Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 30 de agosto de 2000 Páx. 12.405

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de agosto de 2000 pola que se resolve a convocatoria da do 4 de xullo de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 133, do 10 de xullo), de dúas bolsas de colaboración en tarefas de sensibilidade xeral e seguimento do procedemento de orientación e información ós estudiantes e do procedemento de acceso ás universidades.

Mediante a Orde do 4 de xullo de 2000 (DOG nº 133, do 10 de xullo) convocáronse e aprobáronse as bases que rexen a convocatoria de dúas bolsas de colaboración en tarefas de sensibilidade xeral e seguimento do procedemento de orientación e información ós estudiantes e do procedemento de acceso ás universidades.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, e atendendo ó informe-proposta elevado pola comisión avaliadora a través da Dirección Xeral de Universidades, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles unha bolsa de nova adxudicación para a colaboración en tarefas de sensibilidade xeral e seguimento do procedemento de orientación e información ós estudiantes e do procedemento de acceso ás universidades, a partir do 1 de setembro e durante o período que se especifica e na contía que se indica, a:

BolseiroPuntuación

Pampín Moares, Mª del Carmen 11.38 puntos

Rodríguez Rial, Marta María 10.25 puntos

Segundo.-No caso de producirse algunha renuncia procederase, se é o caso, e tendo en conta o remanente de crédito, a adxudicárlle-la bolsa ás persoas que figuran relacionadas a continuación como suplentes:

BolseiroPuntuación

López París, Marcos 10.23 puntos

Torre Rodríguez, María 10.16 puntos

A asignación farase pola mesma orde na que se relacionan os suplentes, e o seu inicio estará determinado polo crédito remanente.

Tercero.-O pagamento das bolsas farase de acordo co establecido nas respectivas bases da convocatoria.

Cuarto.-O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da

convocatoria suporá a perda do dereito a percibi-la bolsa correspondente.

Quinto.-Contra esta resolución, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE nº 12 do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria