.30918.30918.30918.30918.30918.309
Complemento de distancia e transporte-22.09122.09122.09122.09122.09122.091
Salario mensual-171.887173.327174.938176.772178.805180.936
Grupo cotización Seguridade Social (4)-- - - - - -

Categorías e conceptos

Nivel

Sen antigüidade

(-)

5% antigüidade

(2 anos)

10% antigüidade

(4 anos)

17% antigüidade

(9 anos)

24% antigüidade

(14 anos)

31% antigüidade (19 anos)

* Delineante de 1ªVI
Salario base-115.401115.506115.613115.761115.907116.053
Antigüidade-01.1402.2803.8705.4307.020
Complemento de asistencia-18.30918.30918.30918.30918.30918.309
Complemento de distancia e transporte-20.59020.59020.59020.59020.59020.590
Salario mensual-154.300155.545156.792158.530160.236161.972
Grupo cotización Seguridade Social (4)-- - - - - -

* Delineante de 2ªVII
Salario base-107.013107.112107.208107.344107.477107.614
Antigüidade-01.0502.0703.5404.9806.450
Complemento de asistencia-18.30918.30918.30918.30918.30918.309
Complemento de distancia e transporte-20.34120.34120.34120.34120.34120.341
Salario mensual-145.663146.812147.928149.534151.107152.714
Grupo cotización Seguridade Social (4)-- - - - - -

* Xefe de tallerVI
Salario base-3.8513.8543.8583.8633.8693.873
Antigüidade-03774125176228
Salario diario-3.8513.8913.9323.9884.0454.101
Complemento de asistencia-833833833833833833
Complemento de distancia e transporte-917917917917917917
Salario por día traballado-5.6015.6415.6825.7385.7955.851
Grupo cotización Seguridade Social (4)-- - - - - -

* Encargado de obraVI
Salario base-3.8143.8173.8223.8263.8333.837
Antigüidade-03673124174225
Salario diario-3.8143.8533.8953.9504.0074.062
Complemento de asistencia-809809809809809809
Complemento de distancia e transporte-846846846846846846
Salario por día traballado-5.4695.5085.5505.6055.6625.717
Grupo cotización Seguridade Social (4)-- - - - - -

* CapatazVII
Salario base-3.7513.7553.7583.7633.7673.772
Antigüidade-03572122171222
Salario diario-3.7513.7903.8303.8853.9383.994
Complemento de asistencia-833833833833833833
Complemento de distancia e transporte-863863863863863863
Salario por día traballado-5.4475.4865.5265.5815.6345.690
Grupo cotización Seguridade Social (8)-- - - - - -

* ModelistaVII
Salario base-3.8343.8373.8403.8443.8493.853
Antigüidade-03774125176228
Salario diario-3.8343.8743.9143.9694.0254.081
Complemento de asistencia-833833833833833833
Complemento de distancia e transporte-908908908908908908
Salario por día traballado-5.5755.6155.6555.7105.7665.822
Grupo cotización Seguridade Social (4)-- - - - - -

* AdornistaVII
Salario base-3.8423.8453.8483.8523.8583.863
Antigüidade-03774125176228
Salario diario-3.8423.8823.9223.9774.0344.091
Complemento de asistencia-833833833833833833
Complemento de distancia e transporte-751751751751751751
Salario por día traballado-5.4265.4665.5065.5615.6185.675
Grupo cotización Seguridade Social (4)-- - - - - -

* Oficial 1ª de oficioVIII
Salario base-3.7353.7393.7423.7473.7513.756
Antigüidade-03571121170220
Salario diario-3.7353.7743.8133.8683.9213.976
Complemento de asistencia-833833833833833833
Complemento de distancia e transporte-980980980980980980
Salario por día traballado-5.5485.5875.6265.6815.7345.789
Grupo cotización Seguridade Social (8)-- - - - - -

* Oficial 2ª de oficioIX
Salario base-3.6283.6313.6343.6383.6423.647
Antigüidade-03569118166215
Salario diario-3.6283.6663.7033.7563.8083.862
Complemento de asistencia-833833833833833833
Complemento de distancia e transporte-724724724724724724
Salario por día traballado-5.1855.2235.2605.3135.3655.419
Grupo cotización Seguridade Social (8)-- - - - - -

* AxudanteX
Salario base-3.5523.5563.5593.5633.5673.573
Antigüidade-03468116163211
Salario diario-3.5523.5903.6273.6793.7303.784
Complemento de asistencia-833833833833833833
Complemento de distancia e transporte-591591591591591591
Salario por día traballado-4.9765.0145.0515.1035.1545.208
Grupo cotización Seguridade Social (9)-- - - - - -

Categorías e conceptos

Nivel

Sen antigüidade

(-)

5% antigüidade

(2 anos)

10% antigüidade

(4 anos)

17% antigüidade

(9 anos)

24% antigüidade

(14 anos)

31% antigüidade (19 anos)

* Peón especializadoXI
Salario base-3.4933.4963.4993.5033.5063.511
Antigüidade-03467114161208
Salario diario-3.4933.5303.5663.6173.6673.719
Complemento de asistencia-833833833833833833
Complemento de distancia e transporte-468468468468468468
Salario por día traballado-4.7944.8314.8674.9184.9685.020
Grupo cotización Seguridade Social (9)-- - - - - -

* Peón ordinarioXII
Salario base-3.4443.4593.4513.4543.4583.462
Antigüidade-03366113159206
Salario diario-3.4443.4923.5173.5673.6173.668
Complemento de asistencia-833833833833833833
Complemento de distancia e transporte-339339339339339339
Salario por día traballado-4.6164.6644.6894.7394.7894.840
Grupo cotización Seguridade Social (10)-- - - - - -

* Aprendices de 1º e 2º anoXIV
Salario base-1.873- - - - -
Antigüidade-0- - - - -
Salario diario-1.873- - - - -
Complemento de asistencia-833- - - - -
Complemento de distancia e transporte-133- - - - -
Salario por día traballado-2.839- - - - -
Grupo cotización Seguridade Social (11)-- - - - - -

Nota: a paga de beneficios ratéase en 12 meses, motivo polo cal o importe dela figura incluído no salario base deste anexo I.

A antigüidade das categorías reflexadas na táboa salarial -con salario mensual- está calculada sobre un mes de 30 días, en canto os complementos, en xeral, o están sobre 22 días.

Os conceptos cotizables á Seguridade Social son: salario, antigüidade e complemento de asistencia.

A Coruña, xuño de 2000.

ANEXO II

HABERES EXTRAORDINARIOS, ARTIGO 19 DO CONVENIO COLECTIVO DE TRABALLO PARA A ACTIVIDADE DE ELABORACIÓN E INSTALACIÓN DE PEDRA E MÁRMORE

DA PROVINCIA DA CORUÑA, VIXENTE PARA O PERÍODO DO 1 DE XANEIRO Ó 31 DE DECEMBRO DE 2000

Categorías e conceptos

Nivel

Sen antigüidade

(-)

5% antigüidade

(2 anos)

10% antigüidade

(4 anos)

17% antigüidade

(9 anos)

24% antigüidade

(14 anos)

31% antigüidade (19 anos)

* Oficial administrativo de 1ªVI
Salario base-102.155102.155102.155102.155102.155102.155
Antigüidade-01.0802.1603.6905.2206.720
Importe total paga extra-102.155103.235104.315105.845107.375108.875
Grupo cotización Seguridade Social (5)-- - - - - -

* Oficial administrativo de 2ªVIII
Salario base-99.22199.22199.22199.22199.22199.221
Antigüidade-01.0502.1003.5705.0406.480
Importe total paga extra-99.221100.271101.321102.791104.261105.701
Grupo cotización Seguridade Social (5)-- - - - - -

* Auxiliar administrativoIX
Salario base-93.79093.79093.79093.79093.79093.790
Antigüidade-09902.0103.3904.8006.180
Importe total paga extra-93.79094.78095.80097.18098.59099.970
Grupo cotización Seguridade Social (7)-- - - - - -

* Encargado xeralIV
Salario base-121.371121.371121.371121.371121.371121.371
Antigüidade-01.3202.6404.4706.3308.280
Importe total paga extra-121.371122.691124.011124.011127.701129.651
Grupo cotización Seguridade Social (4)-- - - - - -

* Delineante de 1ªVI
Salario base-106.523106.523106.523106.523106.523106.523
Antigüidade-01.1402.2803.8705.4307.020
Importe total paga extra-106.523107.663108.803110.393111.953113.543
Grupo cotización Seguridade Social (4)-- - - - - -

* Delineante de 2ªVII
Salario base-98.78198.78198.78198.78198.78198.781
Antigüidade-01.0502.0703.5404.9806.450
Importe total paga extra-98.78199.831100.851102.321103.761105.231
Grupo cotización Seguridade Social (4)-- - - - - -

* Xefe de tallerVI
Salario base-106.674106.674106.674106.674106.674106.674
Antigüidade-01.1102.2203.7505.2806.840
Importe total paga extra-106.674107.784108.894110.424111.954113.514
Grupo cotización Seguridade Social (4)-- - - - - -

* Encargado de obraVI
Salario base-105.635105.635105.635105.635105.635105.635
Antigüidade-01.0802.1903.7205.2206.750
Importe total paga extra-105.635106.715107.825109.355110.855112.385
Grupo cotización Seguridade Social (4)-- - - - - -

Categorías e conceptos

Nivel

Sen antigüidade

(-)

5% antigüidade

(2 anos)

10% antigüidade

(4 anos)

17% antigüidade

(9 anos)

24% antigüidade

(14 anos)

31% antigüidade (19 anos)

* CapatazVII
Salario base-103.893103.893103.893103.893103.893103.893
Antigüidade-01.0502.1603.6605.1306.660
Importe total paga extra-103.893104.943106.053107.553109.023110.553
Grupo cotización Seguridade Social (8)-- - - - - -

* ModelistaVII
Salario base-106.137106.137106.137106.137106.137106.137
Antigüidade-01.1102.2203.7505.2806.840
Importe total paga extra-106.137107.247108.357109.887111.417112.977
Grupo cotización Seguridade Social (4)-- - - - - -

* AdornistaVII
Salario base-106.372106.372106.372106.372106.372106.372
Antigüidade-01.1102.2203.7505.2806.840
Importe total paga extra-106.372107.482108.592110.122111.652113.212
Grupo cotización Seguridade Social (4)-- - - - - -

* Oficial 1ª de oficioVIII
Salario base-103.457103.457103.457103.457103.457103.457
Antigüidade-01.0502.1303.6305.1006.600
Importe total paga extra-103.457104.507105.587107.087108.557110.057
Grupo cotización Seguridade Social (8)-- - - - - -

* Oficial 2ª de oficioIX
Salario base-100.441100.441100.441100.441100.441100.441
Antigüidade-01.0502.0703-5404.9806.450
Importe total paga extra-100.441101.491102.511103.391105.431106.901
Grupo cotización Seguridade Social (8)-- - - - - -

* AxudanteX
Salario base-98.36598.36598.36598.36598.36598.365
Antigüidade-01.0202.0403.4804.8906.330
Importe total paga extra-98.36599.385100.405101.845103.255104.695
Grupo cotización Seguridade Social (9)-- - - - - -

* Peón especializadoXI
Salario base-96.69196.69196.69196.69196.69196.691
Antigüidade-01.1202.0103.4204.8306.240
Importe total paga extra-96.69197.71198.701100.111101.521102.931
Grupo cotización Seguridade Social (9)-- - - - - -

* Peón ordinarioXII
Salario base-95.35095.35095.35095.35095.35095.350
Antigüidade-09901.9803.3904.7706.180
Importe total paga extra-95.35096.34097.33098.740100.120101.530
Grupo cotización Seguridade Social (10)-- - - - - -

* Aprendices de 1º e 2º anoXIV
Salario base-51.863- - - - -
Antigüidade-0- - - - -
Importe total paga extra-51.863
Grupo cotización Seguridade Social (11)-- - - - - -

Nota: as pagas extra aboaranse nos meses de xullo e decembro, a razón de 30 días de salario base e antigüidade, de conformidade co disposto na presente táboa salarial, e serán percibidas proporcionalmente ó tempo traballado.

ANEXO III

TÁBOA SALARIAL ANUAL DO CONVENIO COLECTIVO DE TRABALLO PARA A ACTIVIDADE DE ELABORACIÓN E INSTALACIÓN DE PEDRA E MÁRMORE CORRESPONDENTE Ó 2000

Oficial administrativo de 1ª: 1.958.809 ptas.

Oficial administrativo de 2ª: 1.904.520 ptas.

Auxiliar administrativo: 1.701.811 ptas.

Encargado xeral: 2.274.147 ptas.

Delineante de 1ª: 2.101.565 ptas.

Delineante de 2ª: 1.915.653 ptas.

Xefe de taller: 2.032.357 ptas.

Encargado de obra: 2.005.469 ptas.

Capataz: 1.977.406 ptas.

Modelista: 2.022.109 ptas.

Adornista: 1.986.734 ptas.

Oficial 1ª de oficio: 1.999.559 ptas.

Oficial 2ª de oficio: 1.860.005 ptas.

Axudante: 1.827.179 ptas.

Peón especializado: 1.771.710 ptas.

Peón ordinario: 1.719.610 ptas.

Aprendices de 1º e 2º ano: 1.016.290 ptas.

Os salarios que figuran na presente táboa salarial son meramente estimativos posto que os integran conceptos fixos e outros que o son por día traballado, por este motivo se observará en todo momento o disposto no anexo I.