Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.499

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do anexo II do convenio colectivo do persoal de limpeza de Amalis, S.A., que presta os seus servicios no Hospital do Meixoeiro.

Vista a modificación do anexo II do convenio colectivo do persoal de limpeza de Amalis, S.A., que presta os seus servicios no hospital do Meixoeiro con nº

de código 3602061, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-7-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 10-3-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de xullo de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Asistentes.

Polo comité de empresa:

Mª Teresa Miguez Lorenzo

Horacio Alondo de la Campa

Edelmiro Martínez Troconso

Pablo Suárez Iglesias

Sección sindical CC.OO.

Joaquín Martínez Fernández

Asesores sindicales

José A Pérez Rodríguez UGT

Eva Mª Pérez Fernández CC.OO.

Pola empresa

Reyes García Alonso

Rafael Pastor Borreguero

Na cidade de Vigo, sendo as 11 horas do día dez de marzo de dous mil, reúnense as persoas expresadas á marxe na súa condición de comisión paritaria e asinantes do convenio colectivo do persoal de limpeza de Amalis, S.A., que presta os seus servicios no hospital do Meixoeiro, de Vigo, os cales, pola súa vez, constitúen, dunha parte, a maioría dos compoñentes do comité de empresa e seccións sindicais, representantes dos traballadores antes mencionados, asistidos polos seus asesores sindicais e, da outra, representación legal da empresa Amalis, S.A., actual concesionaria do mencionado servicio.

Aberta a sesión, ámbalas partes, como inicio do que se vai tratar, recoñécense mutua e reciprocamente como interlocutores válidos para o obxecto previsto para esta reunión.

A seguir ponse de manifesto que o obxecto da presente reunión é o de modifica-lo anexo II do mencionado convenio colectivo, polo que se establece a relación de traballadores/as con preferencia para cubrir vacantes e substitucións, co fin de o adecuar á relación correcta de persoas que debían compoñe-lo mencionado anexo.

En virtude do anterior, as partes acordan:

Primeiro.-Establece-lo contido definitivo do anexo II do vixente convenio colectivo do persoal de limpeza de Amalis, S.A. que presta servicios no hospital do Meixoeiro de Vigo, polo que se establece a relación de persoas que terán preferencia para cubrir vacantes e substitucións, consonte o establecido no parágrafo terceiro do art. 29 do mencionado convenio.

A relación estará composta polas persoas que se mencionan no documento anexo á presente acta.

Non obstante o establecido nos parágrafos anteriores, recoñéceselle á empresa o dereito de cubrir algúns dos postos de traballo mencionados con persoas distintas ás que figuran no anexo II, por razóns de necesidade empresarial, logo de acordo co comité de empresa. En caso contrario, aplicarase o disposto no convenio e, concretamente, o anexo II coa modificación acordada.

Segundo.-A nova relación que modifica e substitúe o anexo II do mencionado convenio colectivo producirá efectos a partir da data da presente acta.

Terceiro.-As partes manifestan que, naqueles casos en que estean tódalas persoas da lista a traballar e sexa necesario contratar para substitucións persoas disferentes das que compoñen o anexo II mencionado, sería desexable continuar contratando, como ata o de agora, as persoas que viñeron prestando habitualmente servicios con contratos de interinidade para a empresa Amalis, S.A. no hospital do Meixoeiro. Así o tentará face-la empresa, sen que esta manifestación xere dereito ningún para os traballadores/as mencionados, nin obrigas para Amalis, distintas ás que xorden na aplicación da normativa laboral xeral.

Así se acorda e, para que conste e para os efectos oportunos, expídese esta acta, que é asinada por tódolos asistentes en proba de conformidade. Todo isto na cidade e data expresadas ó principio.

ANEXO II

Relación de traballadores/as con preferencia para cubrir vacantes e substitucións

Crespo Barciela, Olivia

Viso Bande, Begoña

Feros Iglesias, Rosa Mª

Romero Vicente, Carmen

Alvarado Pérez, Rosa Mª

Santiso Penabella, Isabel

Alfonso Cabaleiro, Salud

Hermida Rodríguez, Marcelina

Carrera Alves, Mª Jesús

Monteagudo Martínez, Ana Isabel

Hermida Rodríguez, Ana Mª

Soliño Hermelo, Mercedes

Blanco Domínguez, Josefa

Barreiro Vázquez, Amparo

González Juncal, Carlos

Cabadas Guisande, Carlos

Comesaña Salgueiro, Valentín