Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 30 de agosto de 2000 Páx. 12.406

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 3 de agosto de 2000 pola que se fixa o prezo de venda ó público de diversas publicacións.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.

2. Este prezo entenderase co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2000.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

-Plan de Calidade Total, Dirección Xeral de Saúde Pública: 3.000 pesetas (18,03 euros)-Avaliación de Proceso e Resultados da Aplicación dos Materias Didácticos na ESO: 1.100 pesetas (6,61 euros).

-Sistema para Avaliación de Programas de Prevención e Incorporación Social: 1.000 pesetas (6.01 euros).-Moucho 1.0 Corrección do Efecto Causado polo Atraso na Notificación de Casos en Vixilancia en Saúde Pública: 2.000 pesetas (12,02 euros).

-Memoria 1999 Servicio Galego de Saúde: 4.000 pesetas (24,04 euros).-Conxunto Mínimo Báxico de Datos en Hospitais do Servicio Galego de Saúde. Resultados Bienio 1998-1999: 2.500 pesetas (15,03 euros).