Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 30 de agosto de 2000 Páx. 12.405

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de agosto de 2000 pola que se resolve o concurso público convocado na do 10 de febreiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 29), para a adxudicación de dúas bolsas para realizar estudios relacionados coa Unión Europea no Colexio de Europa (Bruxes e Natolín).

Por Orde do 10 de febreiro de 2000 convocáronse dúas bolsas para realizar estudios de especialización en temas relacionados coa Unión Europea e o proceso de integración europeo, unha para o Colexio de Europa con sede en Bruxes (Bélxica) e outra para Natolín (Polonia).

Na súa virtude, de acordo coa proposta elaborada pola comisión de selección e unha vez que o Colexio de Europa confirmou a admisión,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Concederlle a Pablo Ventura Figueroa Regueiro unha bolsa para realizar estudios de especialización en temas relacionados coa Unión Europea e o proceso de integración europeo, no Colexio de Europa con sede en Bruxes.

Artigo 2º

Declarar deserta a segunda bolsa convocada na Orde do 10 de febreiro de 2000 para o Colexio de Europa con sede en Natolín (Polonia).

Artigo 3º

O importe de la bolsa ascende a un total de 2.500.000 pesetas brutas, destinadas a:

a) O pagamento das taxas e estadía que será efectuada en nome do bolseiro pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria directamente no Colexio de Europa en Bruxes.

b) A cantidade restante ingresaráselle ó bolseiro nun só pagamento, en concepto de axuda institucional para gastos de desprazamento e seguro combinado de accidentes.

Artigo 4º

Contra esta disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orden entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria